"Ermoxio" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Antropónimo masculino de orixe discutida. Presenta a variante gráfica Hermoxio. Pode tratarse dun composto xermánico (de airman ‘grande’, ‘poderoso’) ou dun derivado do grego erēmikós ( ἐ ρημικός) ‘senlleiro’, de erēmía ( ἐ ρημία) ‘soidade, deserto’. Hai tamén quen o vincula, partindo da variante gráfica con h, ao nome Hermes; e mesmo quen pensa que se trata dunha simple metátese de Remixio (en latín Remigius). Destaca con este nome o santo galego Ermoxio (s X), bispo de Tui. A súa festividade celébrase o 26 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Ermoxio.

    VER O DETALLE DO TERMO