"Do Val" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que lle dá nome o concello de Castrelo do Val, por ser onde se sitúa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Verín, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Vilariño de Conso (comarca de Viana), ao L co da Gudiña (Viana), ao S cos de Riós, Vilardevós, Verín e Monterrei, e ao O co de Laza (todos eles da comarca de Verín). Abrangue unha superficie de 122 km 2 cunha poboación de 1.242 h (2007) distribuída nas parroquias de Campobecerros, Castrelo do Val, Gondulfes, Nocedo do Val, Parada da Serra, Pepín, Piornedo, Portocamba e Servoi. A capital é o lugar de Castrelo do Val, na parroquia de Castrelo do Val, situada a 41° 59’ de latitude N e 7° 25’ 20’’ de lonxitude O, 190 km ao SL de Santiago de Compostela e 78 km ao SL de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Verín e á provincia e diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O territorio de Castrelo do Val localízase case que na súa totalidade baixo o dominio climático oceánico de montaña, agás unha reducida superficie no SO no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Oficial da Mariña e enxeñeiro de formación, ocupou os cargos de correspondente, delegado, redactor, xefe e subdirector da Axencia EFE en distintos países. Director da publicación de carácter científico Ciencia y Divulgación, foi director na UE do Centro Iberoamericano de Comunicación y Estudios Sociales (CICES) e colaborador habitual en El Correo Gallego e Galicia Hoxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castrelo do Val baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeólogo e enxeñeiro de minas, fillo de Melchor de Prado Mariño. Estudou matemáticas e ciencias naturais na Universidade de Santiago de Compostela e minas en Madrid. De ideas liberais, durante a súa mocidade participou na creación da Sociedad Patriótica Coruñesa. Traballou como inspector de minas e destacou na confección da parte española do mapa xeolóxico de Europa e pola visión que tiña da xeoloxía como ciencia aplicada. Opúxose á división do mapa xeolóxico de España en provincias propoñendo a división por áreas xeolóxicas e realizou numerosos traballos de paleontoloxía na Cordilleira Cantábrica. Colaborou en Observatorio Pintoresco e editou El Tarraconense. Publicou, ademais de numerosos mapas, Vindicación de la geología (1835), Mapa Geológico y Memoria de la provincia de Madrid (1864), Carta géologique de l’Espagne et du Portugal (1864) e Faune primordiale dans la châine Cantabrique (1890). Membro das sociedades xeolóxicas de Londres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto, fillo de Melchor de Prado Mariño. Iniciouse co seu pai e obtivo en 1839 o título de arquitecto pola Academia de Bellas Artes de San Fernando. Foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela desde 1840 e como tal encargouse de diversos trazados urbanísticos e construtivos como os proxectos para o Teatro Principal (1841) e para o mercado de abastos (1850), a construción do primeiro cemiterio xeral da cidade, inaugurado en 1847, as escalinatas da universidade (1844) ou o peche do pazo arcebispal na Acibechería (1854). O seu academicismo caracterizouse pola ausencia da monumentalidade e polas composicións sobrias e austeras. Cara a finais da década de 1850 a súa produción volveuse máis ecléctica, sen abandonar as pautas clasicistas. Os seus edificios de vivendas caracterizáronse pola claridade das liñas e das súas obras destacan Santiago de Padrón (1859) e a capela de Santa Minia de Brión (1857), San Pedro de Ribeira (1858) e San Miguel de Arca (1862), o antigo Café Suízo (1858)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barítono. Debutou no Teatro Real (1919) con La Traviata de G. Verdi e, posteriormente, viaxou a Italia, onde interpretou La Forza del Destino (1920). Establecido en Barcelona, deixou a ópera para dedicarse por completo á zarzuela. Foi galardoado coa Gran Cruz de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lobios. De estilo barroco, ten planta de cruz latina, coa sancristía acaroada ao presbiterio. A nave, de tres tramos, divídese en pilastras e cóbrese con bóveda de canón. No seu interior conserva un retablo de dous corpos e tres rúas, no que destaca o sagrario en forma de torre e con relevos da Anunciación, a Fuxida a Exipto e a Adoración dos pastores. Na fachada destacan as pilastras dos extremos unidas coas ramplas da cornixa que serven de asento aos pináculos. A portada resáltase con marcos de orelleiras, unha fornela coa imaxe da Inmaculada e unha fiestra con moldurado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Foz baixo a advocación de santa Cilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Foz baixo a advocación de santo Acisclo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría celebrada en Vilamaior do Val (Verín), en honor á Virxe dos Remedios. Celébrase o segundo domingo de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO