"Estevo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 86.

  • IGREXAS

    Igrexa do concello de Cabana que aínda conserva algúns restos de orixe románica: o arco triunfal de medio punto, apoiado sobre columnas con capiteis vexetais, algúns con caras humanas. Polo exterior, atópanse varios canzorros no beiril. O edificio debeu ser construído cara ao final do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • frei (A Gudiña 1502 - ?) Emigrou a México en 1533, onde introduciu os primeiros vehículos rodados de América. Ingresou posteriormente na orde franciscana. Foi beatificado no ano 1600.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica de Pantón que pertencía a unha fundación monástica bieita e que agora é unha igrexa parroquial. Tipo de construción de nave e presbiterio únicos na que o máis salientable son as portadas e os beirados, cun traslado pouco usual dos canzorros do muro sur da nave á casa reitoral anexa. A porta norte ten o arco, lixeiramente apuntado, en bocel, sobre o que se dispoñen cinco arquiños que non abranguen toda a rosca. Os capiteis que sosteñen a arquivolta son góticos. O seu repertorio iconográfico e decorativo semellan relacionala co obradoiro xurdido en San Xoán de Portomarín, que difundiu as súas solucións pola comarca. A data de construción desta igrexa sitúase ao redor do 1225. Este monumento foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no concello de Boiro. Foi destruído polos normandos na irrupción que fixeron en Galicia no ano 970. Restituído, incorporouse ao mosteiro de Antealtares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rodeiro. A primeira noticia documental corresponde á acta fundacional do mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón (1154), ao que foi doada en 1156. A primitiva fábrica constaba dunha nave e unha ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de canón. Da nave só queda unha colección de canzorros variados: vexetais, aves, figuras humanas e cuadrúpedes. Os muros transformáronse ao abrirse portas e ventás. No interior destaca a ábsida, cuberta cunha bóveda de canón semicircular reforzada por un arco faixón. O arco triunfal, de medio punto e dobrado, descansa sobre columnas con capiteis figurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. En 1689 encargouse da realización das imaxes de san Domingos, san Bieito, santo Agostiño, san Xacinto, san Ignacio de Loyola e san Pedro Nolasco, fundadores das ordes relixiosas que existían naqueles momentos en Santiago de Compostela. Estiveron inicialmente nun retablo trazado por Domingo de Andrade na igrexa de San Domingos de Bonaval que se trasladou á igrexa parroquial de Carril e, posteriormente, ás dependencias do antigo convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial de características románicas con planta de cruz latina rematada cunha ábsida semicircular, precedida dun pequeno tramo rectangular. O tramo da nave cóbrese con madeira a dúas augas, mentres que a cabeceira cunha bóveda de canón e a ábsida cunha de cuarto de esfera. A parte máis antiga do edificio é a ábsida, posiblemente dunha igrexa preexistente, da segunda metade do s XII, que fundara Fernando II de León. Nela aparece unha decoración de canzorros, entrelazos, seteiras e outros elementos propios do románico rural de Galicia. A nave e o cruceiro parecen ser posteriores, segundo aparece nunha inscrición que fai mención á fundación da igrexa por parte da abadesa Teresa Arias de Páramo en 1324. O interior do templo mantén a austeridade e o concepto espacial das características góticas, só alteradas polo pequeno retablo neoclásico do presbiterio e polos restos dunhas pinturas murais góticas tardías que se corresponden co padroado de don Alonso de More, no primeiro terzo do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. En 1578 realizou unha cruz de prata coa imaxe de santa Caterina na parte posterior para a igrexa de San Xoán de Róo (Outes).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Psicoloxía. Colaborador en diversas revistas literarias (Dorna e A Regueifa) e membro do consello editorial da colección de poesía Letras de Cal. Participou en diversos proxectos culturais, como o grupo de teatro Talía, o Batallón Literario da Costa da Morte ou o Colectivo Poético Un Medio.
    Publicou as obras Areados: na selva, pola tarde, ollando os tigres (Premio Miguel González Garcés, 1996), Poemas da cidade oculta (1996) e Teoría do lugar (1999), e os relatos “E a catro patas: quilómetros” (Premios Pedrón de Ouro Certames XVIII e XIX 1992 e 1993) e “Alguén matou a Bambi”, recollido no volume colectivo Historia da pusilanimidade e catro contos máis (1996). Outras obras son  Libro dos cans (2010), Decrúa (2003), Balea2 (2011) e Tirotea2 (2011)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no lugar de Tarrío, en Culleredo, polo que recibiu tamén o nome de Santo Estevo de Tarrío. Conserva a fábrica medieval gótica pero con certa tradición románica. Segundo unha inscrición do tímpano da porta de acceso, contruíuse no s XII. Ten planta rectangular dunha soa nave con cuberta de madeira e unha ábsida rectangular que se cobre cunha bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón. Tanto o arco faixón coma o triunfal descansan en columnas entregadas con bases áticas e capiteis robustos de decoración estilizada. No interior da nave e da ábsida consérvanse restos de pinturas murais do s XVI que representan o martirio de santo Estevo e escenas do ciclo da Paixón. No exterior destaca a portada occidental cunha porta abucinada rematada en dúas arquivoltas de medio punto que descansan en columnas acobadadas. As bases presentan un perfil de características áticas e adórnanse con flores de lis. Os capiteis teñen proporcións e decoración góticas, con monstros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ponteareas. Segundo unha inscrición do tímpano, construíse no s XIII. Ten planta e ábsida rectangular. Da construción románica conserva a portada occidental e o arco triunfal, que se apoia nun par de columnas entregadas cos capiteis repicados, un con decoración figurada e outro vexetal. O seu aspecto, de arco de ferradura, pode deberse á reconstrución do testeiro. No interior destacan os capiteis anexos ao altar, con representacións de rostros humanos. No exterior, a portada occidental remata nun arco de medio punto dobrado e apoiado en dous pares de columnas con bases de características áticas, mentres que os capiteis presentan unha orde de follas rematadas en espiral. As bases decóranse con sogas e con formas semellantes a cunchas de caracol. No muro norte hai unha peza que representa un león co rostro virado cara a atrás e coas patas dobradas, coa musculatura e a cabeleira talladas con rudeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras e carpinteiro. Traballou na catedral de Tui nas obras do claustro (1415).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Incio. Ten dúas naves, separadas por columnas e pilastras e cuberta a dúas augas, e ábsida cuberta a catro augas. No interior destaca o retablo maior barroco (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. De orixe románica, da primitiva construción conserva a ábsida rectangular. Ten unha soa nave con cuberta de madeira. Posúe canzorros e algúns perpiaños mostran signos lapidarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense no ano 905. Ademais de na sé ourensá o seu nome aparece nun privilexio outorgado ao mosteiro de Sahagún no ano 905.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Celanova? s XII) Monxe do convento de Celanova. Publicou Facta et miracula S. Rudesindi episcopi dumiensis, abbatis, fundatoris et domini monasterii Cella-Nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Terceiro abade da orde do Císter (1109-1133). Formouse na abadía de Sherborne e foi un dos monxes de Molesme establecidos en Cîteaux con san Roberto. Acadou do Papa Pascual II o Privilegium romanorum, que permitiu o desenvolvemento do convento sen temor á intervención señorial ou episcopal. En 1119 redactou a Charta charitatis, documento onde quedaron establecidas as normas de vida e goberno da nova orde. Escribiu tamén Exordio parvo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque (997-1000) e primeiro rei de Hungría (1000-1038). Converteuse ao cristianismo no 985 xunto co seu pai Géza, ao que sucedeu á fronte das tribos maxiares. De nome Vaik, ao casar coa princesa bávara Xisela bautizouse co nome do protomártir cristián. Cristianizou Hungría coa axuda dos beneditinos e, para recompensar a súa obra, o Papa Silvestre II proclamouno rei. Constituíu un Estado unificado e centralizado politicamente. Perseguidor implacable das tradicións maxiares, o Papa Silvestre II recompensoulle os seus servicios á Igrexa outorgándolle o título de “soldado de Cristo” e enviándolle unha coroa (“a coroa de santo Estevo”) que se utilizou desde entón na consagración dos monarcas húngaros. Na iconografía viste coiraza e roupas guerreiras, e leva como atributos persoais un estandarte coa imaxe da Virxe (símbolo do seu reino ao servizo de María) ou aparece brandindo unha espada (o seu reino ao servizo de Deus). Foi canonizado en 1083 e a súa festividade celébrase o 16 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1135-1154) e conde de Mortain. Trala morte do seu tío o Rei Enrique I, apoderouse do trono e enfrontouse a súa prima e lexítima herdeira, Matilda. As concesións que se viu obrigado a facer como consecuencia da súa debilidade política e militar, aproveitáronas os escoceses, os galeses e os anxevinos para invadir Inglaterra e Normandie, o que deu lugar á Guerra Civil (1139). Tras un período de relativa paz (1147-1153), reiniciáronse as hostilidades. Venceuno Enrique, fillo de Matilde e duque de Normandie, que foi recoñecido como o seu herdeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1575?-1586) e príncipe de Transilvania (1571-1575). Coñecido como Estevo Báthory, foi elixido rei pola nobreza, contraria aos Habsburgo. Derrotou a Iván IV o Terrible de Rusia en Vitebsk, Plock e Pskow e obtivo a Livonia (1582). Intentou diminuír o poder da alta nobreza, especialmente da familia Zborowski. Introduciu a orde dos xesuítas en Polonia e instaurou a liberdade relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO