"Figueroa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 37.

  • PERSOEIRO

    Poeta de formación neoclásica, moi influído polo romanticismo, que inicia a tradición literaria do Uruguai. Foi autor do himno nacional, do Diario del sitio de Montevideo (1842), de carácter patriótico, e de La Malambrunada (1842), poema satírico e burlesco. Influíu na produción literaria de José María Riguera Montero, escritor galego que imitou algúns dos seus versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Atribúeselle o retablo maior de Santa Mariña de Xestosa, realizado en 1787, e o de San Martiño de Tameiga, de 1773.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi arcediago de Cuenca. Traduciu do latín ao castelán De cómo el estado de la milicia no es ajeno a la Religión cristiana (1541), obra de Juan Ginés de Sepúlveda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro da Real Audiencia da Coruña. Casou en 1599 con María Pita, da que foi o cuarto e derradeiro home. Mantivo litixios con Francisco González de Lesta e cos seus fillos pola posesión do Coto de Lendoño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piragüista. Compite dende 1999 sendo as súas especialidades o C1-500 e o C1-1000, distancias nas que actualmente é campión do mundo e campión olímpico. Obtivo dúas pratas no Campionato do Mundo en Gainesville e no de Europa en Poznan, os dous no ano 2003. Nas Olimpíadas de Atenas 2004 gañou unha medalla de ouro e outra de prata, cousa que non conseguira antes ningún outro deportista español. No 2005 obtivo outra medalla de prata no mundial de Zagreb e dous anos despois dúas de bronce no europeo de Pontevedra. Nese mesmo ano de 2007 gañou unha medalla de ouro e outra de bronce no Campionato de Mundo en Duisburg. Nos seguintes Xogos Olímpicos, Beijing 2008, fíxose con dúas medallas de prata unha en cada unha das súas duas especialidades. Foi abandeirado español en dúas ocasións, na cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e na de apertura en Beijing 2008.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga liñaxe nobre galega, que se estableceu na Torre de Figueroa (Abegondo), en Betanzos e Noia. Emparentou con ilustres familias e estendeuse por toda a Península, especialmente por León, Zamora, Salamanca, Andalucía e Extremadura, de onde pasou unha rama a Nova España e ao Novo Reino de Granada. As súas armas traen, en campo de ouro, cinco follas de figueira, de sinople, postas en aspa. Outra variante presenta, en campo de azul, unha aspa, de ouro. A esta liñaxe pertenceu Ramón Pérez (?-Alarcos 1195), señor de Figueroa (Betanzos). Da rama establecida en Extremadura destacaron, entre outros, Ferrán Ruiz de Figueroa , conquistador de Écija (1240); Lorenzo Suárez de Figueroa y López de Córdoba , mestre da orde de Santiago (1387-1410); Lorenzo Suárez de Figueroa y de Mesía , bispo de Barcelona; Gómez Suárez de Figueroa , primeiro señor de Feria e Zafra; Lorenzo Suárez de Figueroa ,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos activos nos ss XVII e XVIII. Leonardo Figueroa y Reina (Utiel 1650? - Sevilla 1730) realizou unha arquitectura plenamente barroca. Traballou en Sevilla, entre outras obras, na reforma do convento de San Pablo (1691-1709); na igrexa do Salvador, construída no terreo que ocupara a mesquita maior; e no colexio seminario de San Telmo. Escribiu un tratado de arquitectura que non se publicou. O seu fillo Matías José Figueroa (Sevilla 1698-1765?) colaborou co seu pai en San Telmo e foi mestre maior de obras de Sevilla. Das súas obras destaca a capela de San Leandro (1733) na catedral. O seu irmán Ambrosio Figueroa (Sevilla 1700?-1775) foi mestre maior de fábricas do arcebispado e construíu a capela pública da cartuxa sevillana. O fillo deste, Antonio Matías Figueroa (Sevilla 1734?-1796) foi mestre alarife (1764) e mestre maior do arcebispado de Sevilla (1776). Nas súas últimas obras achegouse ao neoclasicismo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político arxentino. De tendencia liberal, foi deputado, senador, ministro de Goberno e de Facenda (1889) e gobernador da súa provincia (1895). Vicepresidente da República desde 1904, asumiu a presidencia entre 1906 e 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formado en Santiago de Compostela, exerceu coenxías en Salamanca e Mondoñedo e foi elixido membro do consello do Rei. Posteriormente marchou a Perú onde foi bispo de Guamanga e despois de Quito. Nomeado vicerrei de Perú e arcebispo de Santa Fe, renunciou a ambos os dous cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e político. Graduado en leis pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en canons na Universidad de Ávila. Ocupou, entre outros cargos, o de conselleiro de Indias e presidente do Consello de Castela. Empregou a súa influencia na promoción e defensa dos intereses de Galicia, inicialmente representados por un único deputado en cortes. Foi o mecenas da Congregación de Naturais e Orixinarios de Galicia (1741). Participou, directa ou indirectamente, en todas as leis dos reinados de Fernando VI e Carlos III, entre as que destaca, o Concordato de 1753. No seu testamento instituíu a Fundación Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafa. Graduada en fotografía plástica na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña, foi mestra na Escola de Artes e Oficios Antonio Faílde de Ourense e monitora de fotografía en Caixa Galicia. Realizou exposicións en Vigo e Santiago de Compostela e foi seleccionada en Arte-Mujeres 2000 (Madrid). Recibiu o Primeiro Premio Maratón Fotográfico de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado chileno. Militou no partido liberal democrático e foi deputado e ministro de Xustiza, Instrución Pública e de Interior durante a presidencia de Pedro Montt (1907-1910). Ocupou a presidencia da República entre 1925 e 1927. Foi embaixador en España, Arxentina e Perú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1971), traballou na Misión Biolóxica de Galicia (1970-1980) e ten un master en educación ambiental (1992). Cofundadora e membro da directiva da AS-PG (1979-1985) e logo da Associação Sócio Pedagógica Galaico Portuguesa (ASPGP), organizou as Escolas de Verán e as Xornadas do Ensino en Galicia. Tamén foi fundadora da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Dirixiu a revista O Ensino (1978-1990) e forma parte do equipo de redacción dos libros de texto da ESO, área de ciencias da natureza, bioloxía e xeoloxía, da Editorial ECIR e colabora con UNICEF na sección Educación para el Desarrollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ourive. Tivo obradoiro en Salamanca, dende onde realizaba os seus traballos, entre os que destacan as urnas da catedral salmantina. O arcebispo A. de Monroy chamouno a Santiago de Compostela para que ornamentase o altar maior da catedral. Realizou, entre outras obras, o camarín e o sillón do Apóstolo e o ostensorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Conde de Romanones. Membro do Partido Liberal, foi alcalde de Madrid (1894-1895, 1897-1899) e ministro de Instrución Pública (1901), Gobernación, Fomento e Gracia e Xustiza (1905-1906). En 1912 presidiu o congreso e exerceu a presidencia do Goberno nos períodos 1912-1913 e 1915-1917. Formou novamente goberno en 1919 e tivo que enfrontarse a axitacións obreiras e nacionalistas. Foi presidente do Senado cando tivo lugar o golpe de estado de Primo de Rivera e, trala caída deste, foi ministro de Estado con J. B. Aznar (1930) e defendeu a Afonso XIII nas Cortes Constituíntes de 1931. Fundou o Diario Universal e o Globo e escribiu Las últimas horas de una monarquía (1931) e Obras Completas (1955). Foi presidente do Ateneo, director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político salvadoreño. Foi ministro interino trala caída do presidente Zaldívar (1885) e ocupou a presidencia efectiva de 1907 a 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De orixe galega, traballou na Casa do Príncipe Pío en Madrid. Cultivou a paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Adscrito á escola salmantina, ordenou antes de morrer que os seus escritos fosen queimados. Os que non o foron formaron as súas Obras (1625).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación benéfica instituída polo testamento de Manuel Ventura Figueroa Barreiro, que se constituíu o 28 de novembro de 1784 coa sinatura dos testamenteiros, o conde de Floridablanca, o conde de Campomanes e Xosé Gálvez, e na que investiron as catro quintas partes dos seus bens. Os seus obxectivos foron axudar aos parentes orfos de Figueroa na realización de estudios universitarios, militares ou eclesiásticos, e proporcionar ás orfas un dote para o casamento ou para profesar como relixiosas. Se non existisen individuos para recibir estas axudas entre os seus familiares, destinaríanse aos orfos dalgunhas fregresías do arcebispado de Santiago. A súa dirección repartíase entre un Patrón de Sangue, o parente máis próximo do fundador que ten a obriga de cumprir a súa vontade e nomea un apoderado e un administrador para que o axuden, e un Xuíz Protector, nomeado por real decreto do goberno, que tivo que desempeñar con anterioridade funcións de ministro e posuír o título de letrado, e que se...

    VER O DETALLE DO TERMO