"Estienne" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • FAMILIAS

    Familia de impresores, libreiros e humanistas franceses, orixinaria de Provenza, que traballou durante os ss XVI e XVII en París e Xenebra. Imprimiu con gran perfección tipográfica unhas 1.600 obras, en boa parte textos antigos e obras humanísticas. Iniciou a actividade Henri I (París 1465? - 1520), que imprimiu 121 obras de filosofía, astronomía e matemáticas; sobresae o Psalterium Quintuplex gallicum, romanum, hebraicum, vetus, conciliatum (1509), de Jacques Lefèvre d’Estaples. Tivo tres fillos: Robert , un dos membros máis destacados da familia, François (1502-1550?), que publicou poucos volumes, e Charles (? 1504? - París 1564). Este último dirixiu a imprenta cando Robert marchou para Xenebra; foi impresor do rei, pero distinguiuse sobre todo como escritor, principalmente de traballos de agricultura (Praedium rusticum, 1554, obra da que fixo unha edición francesa ampliada co título de L’Agriculture et Maison rustique,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor, libreiro, filólogo e humanista, fillo maior de Robert Estienne. Aprendeu grego, latín, italiano, español, flamengo e moitas linguas orientais. Descubriu un gran número de manuscritos gregos e, en 1554, publicou a primeira edición das Odas, de Anacreonte, coa tradución latina. As súas críticas ao clero católico ocasionáronlle persecucións, polo que tivo que fuxir a Xenebra, onde tamén tivo dificultades co concello e foi encarcerado. En Xenebra estableceu en 1557 unha imprenta independente da do seu pai, coa que se fusionou á morte deste. Aínda que no aspecto tipográfico foi inferior a outros membros da familia, publicou obras importantes, a maioría dedicadas á literatura grega. Moi destacable foi o seu labor como erudito e escritor; entre os seus traballos orixinais, sen contar os comentarios e traducións, cómpre mencionar Ciceronianum Lexikon graecum-latinum (1557), Artis typographicae querimonia (1569), Thesaurus graecae linguae (1572-1573), a súa obra principal, completada na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor, libreiro, humanista e filólogo. Como impresor, introduciu melloras técnicas considerables na tipografía. Gran coñecedor do latín e do grego, aprendeu o oficio de impresor do seu pai e, á morte deste, do seu padrasto, Simon de Colines, que continuara co negocio daquel. En 1526, cando Simon de Colines abriu a súa propia imprenta, Robert encargouse da súa dirección adoptando o emblema da oliveira, que sería o signo distintivo da casa Estienne. En 1539 Francisco I nomeouno impresor real para as linguas hebrea e latina e algún tempo despois para a grega, de maneira que foi o primeiro en empregar nunha edición das obras de Eusebio os caracteres gregos “reais” gravados por Claude Garamond. Editou moitos textos da antigüidade clásica, a maioría con comentarios eruditos: así, entre 1526 e 1536, fixo aparecer varias edicións de Terencio; publicou tamén a Plauto, a Cicerón e a Virxilio. Foi autor de obras de carácter pedagóxico e gramatical, como La manière de tourner en langue française...

    VER O DETALLE DO TERMO