"Deo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 204.

  • Instrumento musical aerófono de lingüetas libres, situadas a ambos lados dun fol que se acciona co brazo. Cada tecla ou botón move un rexistro que destapa unha embocadura onde se atopan dúas lingüetas afinadas para dar unha mesma nota: unha vibra cando entra aire no fol, e outra cando sae. Foi patentado en Berlín por Friedrich Buschmann (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Músico que toca o acordeón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da subclase dos agaricomicetídeos.

    2. Subclase de fungos da clase homobasidiomicetos con cogomelos de himenio libre antes da madureza, ao que pertencen as ordes dos agaricais, amanitais, boletais, cortinariais, entolomatais, pluteais, rusulais e tricolomatais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Autor duns Consilia que recollen gran parte do saber do seu tempo. Foi un dos médicos máis importantes do occidente medieval cristián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ás moedas de prata de cinco pesetas cuñadas en Madrid a partir do ano 1871, baixo o reinado de Amadeo I de Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome posiblemente nado na Idade Media a partir da forma ama deu ‘ama a Deus’ para traducir o nome grego Teófilo ( ϴ εο- ϕ ιλ ή ς) de idéntico significado. O nome difúndese en Europa sobre todo por ser o tradicional da Casa de Savoia, nome dinástico desde os primeiros nove condes ou duques (ss XI-XV), ata a etapa contemporánea cos duques de Aosta. Santo Amadeo de Portugal (s XV) é o patrón dos exiliados. Este antropónimo presenta a variante Amadeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amadeo I de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de España (2.1.1871-11.2.1873). Fillo do Rei de Italia Víctor Manuel II, foi Duque de Aosta antes de ser proclamado Rei de España logo do destronamento de Isabel II. Proclamado polas Cortes Constituíntes en novembro do 1870, Amadeo aceptou formalmente a Coroa en decembro, chegando a Madrid o 2 de xaneiro do 1871. Abdicou o 11 de febreiro do 1873. Foi popularmente coñecido en España como Amadeo de Savoia. O seu foi un reinado breve e complexo, caracterizado en Galicia pola permanente conflitividade: os campesiños, mostraban a súa insatisfacción como consecuencia da subida   dos impostos e as levas; os carlistas, que non recoñecían a Amadeo I, deron comezo á Terceira Guerra Carlista, que mobilizou a numerosas partidas guerrilleiras, con   o obxecto de restituír   o pretendente    Carlos no trono, logo da abdicación de Isabel II; os republicanos, que tampouco recoñecían a Amadeo de Savoia, promoveron unha rápida conquista de poder que culminou coa Insurreción de Ferrol do 11 de outubro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - ? 1047) Segundo conde de Savoia, fillo de Humberto I de Blancamano. Ademais do condado de Savoia posuía os de Belley, Nyon, Aosta, Salmorenc e Moriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Quinto conde de Savoia (1060-1072), fillo de Odón e da condesa Adelaida de Susa, de quen herdou o Piemonte. Con el a casa dos Savoia pasou a controlar os accesos cara aos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sétimo conde de Savoia (1103-1148), fillo de Humberto II, a quen sucedeu baixo a rexencia da súa nai, Xisela de Borgoña. No 1115 casou con Matilde de Albon. Apoiou a Conrado de Hohenstaufen contra Lotario de Supplinburg, quen ocupou Turín (1136), pero á súa morte (1137) a cidade retornou ao control de Amadeo. Morreu na segunda cruzada, na que participara xunto co Rei de Francia. Fundou a abadía de Altacomba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo conde de Savoia (1233-1263), fillo de Tomé I, a quen sucedeu, e de Beatriz-Margarida de Xenebra. Prestoulle axuda ao Emperador Federico II contra o Papa Inocencio II, polo que recibiu a cambio os títulos de vigairo imperial do Piemonte e da Lombardía. Conseguiu que o marqués de Monteferrato renunciase aos seus dereitos sobre Turín. Guerreou contra a cidade de Alexandría, logrando estender os seus dominios a Bard (1241) e a Rívoli (1247).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Noveno duque de Savoia, fillo de Luís II e de Ana, filla do Rei de Chipre. Casou con Violante de Francia, filla de Carlos VII e irmá de Luís XI. Fundou numerosos hospitais e fixo numerosas doazóns a outros xa existentes. Na guerra que sostivo con Galeazzo Sforcia, duque de Milán, outorgoulle a liberdade logo de que o prenderan as súas tropas e deulle a man da súa filla en matrimonio para celebrar a paz. A igrexa católica recoñeceuno como beato, designando a súa festa no día da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duodécimo conde de Savoia (1285-1323), fillo de Tomé II e sobriño de Filipe I, a quen sucedeu; foi o fundador da liñaxe de Savoia que reinou posteriormente en Italia. Durante todo o seu goberno loitou contra o Delfinado, co fin de rexeitar as aspiracións ao condado de Savoia do Delfín Humberto. Aliouse con Filipe IV de Francia contra Flandres. Polo seu matrimonio (1272) con Sibila de Baugé converteuse en cuñado do Emperador Enrique VII. Foi investido vigairo real en Lombardía, Príncipe do Imperio e recibiu o condado de Asti. Estableceu como dereito de herdanza da súa casa a sucesión do primoxénito por liña masculina e prohibiu a división dos territorios de Savoia. Foi protector das ciencias e das artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Decimo sétimo conde de Savoia (1343-1383), fillo de Aimó e de Iolanda de Monteferrato. Sucedeu a seu pai en 1343. Por medio dun acordo con Xoán II de Francia e despois de renunciar ao Delfinado, tomou posesión do Gex e Faucigny (1355); adquiriu por compra o Vaud (1359). Prestoulle vasalaxe ao Emperador Carlos IV, quen o nomeou vigairo imperial en Borgoña. Ocupou o Piemonte (1360), rexencia que obtivo en 1368. No ano 1379 foi recoñecido señor de Biella. Apoiou a Luís I de Anjou, quen lle cedeu Cuneo (1382), e acompañouno na expedición a Nápoles na que morreu. Fundou a Orde do Colar, chamada posteriormente da Santa Anunciata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo oitavo conde de Savoia (1383-1391). Fillo de Amadeo VI de Savoia e de Bona de Borbón. Loitou ao carón de Carlos VI de Francia en Flandres contra os ingleses (1383). Deulle a Savoia unha saída ao mar coa adquisición de Niza (1388), que lle foi entregada polos súbditos nisardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo noveno conde (1391-1416) e duque (1416-1440) de Savoia, fillo e sucesor de Amadeo VII. Sexismundo I outorgoulle o título ducal (1416). Coa extinción dos Savoia-Acaia (1418) conseguiu os territorios de Italia, con Turín como capital, onde creou a universidade. Estruturou os novos territorios cos Decreta seu Statuta (1430). En 1434 deixoulle parte do goberno a seu fillo, Luís I, e retirouse a Ripaille, onde fundou a Orde Militar dos Cabaleiros de San Mauricio (1434). Foi elixido Antipapa co título de Félix V no Concilio de Basilea (1439). En 1440 renunciou ao ducado e o 24 de xullo foi coroado Papa en Basilea, sen embargo, debido aos poucos príncipes que lle recoñeceron o título, renunciou ao Papado no Concilio de Lausana (1449). Foille recoñecida a dignidade cardenalicia e foi nomeado delegado apostólico en Savoia e en parte de Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor italiano. Autor da Cappella Colleone de Bérgamo (1472-1476), que alternou coa decoración da fachada da Igrexa da Cartuxa de Pavía (1475).

    VER O DETALLE DO TERMO