"Curso de" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame teatral convocado por primeira vez en decembro de 1972 pola Asociación Cultural Abrente de Ribadavia. Celebrou a súa primeira edición no ano 1973 e acompañou as Mostras de Teatro Galego Abrente. Ata 1980, ano de peche tanto da mostra de teatro coma do concurso literario, a súa importancia foi medrando e constituíuse nun dos motores fundamentais de produción dramática do teatro contemporáneo galego con nomes, entre os premiados, dos máis destacados homes de teatro das últimas décadas. Os títulos premiados son os seguintes: Zardigot, de Euloxio Ruibal (1973), O meu mundo non é deste reino, de Manuel María (1º premio ex aequo, 1973) e Eilbrief, de X. L. López Cid (premio da Asociación A Nosa Galiza de Xenebra a unha obra que tratase o tema da emigración, 1973); A tola xuiciosa, de M. Domínguez (1974), e A volta de Edipo, de A. Penas (1º premio ex aequo, 1974); O cabodano, de Euloxio Ruibal (1975); Laudamuco,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curso creado coa Lei Xeral de Educación (LXE) de 1970, que tiña como precedente o curso preuniversitario da Lei de Ordenación do Ensino Medio de 26 de febreiro de 1953, do ministerio de J. Ruiz Jiménez. O artigo 32/1 da LXE especifica que este curso debe preparar o alumno para o seu ingreso na Universidade, logo da superación dunhas probas de acceso (selectividade). Os seus obxectivos son: profundar na formación das ciencias básicas; orientar os alumnos na elección das carreiras ou profesións para as que demostran mellores aptitudes e inclinacións; e achegarse ás técnicas de estudo e traballo intelectual propias da educación universitaria. O artigo 34 da LXE indica que a dirección xeral de Ensino Medio debe programar o curso, a Universidade debe revisalo e darase nos centros de bacharelato. A orde ministerial de 13 de xullo de 1971 establece que o seu plan de estudios se basea en tres materias comúns e vinte e unha optativas en catro grupos, das que o alumno escolle tres. A orde ministerial...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio á creación dramática convocado en 1979 pola Escola Dramática Galega, co obxectivo de promover a aparición de novos textos dramáticos de pequena extensión que abrisen novas portas para todos aqueles que estaban interesados en facer teatro. Ao mesmo tempo, facilitáballes a escrita a autores novos que ata o momento non publicaran texto ningún e tiñan aquí a posibilidade de darse a coñecer. Dende o ano 1979 premiáronse as obras: Lenda antiga do home que quererá voar, de Constantino Rábade Castiñeira (1979); A tertulia das máscaras, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1981); A extraña señorita Lou, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1982); O pauto, de Xesús Pisón (1983); A noite das noites, de Henrique Rabuñal (1984); Auto insólito do autor, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1985); Paixón de Antía, de Antón R. Castro (1986); Como cartas a un amante, de Imma António Souto (1987); Traxicomédia do Pai Ternoster e unha pastora lusitana...