"Fixi" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

    1. Dificultade para respirar.

    2. Suspensión da función respiratoria dun organismo por causas mecánicas ou pola alteración da hematose. Leva á anoxia dos tecidos. Os obstáculos mecánicos poden ser accidentais ou patolóxicos (edema da larinxe, membranas da difteria, parálise dos músculos respiratorios e lesións no núcleo respiratorio cerebral). No aspecto de alteración da hematose cómpre mencionar a asfixia por falta de osíxeno e a producida polos gases tóxicos ou bloqueadores da actividade hemoglobínica (gas de hulla, gas butano, monóxido de carbono, etc).

    3. Debilitamento dos vexetais por falta de osíxeno, particularmente en solos encharcados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce asfixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocarlle a morte a alguén por suspensión da respiración.

    2. Impedirlle a respiración a alguén; causar dificultades respiratorias.

    3. Sentir asfixia ou dificultades respiratorias.

    4. Morrer a causa da suspensión da respiración.

    5. Afogarse por falta de osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla voante en dobre folio editada por Xoán Gherlinc aló polo ano 1496 en Monterrei. Presenta letra gótica, capitais lombardas a dous tamaños e cincuenta e unha liñas. Atópase na biblioteca da Hispanic Society en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de crucificar.

    2. Forma de aplicación da pena capital en numerosos pobos do Mediterráneo oriental na Antigüidade. A orixe desta modalidade de execución atribúese posiblemente aos persas, pero, con diversas variantes, empregárona os fenicios, os gregos, os exipcios e os cartaxineses, antes da súa introdución en Roma. A lexislación romana excluía desta pena os cidadáns romanos, aínda que durante o Imperio aplicouse a cidadáns romanos de clase baixa (humiliores), pero nunca aos de clase alta (honestiores). A pena da crucifixión aboliuna Constantino en recordo da paixón de Cristo.

    3. Representación artística da crucifixión de Cristo ou dalgún santo. Denomínase crucifixión ou calvario cando aparece Cristo cravado na cruz acompañado doutros personaxes, como os dous ladróns, a Virxe María -acompañada ás veces de María Madanela-, os soldados romanos, o apóstolo san Xoán e outros elementos, como o Sol ou a Lúa. Cando a representación se limita á figura de Xesús cravado na cruz denomínase Cristo ou crucifixo. A figura central pode aparecer en actitude sufridora ou triunfante. As primeiras representacións coñecidas da crucifixión de Cristo datan do s VI, como o evanxeliario de Rabbūla (Siria) e o ampullario de Monza e Bobbio, de orixe palestina, onde Cristo aparece en maxestade. De influencia oriental son, entre outros, o fresco do s VIII de Santa Maria Antiqua (Roma) e o mosaico do s XII de San Marcos de Venecia. A primeira representación occidental é un evanxelario irlandés do s VIII. De maior complexidade son as figuracións dos marfís carolinxios, nos que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inscrición de carácter máxico que invoca o dano sobre unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representar a efixie de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imaxe ou representación dunha persoa ou dunha parte do seu corpo.

    2. Personificación dunha cousa ideal ou inmaterial.

    3. Execución que consistía en queimar a efixie do condenado ou en colgar dun pau o extracto do xuízo condenatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular do Pacífico meridional, situado ao N de Nova Zelanda, formado por máis de 300 illas, das cales a terceira parte están habitadas (18.272 km2; 817.000 h [2000]). As principais illas son Viti Levu (70% da poboación), Vanua Levu e Kadavu. A capital é Suva.
    Xeografía física

    Relevo, climatoloxía, hidrografía e vexetación
    As maiores illas son Viti Levu e Vanua Levu, que supoñen máis do 85% da superficie total. A maior parte das illas son de orixe volcánica e o seu relevo é montañoso. A maior elevación é o monte Tomaniivi (1.324 m) en Viti Levu. Numerosos ríos cortan a paisaxe montañosa e nos deltas pódense localizar solos moi fértiles. As illas máis pequenas están formadas por arrecifes de coral e calcarias. O clima é tropical, suavizado polos ventos do SL. A temperatura media anual é de 25°C e cunha precipitación duns 2.540 mm. A vexetación conforma unha densa pluviselva.
    Xeografía económica...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Fixi, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Fixi.

    3. Lingua do phylum austronesio da familia malaio-polinesia que se fala en Fixi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo científico enunciado por Carl von Linné e defendido máis tarde polo naturalista francés Georges Cuvier, que entende as especies como entidades naturais inmutables e de orixe independente. Esta proposta foi aceptada amplamente ata que se desbotou, a finais do s XIX, en favor do darwinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario do fixismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de ferir traspasando de parte a parte cunha arma de punta.

    2. Procedemento cirúrxico que consiste en atravesar e cortar nun só tempo os tecidos brandos de dentro cara a fóra. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO