"Gúín" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 102.
-
-
Referente ao aguinaldo.
-
Cada unha das persoas que van en grupo polas casas cantando o aguinaldo para recadar cartos, larpeiradas ou outros presentes.
-
-
-
Presente que se dá polo Nadal, Aninovo ou Reis.
-
Recompensa que se lle dá a unha persoa que realiza un traballo ben feito ou que anuncia boas novas.
-
Recompensa que reciben os grupos de xente nova que van pedindo polas casas dos veciños, de aldea en aldea, nas festas de Aninovo e Reis. No seu percorrido van cantando panxoliñas e outras cantigas populares, acompañándose de diferentes instrumentos musicais. O agasallo podía outorgarse en cartos ou en especies, celebrando todos xuntos as festas con el.
-
Canto que se encadra dentro do chamado ciclo do Nadal (tempo transcorrido entre o 24 de decembro e o 6 de xaneiro), acompañado musicalmente cunha gaita, acordeón ou cunha morea de instrumentos de percusión (cunchas, castañetas, ferriños, pandeiros, tapadeiras de olas, etc). Aparecen como coplas finais, aínda que noutrora existiron como cancións independentes, conservando o seu primeiro obxectivo: pedir cartos ou larpeiradas para a festa de Reis que se organiza unha vez rematado o ciclo.
-
Costume de Galicia no que se interpretan cantigas populares ou panxoliñas por parte de diferentes grupos, coñecidos como bandos, xuntas, aguinaldeiros ou ranchos, nos días de Aninovo e Reis. Se a persoa da casa á que se dirixen non ofrece nada, entón improvisaban cantigas de maldicir: “Déanos o aguinaldo / aínda que sexa pouco / un touciño enteiro / e a metade doutro”.
-
-
PERSOEIRO
Político filipino. No ano 1896 tomou parte no levantamento contra os españois, pero tivo que someterse e asinar no 1897 o pacto de Biac-na bató. Despois da revolución de 1898 presidiu a efémera República Filipina. No ano 1901 fixérono prisioneiro por se resistir aos estadounidenses, cos que colaborara contra España. Durante a Segunda Guerra Mundial organizou un partido fascista filoxaponés, sendo capturado polos norteamericanos no 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da península do Barbanza pola beira noroccidental da Ría de Arousa, na parroquia de Aguiño, concello de Ribeira. Está situada entre a península do Carreiro ao L e a Praia de Punta ao O.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribeira baixo a advocación da Nosa Señora do Carme.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista italiano, fillo do tamén humanista lombardo Gasparino Barzizza. En 1432 entrou ao servizo de Afonso o Magnánimo e en Milán ocupou a cátedra que fora do seu pai (1435-1447). Francesco Sforza fíxoo protector dos seus fillos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que pertence a unhas comunidades ou asociacións de laicos cristiáns fundadas nos Países Baixos na segunda metade do s XII, axiña estendidas por Renania, Francia e Occitania. Cando se propagaron no s XIII algúns beguinaxes transformáronse en comunidades terciarias, principalmente franciscanas. A palabra pode proceder do holandés beggaert ‘mendigo’ ou ben do predicador Lambert Begh, quen no 1184 fundara en Liexa o primeiro beguinato para mulleres. A casa máis antiga que se coñece das beguinas foi fundada en Louvain en 1220. As beguinas eran mulleres, que inicialmente proviñan de sectores urbanos acomodados, que dedicaban as súas vidas a fins sociais como o coidado de leprosos, enfermos e pobres. Caracterízanse por vivir en comunidade, consagrarse a Deus aceptando o celibato e dedicando a súa vida a obras piadosas. Non pedían esmolas nin facían votos perpetuos. Polo xeral, as autoridades eclesiásticas obrigan as beguinas a se incorporaren ás ordes terciarias, de xeito que fiquen...
-
-
Establecemento que acollía as beguinas.
-
Comunidade de beguinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás beguinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza popular das Antillas, orixinaria da Martinica, de ritmo binario (compás de catro), que se introduciu en Europa a comezos do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bucina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda da Coruña. As súas armas levan, en campo de goles, unha boguina. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Buguina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado que chega máis arriba do nocelo, aberto por diante e axustado por medio de cordóns.
-
PERSOEIRO
Pintor, coñecido como Perejaume. Tratou amplamente o tema da paisaxe emparentando os pintores románticos e os vangardistas. Dende a pintura accedeu a outras disciplinas como a fotografía, o vídeo e tamén a poesía e o ensaio (Ludwig Jujol, 1989). Entre as súas obras destacan: Pinacoteca 48 (1991) e Rambla 61 (1993). Encargouse da decoración da sala de butacas do Gran Teatro do Liceo de Barcelona (1999). En 1999 o Museu d’Art Contemporani de Barcelona dedicoulle unha exposición retrospectiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bucina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida entre 1975 e 1982 en Marín como voceiro dunha asociación cultural da vila. Tiña unha difusión xeográfica reducida e escasos medios económicos. Un dos seus fins era a promoción e normalización da lingua e cultura galegas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida entre os meses de novembro e decembro de 1997 en Vigo. Foi subtitulada como “Boletín bimestral do programa Urban do Concello de Vigo”. Escrita completamente en lingua galega, contén numerosos artigos dedicados á arquitectura da cidade olívica; entre eles, “O que lembramos do Vigo histórico” de F. Fernández del Riego, “Vigo: Notas de arqueoloxía urbana” de Ángel Acuña, “O Instituto Camões”, de Anabela Cardoso, “O Berbés dos anos vinte”, de Aubrey F. G. Bell, “Un Vigo maldito” de Méndez Ferrín, “A Historia dos lastros” de X. Ramón Iglesias Veiga e “Ó redor da oliveira” de Ernesto Montiel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cagainas.
-
GALICIA
Militar. Ingresou na Armada moi novo e participou en diversos enfrontamentos e combates durante a Primeira Guerra Carlista (1833-1839), como a Batalla de Bilbao (24.12.1836) ou o ataque e a capitulación de Irún e Fuenterrabía (17 e 18.12.1837). Bloqueou os portos de Cartagena, Alacant e Barcelona (1844) ao mando do bergantín Nervión, durante a sublevación centralista. Nomeado vicepresidente do almirantado (1873), recibiu pouco despois o título de comandante xeral da escuadra do Mediterráneo coa misión de combater a insurrección cantonalista. Desempeñou tamén a comandancia xeneral de Ferrol, de Cartagena, e La Habana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase á persoa que é parente doutra por teren ascendentes comúns.
-
Aplícase a cada un dos irmáns fillos dun mesmo pai, pero de nai diferente.
-