"Hidalgo" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
GALICIA
Xornalista e crítico teatral. Comezou a súa andaina profesional como redactor de El Parlamentario e do Heraldo de Madrid, no que escribiu diversos artigos de crítica taurina co pseudónimo de Pepe Festivo e foi tamén correspondente do xornal bonaerense La Nación. Ao finalizar a Guerra Civil española exiliouse a Alemaña e Francia. En París foi locutor da radio e da televisión francesa. Da súa autoría son os diálogos radiofónicos La Rebotica e La tertulia del Café Dupont, dedicados aos exiliados republicanos, e tamén a comedia El triunfador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 2 de febreiro de 1848 que puxo fin á guerra entre EE UU e México. Trala invasión estadounidense de México, o goberno mexicano pactou a cesión de Texas, Nuevo México, a Alta California e parte do territorio de Tamaulipas a cambio dunha indemnización de 15 millóns de dólares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de México (20.813 km2; 2.235.591 h [2000]). A súa capital é Pachuca. A maior parte do estado inclúese dentro do altipalno meridional e o seu clima é, en xeral, seco. A rede hidrográfica, xerarquizada polo río Moctezuma, verte ao golfo de México. Os recursos minerais son moi abundantes, especialmente a prata, o cobre, o ouro e o ferro.
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que tiñan esta consideración social. Trátase da forma castelanizada correspondente ao apelido galego Fidalgo, que ten a súa orixe etimolóxica no galego medieval filho d’algo.
-
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito puntas. Outra variante ostenta, en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito puntas; bordo de goles, con dez cabezas de mouros da súa cor, con turbantes de prata. Outros levan, en campo de azul, un león rampante de ouro; bordo de goles, con catro castelos de ouro, un en cadanseu cantón do escudo, e catro aspas, do mesmo metal, unha no centro do xefe, unha en cada flanco e unha en punta.
-
-
PERSOEIRO
Revolucionario mexicano. Sacerdote desde 1778, fíxose cargo da parroquia de Dolores de Guanajuato, onde iniciou unha tarefa de educación popular e onde foron madurando as súas ideas independentistas. O 16 de setembro de 1810 lanzou o grito de Dolores, que significou o inicio da loita pola independencia. Derrotado polo exército realista, foi capturado e fusilado cando fuxía cara a Texas. Tralo establecemento da República mexicana en 1824 foi recoñecido como pai da patria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Foi director do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Arquéologo municipal de Vigo, ten publicado diversos estudios sobre a arte rupestre e castrexa, e a historia de Vigo en revistas especializadas. Foi coautor de As Raíces de Vigo: a prehistoria (1995), Arte rupestre no sur da Ría de Vigo (1999) e Vigo medieval: a idade media (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha.
-
GALICIA
Militar e escritor. Residiu en Filipinas, onde se posicionou a prol das tendencias separatistas. Así, colaborou co semanario La Solidaridad, voceiro de José Rizal Mercado e dos seus partidarios nas illas. Publicou Geografía general del archipiélago filipino (1872), El trovador del Ulla (1880) e Héroes de Filipinas (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e escritor. Foi coronel de infantaría e especializouse na elaboración de monografías históricas. Colaborador de Eco de Galicia e Galicia Moderna, publicou Peñafiel (1880), Horas de insomnio (1886), unha serie de contos e lendas, que se editaron como folletín en El Correo Gallego, e El collar de perlas (1908). Tamén escribiu algunhas composicións en galego, entre elas “Unha alma que se vai” (1907). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Veracruz, México, situada preto do golfo de México (151.739 h [1990]). Destacan na súa economía a refinaría de petróleo e as plantas petroquímicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Miguel Cervantes Saavedra. A primeira parte apareceu en Madrid a comezos de 1605, e a segunda en 1615, ambas editadas polo libreiro Juan de la Cuesta. O éxito da novela foi inmediato, e xa en 1605 Juan de la Cuesta tivo que publicar unha nova edición da primeira parte, mentres en Lisboa aparecían dúas máis sen autorización. A primeira parte traduciuse ao inglés en 1612, mentres que a obra completa reeditouse en numerosas ocasións en castelán e nas restantes linguas cultas do mundo. O Quixote representa unha parodia dos libros de cabalarías, tan de moda na época, e marca o inicio do seu declive definitivo; ademais, a novela transloce o concepto renacentista e clásico dunha arte literaria nova e moderna. O que nun principio ía ser unha máis das súas coñecidas Novelas Ejemplares, converteuse co tempo nunha inmensa obra, dotada duns recursos temáticos, estilísticos e estruturais sen precedentes. O fidalgo Alonso Quijano vólvese tolo coa lectura dos libros de cabalarías, o...