"GATT" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • Moeda de cobre de Venecia e doutras cidades do N de Italia cuñada a partir do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Intérprete de música wagneriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca de automóbiles de competición e de luxo fabricados nos obradoiros Bugatti de Molsheim (Alsacia) dende 1910 ata 1952. Foron moi valorados pola súa mecánica e estética; entre os modelos máis característicos están o 41-Royale (1927), un dos automóbiles máis potentes e luxosos do seu tempo, e o Bugatti 59 (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. No 1898 construíu un triciclo impulsado por dous motores. No 1910 fabricou o primeiro coche nun obradoiro de Molsheim (Alsacia), que logo se convertería na factoría de automóbiles de luxo Bugatti. En 1911 creou, con Peugeot, o motor Bébé Peugeot e foi o primeiro en empregar o compresor para sobrealimentar os motores dos coches de carreiras. Construíu tamén os primeiros automotores de combustión interna dos ferrocarrís franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor inglés. Foi aprendiz dun tallista en Sheffield e logo ingresou na Royal Academy de Londres. Realizou un gran número de bustos, entre os que destacan os de William Pitt, Sir Walter Scott (1828) e George Canning. Entre outras obras sobresaen Lady Frederica Stanhope at Chevening Church (1824) e a estatua ecuestre de Xurxo IV en Trafalgar Square (Londres, 1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo xeral sobre aranceis aduaneiros e comercio. Tratado multilateral de comercio asinado en 1947 en Xenebra por 23 estados e vixente ata 1994. Consolidouse como un organismo económico internacional e intergobernamental que trataba de eliminar o proteccionismo aduaneiro e a discriminación comercial entre os estados signatarios. No ano 1995 foi substituído pola Organización Mundial de Comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Profesor da Universidade de Friburgo, fixo valiosas achegas á síntese aromática de aldehidos e de cetonas. No 1897, xuntamente con Koch, ideou un procedemento de formilación, que se denomina de Gattermann-Koch e no 1907 unha variante deste que se coñece como síntese de Gattermann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de obtención de aldehidos, fenois, fenois éteres e outros compostos heterocíclicos por tratamento de substratos aromáticos, con HCN e HCl, en presenza ou non dun catalizador ácido. A reacción é: ArOr + HCN + HCl... RoArCHO + NH4 Cl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de síntese de aldehidos aromáticos que consiste na formilación de compostos aromáticos policíclicos mediante HCl e CO en presenza de ALCl3 e Cu2Cl2: ArH+CO... ArCHO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, cineasta e dramaturgo francés. A súa primeira obra, Le Crapaud-Buffle, na que incorporou técnicas cinematográficas, foi levada á escena polo Teatro Nacional Popular de Jean Vilar en 1959. A súa obra, marcada por unha orientación política libertaria, tamén explorou a dimensión formal da escrita e da creación teatral. Despois da publicación en 1970 do seu Petit manuel de guérilla urbaine iniciou unha etapa na que organizou traballos de creación colectiva nos que introduciu elementos fílmicos, consonte o desenvolvemento da súa carreira como director de cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano, marqués de Gattinara. Embaixador de Maximiliano I de Austria fronte a Luís XII de Francia e Fernando o Católico, foi conselleiro de Margarida de Austria, xunto coa que preparou a elección imperial de Carlos I. Primeiro presidente do Parlamento de Borgoña (1508) e gran chanceler imperial desde 1518, realizou, sen éxito, unha reforma da administración de Castela e intentou impor unha moeda única en todos os territorios imperiais. Foi o artífice das sinaturas do Tratado de Windsor (1522) con Inglaterra, da Paz de Cambrai (1529) con Francia, da Paz de Barcelona (1529) co papa, e da de Boloña (1529) cos ducados de Milán e Xénova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica italiana realizada en 1963. Foi dirixida por Luchino Visconti e interpretada por Burt Lancaster, Claudia Cardinale, Alain Delon, Paolo Stoppa, Rina Morelli e Romolo Valli. A película encádrase na época histórica do Risorgimento, e reflicte perfectamente os modelos sociais da época. O filme transmite unha mensaxe política que se resume na frase que repiten varios personaxes, “Se queremos que todo quede como está, é necesario que todo cambie”. Esta película gañou a Palme d’Or do Festival de Cannes de 1963 e converteuse nunha das mellores obras de Visconti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlo Peroni.

    VER O DETALLE DO TERMO