"IFR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 56.

  • PERSOEIRO

    Sofista grego. Polemizou con Epicuro e foi contemporáneo de Luciano. É moi lembrado por ter escrito unhas supostas cartas de labregos e cortesáns, escritas en dialecto ático e con un estilo a miúdo humorístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de oposición ao franquismo, sistema político vixente en España entre 1936/1939 e 1975/1977. Aglutinou un conxunto heteroxéneo de forzas políticas (Partido Comunista de España, pequenos grupos socialdemócratas e democrata-cristiáns liderados por persoeiros do Réxime, etc) e de movementos sociais (sindicatos obreiros, cristiáns de base dende o Concilio Vaticano II, etc). O movemento antifranquista manifestouse tamén a través da loita guerrilleira (Foucellas, Piloto, etc) e desde o estranxeiro (manifestacións a prol da democratización de España, goberno republicano no exilio, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que manifesta oposición ao franquismo.

    2. Militante da oposición ao réxime franquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura literaria que consiste no emprego dun enunciado cun sentido contrario do que se deduce da interpretación literal. Por exemplo: Mira que xigante! (referíndose a unha persoa especialmente baixa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á antifrase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás aliaxes metálicas utilizadas en pezas suxeitas a rozamento provocado por desprazamento. Destínanse sobre todo ás chumaceiras que soportan árbores en rotación, cabezas de bielas, etc. As aliaxes antifricción teñen que presentar dureza para poder reducir o rozamento. Tamén deben minimizar as posibilidades de enferruxamento, é dicir, ser plásticas. Dese xeito poden asegurar o axustamento automático das pezas que rozan, así como compensar pequenos defectos de aliñación ou irregularidades da superficie e conseguir a incrustación de partículas estrañas. Deben ser, ademais, bos condutores térmicos, para evitar quentamentos excesivos. As aliaxes antifricción comprenden tres grupos principais: aliaxes a base de estaño (80-92%), antimonio (3-15%) e cobre (3-10%); aliaxes nas que o chumbo substitúe o estaño e o cobre, totalmente ou en gran parte; e aliaxes nas que o principal constituínte é o cobre. Nestes casos, trátase de bronces ordinarios (cun 5-15% de estaño) ou especiais (fosforosos...

      1. Metal antifrición.

      2. antifricción autolubricante

        Calquera das aliaxes de antifricción que se obteñen pola metalurxia de pos que, en virtude da súa porosidade, poden impregnarse de aceite para converterse en autolubricantes. Os máis usuais son os bronces (90% Cu-10% Sn).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber que, despois da conquista do N de África polos musulmáns, obtivo a soberanía en Tilimsen (750?) e adoptou o credo kharigita. Unha rama desta dinastía sostivo a Taifa de Ronda (1039-1059).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dúas faces ou dúas frontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debilidade extrema da iniciativa, do interese e da actividade psicomotora, provocada por determinadas alteracións psíquicas e do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tocar o chifre ou asubiar coa boca imitando o son deste instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que emite un son agudo cando se sopra nel. Usábano frecuentemente os capadores e os afiadores para anunciar a súa presenza cando chegaban a unha vila ou aldea. Está formado por varios tubos de diferente lonxitude unidos e furados no extremo superior e tócase pasando o labio inferior por eles de esquerda a dereita e viceversa, á vez que se sopra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘fillo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos caracteres do sistema decimal que representan unha cantidade.

      2. Calquera cantidade en números.

      1. Código de signos convencionais con significado secreto ou non transparente.

      2. Explicación que permite entender unha mensaxe cifrada.

    1. Método simplificado de escribir música. Ex: Escribiume a partitura para guitarra en cifra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precipitación, xa sexa en forma de neve ou de chuvia, que vai acompañada de vento frío e forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escribir unha mensaxe en clave. Ex: Fun a correos para que cifrasen o telegrama.

    2. Determinar a contía dalgunha cousa, especialmente perdas ou ganancias, en cifras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer chuvia ou neve acompañada de vento forte e frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guisado feito con talladas de carne de año ou cabrito que, despois de medio cocidas, se friten e sazonan con especias e vinagre. É unha comida típica de Nafarroa.

    VER O DETALLE DO TERMO