"Elat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 51.

  • Utensilio que serve para abrir as latas ou botes de conservas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para designar a todos os individuos dunha especie.

    2. alcume.

    3. Termo empregado por K. Bühler para designar unha das funcións que realiza a linguaxe, a fin de chamar a atención do receptor no momento de iniciar un proceso lingüisticamente comunicativo. A miúdo son sintagmas independentes cos que se inicia o proceso de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo á apelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudios de ensino secundario ou medio que facultan o alumno para poder seguir estudios universitarios ou estudios profesionais cualificados.

    2. Grao de bacharel.

    3. A palabra bacharelato empezou a utilizarse en España a finais do s XVIII, como derivación do título de bacharelato que se concedía na Idade Media ao finalizar a determinantía, ou primeira etapa do ensino universitario. Para poder ingresar nos estudios de bacharelato era preciso acreditar que se recibira instrución en humanidades. Estes estudios tiñan unha duración de seis anos que, unha vez rematados, podían dar acceso a cátedras de universidade. A reforma do marqués de Pidal en 1845 estableceu a separación entre os estudios universitarios e o bacharelato, que se cursou dende entón nos Institutos de Ensino Medio. A partir de 1901 o bacharelato estaba formado por seis cursos que remataban cos correspondentes exercicios de grao (Letras e Ciencias). En 1924 instituíuse a diferenciación entre Institutos Nacionais, de orzamento estatal, e Institutos Elementais, subvencionados polos concellos. En 1926 implantouse un novo sistema que distinguía dous bacharelatos: o elemental e o universitario,...

    4. Modalidade de ensino secundario, promovida dende 1945 en Xenebra e auspiciada pola UNESCO, que pretende establecer un programa común de estudios a nivel internacional e proporcionar un título de admisión común á universidade.

    5. Estudios de ensino medio laboral que formaban bachareis nos graos elemental e superior. Tiñan como obxectivo, segundo a Lei do 16 de xullo de 1949, preparar os alumnos para o seu ingreso nos centros especiais técnicos. Para acceder a estes estudios, o alumno debía ter cumpridos os 10 anos e superar un exame de ingreso. Os estudios de bacharelato laboral estruturábanse en dous ciclos: o elemental, con materias comúns e materias especiais para cada modalidade, duraba cinco anos e diferenciaba os seus obxectivos escolares segundo se tratase de alumnado feminino ou masculino; e o superior, ó que se accedía despois de ter superado o elemental e un exame de reválida, cunha duración de dous cursos tamén con materias comúns e específicas para cada modalidade; ao rematalo debíase superar un exame de reválida. As modalidades de bacharelato superior eran: agrícola-gandeira, industrial, marítimo-pesqueira e administrativa (feminina). Esta modalidade de bacharelato foi extinguida en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pioneiro do cine en Galicia. Orixinario de Italia, percorreu boa parte de Galicia cun barracón con animais semiamestrados, a finais do s XIX e principios do XX, mentres outros membros da súa familia traballaban con outro barracón, tamén ambulante, con figuras mecánicas e aparellos de proxección. Non temos constancia do momento do seu paso á exhibición cinematográfica. Agora ben, a principios dos anos 10 estivo en Ourense, e nos anos da guerra europea abriu en Monforte o Cine Moderno Barbagelata, que -despois da súa morte en 1930- funcionou adaptado ao cine sonoro ata 1948, rexentado por un fillo seu. Realizou sesións de cine en poboacións da área de influencia de Monforte (Escairón, Quiroga, Sarria), mantendo durante un tempo a súa actividade empresarial en Ourense. O exhibidor de Monforte foi incluído polo escritor Carlos Casares Mouriño no elenco de personaxes da súa novela Ilustrísima (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao termo ou ao conxunto de termos cos que, nun discurso, o orador interpela a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grao ou condición de coronel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten correlación con outra ou outras cousas.

    2. Que se sucede de forma inmediata, especialmente referido a número.

    3. Aplícase ao termo que indica unha relación de dependencia entre dous membros. Así ou é correlativo de ou en O mestre dille sempre: ou calas ou te castigo.

    4. Parella de fonemas que se atopan nunha relación de oposición bilateral, proporcional e privativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser delatado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer en coñecemento da xustiza un crime, falta ou delito.

    2. Dar a coñecer algo oculto ou que se quere manter oculto.

    3. Poñer de manifesto algo oculto ou que non se quere exteriorizar.

    4. Descubrirse ante os demais dándolles a coñecer cousas que non sabían.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen delata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘catro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fonetista francés. Emigrou aos EE UU e alí estudiou na University of Michigan, onde obtivo o doutoramento en 1935, e ensinou francés na Wayne State of America. En 1941 ingresou na University of Oklahoma e, en 1947, na de Pennsylvania. Especializouse en fonética articulatoria, primeiramente na do francés, e no desenvolvemento de aplicacións pedagóxicas para o ensino do francés a falantes americanos, e despois na comparación da fonética de distintas linguas. Entre as súas obras destacan La durée des voyelles en français: Etude expérimentale sur la durée des E d’un Français (1939), Principes de phonétique français à l’usage des étudiants anglo-saxons (1946), Comparing the Phonetic Features of English, French, German and Spanish (1965) e Studies in French and Comparative Phonetics: Selected Papers in French and English (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Israel, ao N do golfo de Aqaba (24.700 h [1988]). O seu porto constitúe a única saída de Israel cara ao Mar Vermello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fibras con engrosamentos helicoidais que hai nas cápsulas dalgunhas hepáticas, mesturadas con esporas, ás que coadxuvan na súa proxección e dispersión.

    2. Apéndices filamentosos das esporas das equisetáceas que se despregan cando o aire é húmido para facilitar a dispersión da espora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘impulsor’, ‘dispersante’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos elatéridos.

    2. Insecto da familia dos elatéridos.

    3. Familia de coleópteros caracterizada por presentar na fase larvaria animais alongados e estreitos, de cabeza aplanada -con mandíbulas curtas e agudas-, corpo segmentado -os tres segmentos torácicos están provistos de pequenas patas-, de cor amarela dourada, co exoesqueleto fortemente quitinizado e os segmentos unidos por unha membrana apergamiñada -estriada lonxitudinalmente, que lles dá unha gran rixidez e dá lugar á denominación popular de vermes de arame-. Na fase adulta os elatéridos son escaravellos alongados e estreitos, moitas veces cubertos dunha fina pilosidade, con antenas de 11 artellos que poden aloxarse nuns sucos laterais e cabeza encaixada -da que só sobresaen os ollos- baixo o pronoto que ten os ángulos posteriores prolongados cara a atrás e rematados nunha punta aguda. Os escaravellos presentan un mecanismo de resorte que lles permite saltar cando quedan de costas e indefensos co que recuperan a posición normal. As femias poñen entre 150 e 200 ovos esféricos e brancos na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cápsula dalgunhas euforbiáceas nas que os carpelos se separan na madurez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Determinación da elasticidade de vapores e gases.

    VER O DETALLE DO TERMO