"Félix" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 68.
-
PERSOEIRO
Militar que o 21 de febreiro do 1812 dirixiu o pronunciamento militar liberal da Coruña, que será chamado ‘Pronunciamento de Acevedo’, proclamando a Constitución de Cádiz do 1812. Entrou a formar parte da Xunta Xeral do Reino de Galicia, presidida polo mariño Pedro Agar, Rexente durante a etapa das Cortes de Cádiz. Aproveitando a toma de posesión do novo Capitán Xeneral de Galicia, Venegas, marqués da Reunión, Acevedo detén na Coruña ás autoridades absolutistas. O 25 de febreiro partiu da Coruña cara a Santiago á fronte dunha columna militar antirrealista, que toma a cidade compostelá e libera os presos políticos da Inquisición, entre os que se achaba o conde de Montijo. O 2 de marzo partiu cara a Ourense en persecución do Gobernador Militar de Santiago, o Xeneral Pol, marqués de San Román, con quen se enfronta ao día seguinte, falecendo segundo Otero Pedrayo nun tiroteo preto dun lugar chamado As Portiñas; en Padornela segundo outros, mentres arengaba ás tropas inimigas a se enfrontaren...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizou estudios de Dereito e exerceu a súa carreira con notable éxito. Foi Director do Boletín Judicial de Galicia no que publicou algúns artigos. Pertenceu á Real Academia da Historia e colaborou na Historia de España de Lafuente. Escribiu obras relacionadas co dereito e a historia como Cuestión interesante sobre mejoras por razón de casamiento sin entrega de bienes (1861), Causa criminal contra don Ángel Casas (1869), Cuestión dinástica (1869) e Cuestión dinástica. Derecho del Sr. Duque de Madrid a la Corona de España, demostrado por la historia y las leyes. Colección de artículos del periódico católico-monárquico “La Paz” de Lugo contestando al alfonsino “El Eco de Galicia” (1873). Como poeta aparece o seu nome no Álbum de la Caridad, aínda que non se recolle ningunha composición súa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista e enxeñeiro militar ilustrado. Irmán do bispo de Barcelona Eustaquio e do diplomático José Nicolás. Colaborou con Cermeño, deseñador da Barceloneta, e dirixiu traballos de fortificación en Figueres e en Mallorca. Enviado en 1781 a América, trazou un mapa do Brasil e estudiou a flora e a fauna do Paraguai e do Río da Prata. En 1801 estableceuse en París. Os seus notables traballos sobre as mutacións e a selección natural impresionaron a Darwin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do partido republicano de Vicente Blasco Ibáñez, ao que substituíu (1908) na dirección do diario El pueblo e no escano parlamentario. En 1912 independizou o blasquismo do lerrouxismo, e reestruturou o partido -que presidiu ata a morte-, que adoptou o nome oficial de Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA). Deputado en Cortes (1908, 1910, 1914, 1916, 1919 e 1923), controlou a vida política na provincia de València con medios pouco escrupulosos. Combateu o valencianismo ata 1918, ano no que pasou a ter unha posición ambigüa cara a esta tendencia. Contou co soporte electoral dos anarcosindicalistas. Á súa morte, o PURA entrou de novo na órbita lerrouxista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta francés. Publicou o volume de poesía La chambre blanche (A habitación branca, 1895). Influído por Maeterlinck, converteuse nun famoso autor de teatro burgués. Publicou Ton sang (O teu sangue, 1897) e Mamam Colibri (Mamá Colibrí, 1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Emigrado en Suíza, foi redactor xeral da revista El obrero, editada pola Federación da construción da Unión Sindical suíza, e secretario de organización da Unión General de Trabajadores (UGT). De volta a Galicia, foi secretario de organización do Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e parlamentario polo PSdeG-PSOE nas tres primeiras lexislaturas galegas, de 1981 a 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano de orixe suíza. Estudiou en Zúric e Leipzig, onde foi alumno de Heisenberg; no ano 1930 viaxou a Copenhaguen, onde colaborou con Bohr. No 1933 emigrou aos EE UU, onde foi profesor na Universidade de Stanford ata o 1971. Foille concedido, xunto con E. M. Purcell, o Premio Nobel de Física polo descubrimento da resonancia magnética nuclear no ano 1952. Ideou un método para polarizar neutróns (1934), co que, xunto con L. Álvarez, determinou o momento magnético do neutrón (1939). Estudiou as funcións de onda dun electrón no seo dunha rede cristalina (teorema de Bloch).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático, epistemólogo e político francés. Profesor na Universidade da Sorbonne e na École Normale Supérieure de París a partir de 1903, director do Institut Henri Poincaré (1927) e membro da Académie des Sciences dende 1921. Formulou a base da moderna teoría da integración. Fundador dunha Collection de monographies sur la théorie des fonctions (Colección de monografías sobre a teoría das funcións, 1898), deu fundamento á integral de Lebesgue ao conseguir estender a noción de medida nos conxuntos, e obtivo a existencia de funcións monóxenas non analíticas. O Traité du calcul des probabilités et de ses applications (Tratado do cálculo de probabilidades e as súas aplicacións, 1925) introduciu novas nocións no cálculo de probabilidades e defendeu o empirismo matemático. Foi deputado socialista por Avairon (1924) e ministro de Mariña en dous gabinetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo. Dende 1964 é director da École Pratique des Hautes Études e, dende 1982, profesor titular da cátedra de Socioloxía no Collège de France. A partir de 1975 é director da revista Actes de la recherche en sciences sociales. Comezou a súa traxectoria profesional cunha serie de estudios etno-sociolóxicos sobre a poboación alxeriana: Sociologie de l’Algéria (Socioloxía de Alxeria, 1961) e Travail et travailleurs en Argelie (Traballo e traballadores en Alxeria, 1963). A partir de Les Héritiers (Os herdeiros, 1964), escrito en colaboración con J.C. Passeron, a maior parte da súa obra centrouse no estudo da cultura como medio empregado polo grupo dominante na sociedade para reforzar as diferencias de clase e manter o seu exclusivismo e poder. Tamén en colaboración con J. C. Passeron, escribiu Les étudiants et leurs études (Os estudiantes e os seus estudios, 1964) e La reprodution. Élements pour une théorie de l’educaction (A reprodución. Elementos para...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e botánico portugués. Profesor na Universidade de Coimbra (1790-1811) e director do xardín botánico de Lisboa (1811-1828), é autor de Compêndio de Botânica (1788) e Flora Lusitânica (1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, conde de Calderón. Ao desencadearse a rebelión de Hidalgo, derrotouna en Puente de Calderón (1811), e posteriormente dominou a insurrección de Morelos, xa co cargo de vicerrei (1813-1816). Ata a chegada de Fernando VII respectou as decisións das Cortes de Cádiz, pero co regreso do monarca anulou todas as reformas e amosouse autoritario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Estudiou na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid en 1935. Estableceuse en México en 1939 onde recibiu a influencia do enxeñeiro Eduardo Torroja na construción de cubertas con deseños atrevidos. Foi profesor nas universidades de México, Harvard, Illinois e Leeds. Entre as súas obras destacan as igrexas da Virgen de los Milagros (1954) e a de San Vicente de Paúl (1960), en México. Realizou, en colaboración cos arquitectos Enrique Castañeda e Antoni Peyrí, o palacio de deportes dos Xogos Olímpicos de México (1968). En 1961 recibiu o Premio Internacional de Arquitectura Auguste Perret.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor latino. Foi o autor de De nuptiis Mercurii et Philologiae (Sobre as nupcias de Mercurio e Filoloxía), obra enciclopédica onde expón a materia das sete artes liberais; expoñente das diversas correntes culturais do helenismo, tivo gran difusión como libro de texto durante a Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1821-1831). Fillo de Víctor Amadeo III, da dinastía de Savoia, e irmán de Víctor Manuel III, a quen sucedeu. Aboliu a Constitución concedida polo rexente Carlos Alberte e restableceu o goberno absolutista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista. Mestre de capela de varias catedrais (Zaragoza, Oviedo e Roda), gañou por oposición a praza de organista en Santiago, cidade na que tamén ensinou canto e órgano e foi vicemestre de capela. Como compositor, deixou misas, salmos, magnificat e cinco responsorios de Nadal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zoólogo alemán. Estudiou zooloxía nas universidades de Königsberg, Bonn, Jena e Berlín. Da man de Ernst Haeckel coñeceu as novas teorías de Charles Darwin, ás que dedicou gran parte da súa vida recollendo datos que axudasen á súa defensa. Doutorouse en 1865 en Breslau cun estudo sobre a anatomía das percebellas. En 1868 foi profesor da Universidade de Jena, onde traballou sobre a embrioloxía de insectos e crustáceos, intentando crear unha secuencia de aparición sobre a Terra dos distintos grupos. En 1875 publicou a súa obra máis importante, Ursprung der Wirbeltiere und das Prinzip des Funktionswechsels, que serve de compendio para a maioría das súas investigacións e na que expón unha liña evolutiva dende os anélidos ata os vertebrados; nela trata de explicar a aparición dos órganos complexos pola transformación doutros máis sinxelos e antigos. Foi o promotor, xunto a Nicolai Micloucho-Maclay, da creación dunha rede de estacións de investigación zoolóxica por todo o mundo. A primeira delas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid e licenciado en Informática pola Universidad Politécnica de Madrid. Traballou na empresa IBM, e como docente foi profesor na Escola Profesional de Comercio da Coruña e catedrático de Economía Financeira da Empresa na Universidade da Coruña, na que dirixiu o departamento de Economía Financeira e Contabilidade. O seu campo de traballo centrouse nos sistemas de información, a teoría da decisión, a análise multicriterio, a xestión da incertidume e a valoración de instrumentos financeiros. Entre as súas publicacións cómpre salientar Introdución a la economía de la Empresa (1990), Economía Financiera de la Empresa (1994) e Fundamentos de las decisiones financieras empresariales (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Estudiou na Kunstakademie Düsseldorf (1970-1976) e dedicouse á pintura dende 1981. Introduciu na súa obra os temas bíblicos, martirolóxicos e fúnebres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse na École des Beaux-Arts e en Roma. Entre as obras que reconstruíu destaca a galería de Apolo no Louvre, o Château de Blois e o Château Dampierre. Construíu tumbas monumentais e foi arquitecto do Louvre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista francés. Foi profesor de mineraloxía e xeoloxía en Toulouse e de zooloxía en Rennes. Tratou diversas ramas da historia natural. Destaca a súa obra Histoire naturelle des infusoires (Historia natural das infusións, 1840).
VER O DETALLE DO TERMO