"Galle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 217.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política de carácter conservador e católico, constituída oficialmente en Ourense o 8 de novembro do 1931, nunha xuntanza celebrada no Círculo Católico da cidade por iniciativa de destacados membros da burguesía local (comerciantes, propietarios, militares retirados, etc). Tiña como obxectivo o agrupamento do movemento conservador provincial baixo unhas únicas siglas, introducíndose no recén estreado xogo democrático da Segunda República como partido eminentemente católico, social e agrario, unificador de todas as clases sociais, sen restricións económicas ou laborais. Foi o primeiro grupo de significación dereitista aparecido en Ourense, e non tivo intención de estenderse polas demais circunscricións galegas. No seu programa político defendeu a liberdade de ensino e a pervivencia do sistema bicameral, empregando o Senado como a Cámara gobernativa representativa da vella organización política, protagonista política antes da proclamación da República. Sen dúbida, o obxectivo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cando se evoca a cabeceira desta revista, pese a que corresponde con outras publicacións menores de ultramar, hai que pensar, en primeirísima instancia, naquela publicación que aparecía en Madrid -outro ámbito máis próximo da emigración galega- o 15 de xaneiro de 1910. Pero esta revista lévanos, de modo ineludible, a un movemento, o movemento agrario e anticaciquil de idéntica denominación que o da revista, e a un persoeiro, o sacerdote axitador Basilio Álvarez, verbo aceso que dirixiu a publicación ao longo de toda a súa singradura. Acción Gallega, que leva como subtítulo “Revista quincenal, defensora de los intereses regionales”, naceu con vocación de combate agrario e mesmo se confirmou como portavoz do movemento, nela atopan eco todas as organizacións campesiñas de Galicia. Contou esta publicación con tres épocas ben diferentes, malia perseguírense en todas elas os mesmos obxectivos, os do movemento agrario Acción Gallega: A primeira época, de curta duración xa que...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación semanal bilingüe aparecida na Habana no 1910 e editada pola colonia galega presente en Cuba, principalmente seguidores de Basilio Álvarez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación da Casa de Galicia de Bos Aires, editada entre o 24 de xuño de 1920 e decembro de 1925 e dirixida por Antonio R. da Fraga, Manuel do Río Candamo e Rodolfo Prada. A partir do número 17 dirixiuna Pedro F. García. Nela colaboraron Blanco Amor, Xoaquín Pesqueira, R. Conde Salgado, Fortunato Cruces, Antón Zapata, Victoriano Taibo e Antón Rey Soto, entre outros. Tamén narracións de Xaquín Bacelo e Asieumedre xunto con traducións de textos de Tagore e Whitman.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista subtitulada “Suplemento de Bahía Blanca” nada en abril de 1923 e da que saíron cinco números. Recóllense nela poemas de Ramón Cabanillas, Curros Enríquez e Xosé Rey González.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en marzo de 1900 en Lugo e subtitulado “Órgano de la Cámara Agrícola de Lugo”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade recreativa e cultural fundada en Bos Aires en 1913. O seu primeiro presidente foi Afonso Veiga. Dedicouse a desenvolver actividades lúdicas e instrutivas como clases de música, canto, pintura ou lectura. Celebrou tamén actos conmemorativos, homenaxes e exposicións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ó inicio da Guerra Civil Española, o número de refuxiados galegos en Asturias superaba os 7.000, destacando pola súa importancia os militantes e simpatizantes anarcosindicalistas. Este colectivo comezou a organizarse a comezos do inverno de 1936-1937, creando a Agrupación Confederal Galaica en Asturias coa intención de prestar asistencia a evadidos e promover a incorporación dos galegos residentes en Asturias a unidades militares controladas pola CNT. Na constitución da agrupación, participaron cadros moi coñecidos da CRG, como Alfonso Fandiño, de Santiago, Serafín Varela, de Lugo, Melquíades Lestón, de Porto do Son, ou Miguel Vázquez Valiño, de Noia. Andando o ano 1937, a Agrupación foi recoñecida con carácter informativo polo Comité Nacional da CNT cando xa contaba con cerca de 600 afiliados e unha delegación en Bilbao. Pouco antes da caída da fronte do Norte, o seu exemplo espallouse a Madrid, Valencia, Barcelona, Cartagena e Girona, onde entre 1937 e 1938 se artellaron as dúas Agrupacións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo teatral que principiou a súa andaina en 1926, ano no que presentou o espectáculo O menciñeiro, a partir do texto homónimo de Euxenio Charlón Arias e Manuel Sánchez Hermida, coa dirección de Emilio Nogueira. Nos anos sucesivos presentaron novos espectáculos creados a partir de textos representativos da dramática da época escritos por autores como Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré Alvarellos, Avelino Rodríguez Elías, Herminia Fariña Cobián ou Armando Cotarelo Valledor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Foi a pioneira das agrupacións de afeccionados galegos, xa que se constituíu en Vigo no ano 1946, anos antes de que este tipo de asociacións fotográficas proliferasen no resto de Galicia. Entre os seus membros fundadores estiveron, entre outros, José Bellver, Federico Bermúdez ou Benedicto Conde. Tivo a súa sede na rúa Eduardo Iglesias, ata o ano 1975 en que cambia para a actual situación na rúa Uruguai. A súa época de maior actividade e importancia fotográfica corresponde ao período no que Raniero Fernández é o seu presidente (1954-1969). Durante esta época foron membros destacados da asociación fotógrafos como Smidt de las Heras, Veiga Roel ou Ricard Terré. A actividade centrábase entón sobre todo na concursística. Organizábase anualmente o Salón Nacional e Ibérico, e celebrábanse exposicións como a de Otto Steinert ou a do grupo mexicano “La Ventana”. A estética que imperaba entre os fotógrafos da asociación era formalista, academicista, en ocasións pictorialista, tónica xeral neste...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual bilingüe da Habana fundada e dirixida por Antón Vilar Ponte no ano 1910.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano e representante da Casa de Galicia, publicada en Madrid nos anos dez do século XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal aparecida o 6 de xaneiro de 1917 dirixida por Luís E. Rey na Habana. Designábase “Órgano radical de las aspiraciones de la región”, e nela recollíanse traballos de Salvador Rueda e Xosé Mª Calveiro, amais doutros. Incluía poesía amatoria, temas da emigración e actividades do Centro Gallego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Montevideo e con diversos subtítulos: “Órgano oficial de la Sociedad Casa de Galicia”, “Boletín de Casa de Galicia” e “Revista de Casa de Galicia”. Tivo dúas épocas, a primeira dende o 1 de agosto de 1919 ata novembro de 1927 con 17 números publicados. A segunda dende decembro de 1934 ata outubro de 1967. Dirixida nun principio por Xosé María Barreiro, cambiou de director nas sucesivas edicións. Ademais de informacións sobre a propia Sociedade, incluíu algúns textos literarios en galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Madrid o 10 de novembro de 1931 e subtitulada “Revista quincenal ilustrada”. Dirixíaa R. Franco Montero, sendo xefe de información X. Rodríguez López. Amais das colaboracións de Otero Pedrayo e dunha sección chamada “Musa Galaica” onde se incluían poemas de Curros, de A. Camino e de Pero Meogo, publicáronse artigos autonomistas e discursos de A. Vilar Ponte, Suárez Picallo e Castelao. Apareceu tamén o humor, asinado por Xan d´os Contos e, por entregas, o Proxecto de Estatuto de Galicia.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual bilingüe editada pola Unión Progresista Gallega en decembro de 1939 na Habana e dirixida por Luís Reinante Losada. Subtitulábase “Revista mensual. Defensora del prestigio y de los derechos de los gallegos residentes en Cuba”. Substituta de La voz gallega (1937), aparecen novas dos emigrantes en Cuba, debuxos de Castelao e críticas políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe nada en Bos Aires o 6 de febreiro de 1898 como complemento de El Eco de Galicia (1892). Cesou no ano 1927. Fundada e dirixida por Manuel Castro López, contaba coa colaboración de Carré Aldao, Benito Fernández Alonso, Xesús R. López, Lence Santar, Leiras Pulpeiro e Murguía, xunto á participación artística de Asorey e Álvarez de Sotomayor, entre outros. Incluíanse textos en prosa sobre historia, costumismo e sociedade, traducións ao galego de textos bíblicos de Pérez Ballesteros e poesías de Curros, Pondal e Noriega Varela, entre outros. Ademais de partituras, fotografías, reprodución de cadros e debuxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe saída no ano 1909, dirixida e redactada por Adelardo Novo e Casimiro Fernández. Aparecían nel poesías de Francisco Añón, Rosalía, Curros Enríquez, Bieito Losada, García Ferreiro e Adelardo Novo, xunto a unha balada do mestre Chané. Informaba sobre persoeiros galegos en Cuba, agrupacións musicais, a historia das principais institucións galegas na emigración e ofrecía datos sobre as Sociedades de Instrución, cunha conclusión sobre o traballo dos galegos en Cuba nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre director de orfeóns. Comezou a súa traxectoria profesional como profesor no orfeón vigués La Oliva ata que no 1900 ocupou a súa dirección. No 1909 encargouse tamén da dirección do orfeón Sociedad de Agricultura de Teis. Despois de numerosas actuacións en Galicia, Madrid e Portugal, trasladouse a Bos Aires (1911) onde pasou a dirixir o Orfeón Gallego, a Agrupación Artística Gallega e o Orfeón Hispano-Argentino.
VER O DETALLE DO TERMO