"Dión" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 96.

  • Apelido orixinario de Lugo que se espallou por toda España creando novas casas en Cuenca, Alcalá de Henares e Cádiz. As súas armas levan, en campo de azur, unha torre ameada de prata encol dunhas rochas e dous carballos de sinople, un a cada lado,   sobre ondas de auga de azur e prata, nas que se representan dous cisnes brancos afrontados; bordo de azur con nove flores de lis de ouro e timbre coroado de loureiros coa lenda: “Humilitate et timore Dei vincit superbiam” (Vence a soberbia de Deus coa humildade e o temor). Outra variante recolle estas mesmas armas pero con cinco flores de lis de ouro no bordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista. Publicou un volume de exercicios para guitarra, titulado Estudios e un método de guitarra xa clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Funcionario real nas Indias. Traballou co Vicerrei e Arcebispo Diego Ladrón de Guevara (Lima, 1710), no Tribunal de Contas de Lima (1712) e foi nomeado Presidente da Audiencia de Quito (1728-1736) e da de Panamá (1741-1747). Escribiu descricións das terras americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alpes Neozelandeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Teoloxía, licenciado en Filosofía e diplomado en Técnicas Educativas. Profesor no Seminario Maior San Xosé de Vigo e no Seminario Menor de Tui (centros nos que tamén é rector), no Instituto Teolóxico Compostelán, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Vigo e no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín. Delegado episcopal de apostolado segrar, delegado de pastoral universitaria e delegado episcopal de diversos medios de comunicación. Durante vinte e un anos formou parte do equipo de pastoral do Secretariado Nacional de Formación Profesional da Comisión de Ensino da Conferencia Episcopal Española. Foi membro do consello de prebisterio de Tui-Vigo, do Consello Nacional de Rectores de Seminarios Maiores e da Comision Mixta RTVG-Bispos da Comunidade Autónoma de Galicia. Escribiu: Primado y Episcopado, Sois el cuerpo de Cristo e artigos de teoloxía en revistas e xornais galegos. Colaborou, así mesmo, en O concilio Pastoral de Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Publicou en San José de Costa Rica (1917) a obra La cuadratura del círculo y de la elíptica de forma plana y plano-cúbica, y de forma esférica y esférico-elíptica. Geometría matemática al alcance de todos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista italiano. Foi vicesecretario xeral da Sociedade das Nacións (1919); fixo parte do seu Comité Consultivo (1920) para a constitución do Tribunal Permanente de Xustiza Internacional da Haia, do cal foi membro (1922) e presidente (1929-1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Australia á beira da Gran Baía Australiana (984.000 km2; 1.427.936 h [1995]). A súa capital é Adelaide. A poboación xúntase nas penínsulas de Eyre e Yorke. O clima é desértico no NO. A pluviosidade aumenta cara ao S ata chegar a un clima temperado cálido. Os principais recursos económicos son a agricultura, a gandería e a industria. Colonia británica dende 1836, no 1901 converteuse en estado da Commonwealth de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kraj da República Checa (11.345 km2; 697.334 h [1991]). A capital é Ceské Budĕjovice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de ata 25 cm de lonxitude, de corpo alongado cuberto de escamas grosas e dúas manchas negras na parte traseira da aleta dorsal e outra na parte media do pedúnculo caudal. Os machos son de cor alaranxada brillante e as femias acastañadas con bandas transversais máis escuras. Vive ata os 50 m de profundidade no litoral mediterráneo e no atlántico dende Mauritania ata o Mar do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta do litoral meridional da península do Barbanza, na beira occidental da enseada de Rianxo (no N da ría de Arousa), na parroquia e concello de Boiro, situadas ao N da praia Agañán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. BOT Inflorescencia pendurante e pouco vistosa de plantas de polinización principalmente anemófila, como o castiñeiro ou o millo

    2. Res vacúa ou cabalar grande, fraca e mal formada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia (72.781 km2; 7.577.800 h [estim 1995]). A súa capital é Ujung Pandang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (11.911 km2; 2.066.865 h [1995]). A capital é Kwangju.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar litoral do Océano Pacífico. Está considerado como o de maior magnitude. Esténdese ao longo da costa sueste de China e Indochina, desde Taiwán ao N, ata Sumatra ao S. O estreito de Formosa comunícao co Mar da China Oriental e o de Malacca, ao SO co Océano Índico, e ao NL está unido ao Océano Pacífico polo estreito de Luzon. Ten unha profundidade media duns 1.100 m e a máxima é duns 5.400 m ao NO de Luzon. Está sometido á forza dos monzóns do NO no inverno e do SL no verán. Na súa costa hai numerosos golfos, como o de Tonquín ou o de Siam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (8.759 km2; 1.767.105 h [1995]). A capital é Taejŏn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • NUCLEOS

    Núcleo urbano establecido entre o pobo dos ártabros durante a ocupación romana da Gallaecia. É froito do primeiro desenvolvemento urbano dos romanos nestes territorios coa dinastía xulio-claudia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claude Michel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solución de piroxilina en alcohol e éter etílicos, nunha proporción de 4 g de piroxilina en 100 ml, dunha mestura formada por un volume de alcohol e tres de éter. Emprégase, entre outros usos, para fabricar películas fotográficas, para gravados e litografía, para confeccionar perlas artificiais e para recubrir pequenas feridas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo. Redactor xefe da revista Galicia en Madrid, colaborou asiduamente na prensa galega da época. Entre outras obras, publicou La historia y sus héroes (1929), Los precursores de la libertad. Don Juan Díaz Porlier (1932), Los trovadores gallegos Macías y Rodríguez del Padrón (Premio da Real Academia Galega, 1944) e Influencia de Martínez Salazar sobre la cultura gallega (Premio da Real Academia Galega, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO