"ILS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 58.

  • Universalmente coñecido polo seu nome comercial de aspirina. Sobre o organismo ten efecto analxésico, antiinflamatorio, antipirético e antiagregante plaquetario. Tamén pode provocar efectos secundarios como a produción de úlceras gástricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora austríaca. Pertenceu ao Grupo 47 ata a súa disolución. A súa obra, que mestura o mundo real co imaxinario, o consciente co inconsciente, está influenciada por Kafka, Beckett e Ionesco. Escribiu a novela Die grössere Hoffnung (A máis grande esperanza, 1948), e os libros de contos Rede unter dem Galgen (Discursos á forza, 1952), Eliza, Eliza (1965), Nachricht vom Tag (Noticia do día, 1970), Schlechte Wörter (Palabras máis, 1976) e Meine Sprache und ich (A miña fala e eu, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster dun ácido sulfónico derivado dun hidrocarburo aromático alquilado. Na industria dos deterxentes sintéticos, esta denominación aplícase especialmente aos alquibencensulfonatos non biodegradables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na industria dos deterxentes sintéticos, denominación xenérica dos alquilbencesulfonatos facilmente biodegradables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e erudito ilustrado. Iniciou a súa formación científica e humanística en Toulouse e completouna en París, onde exerceu o cargo de secretario do embaixador de España. Foi director de Matemáticas na Academia de las Nobles Artes de San Fernando e redactor xefe do Mercurio Histórico y Político. Distinguiuse pola súa tarefa de difusión da cultura científica na Península Ibérica, onde as súas obras foron adoptadas como libros de texto polos colexios e polas universidades, especialmente os Elementos de matemáticas (10 volumes, 1772-1783) e os Principios de matemáticas (3 volumes, 1776). A súa independencia de criterio fixo que fose condenado pola Inquisición, que o acusou de ateísmo e de materialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico ruso. Coñécese polos seus traballos sobre a estrutura dos hidrocarburos cloratos. É autor do Handbuch der organischen Chemie (Manual de Química Orgánica, 1880) que, revisado e actualizado, constitúe unha obra básica de consulta nos traballos desta disciplina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba que indica a presenza de halóxenos nun composto orgánico que, ao se quentar sobre un fío de cobre na chama oxidante dun chisqueiro, desprende unha coloración verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Meteorólogo norteamericano. Publicou monografías sobre a estrutura dos cristais de neve (desde 1902), dos que fixo máis de 5.000 microfotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador francés. Foi profesor de paleografía e arqueoloxía na Université de Bordeos. Publicou diversos traballos, entre os que salientan L’archéologie du Moyen Âge et ses méthodes (A arqueoloxía da Idade Media e os seus métodos, 1900) e Précis d’archéologie du Moyen Âge (Elementos de arqueoloxía medieval, 1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, no Maresme, na vertente S da Cordillera Litoral, (7 Km2; 3.756 h [1996]). O termo está bañado por numerosos regos como o de Cabrils, que desembocan no mar. Cultívanse árbores froiteiras, amorodos e flores. Na industria destacan as súas fábricas de tecidos e tinturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (17.536 h [1996]). A costa, duns 9 km de lonxitude, comprende a praia de Cambrils e unha parte da praia de Salou. O terreo, rodeado polos cumios de Llaveira e Prades, constitúe practicamente unha chaira. No que respecta ao cultivo da terra, o regadío desprazou progresivemente o secaño e produce principalmente hortalizas e froitas (sobre todo abelás), mentres que a gandería se centra nas granxas de avecío e porcinas. A pesca é unha importante actividade económica, da que se obteñen anualmente unhas 1.500 toneladas de peixe. A industria dispón de diversas fábricas de xeo, de industrias subsidiarias da actividade pesqueira, de bebidas, do moble, do metal e do vidro. Non obstante , o turismo é a principal actividade económica, o que propiciou que o municipio fose un centro comercial e de servicios importante. Este municipio data da época romana tal e como demostran os importantes restos arquelóxicos atopados en Llosa. Foi sometido polas tropas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propostas de paz, anunciadas o 8 de xaneiro de 1918 polo presidente dos EE UU Woodrow Wilson perante o Congreso. Tiñan como obxectivo establecer as bases dunha paz xusta e duradeira despois da Primeira Guerra Mundial. Sinteticamente, os catorce puntos pedían: a renuncia á diplomacia secreta mediante a firma de convenios abertos entre os países, que debían acadarse publicamente; a liberdade de navegación fóra das augas territoriais; a supresión das barreiras comerciais internacionais e o establecemento dun réxime de igualdade nas relacións comerciais das nacións defensoras da paz; unha redución do armamento ao mínimo necesario para a seguridade interior de cada estado; a solución das reivindicacións coloniais atendendo tamén á poboación colonial; a evacuación por parte de Alemaña do territorio ruso con garantía de autonomía; a restauración de Bélxica; a evacuación de Francia e a devolución da Alsacia e Lorena; o reaxuste da fronteira italiana seguindo liñas de nacionalidade claramente recoñecibles;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario sueco. Dirixiu o alzamento dos campesiños na provincia de Småland contra Gustavo I Vasa (1542-1543). Sufocada a revolta, foi apresado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro sueco. Realizou os seus estudios no Chalmers Institute de Gothenburg. Traballou na Gas Accumulator Company na que acadou o posto de enxeñeiro xefe (1906) e, posteriormente, o de director xerente (1909). En 1909 conseguiu sintetizar o agamassan, produto capaz de absorber o gas acetileno, feito que permitiu o seu transporte sen risco de explosión; tamén perfeccionou a turbina de vapor de Laval. En 1912 recibiu o Premio Nobel de Física pola invención dun regulador automático empregado na iluminación de faros e boias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Letonia, drenada polo río Daugava (120.152 h [estim 1995]). A base da súa economía é a industria, principalmente os sectores téxtil, alimentario e de fabricación de maquinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto incoloro, que se obtén por oxidación do sulfuro de dimetilo, con punto de fusión de 18°C e punto de ebulición de 153°C. Emprégase como disolvente e na síntese orgánica. Tamén se coñece coa abreviatura DMSO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse con Pöppelmann en Dresde e Varsovia. Como arquitecto da corte dinamarquesa proxectou o conxunto urbano de Amalienborg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do län de Södermanland, Suecia, situada á beira do río homónimo (88.027 h [1999]). É un importante núcleo industrial, onde destacan a siderurxia e a fabricación de instrumentos de precisión, de motores e de armamento. Do seu patrimonio cultural destacan as esculturas viquingas de Sigurd no lago Mälaren (1040), a antiga cidade de Eskilsuna, da época medieval, e as forxas de Rademacher (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político uruguaio. Dirixente do Partido Blanco, foi senador en 1968 e candidato nas eleccións presidenciais de 1971. Durante a ditadura nos anos setenta foi un dos principais líderes no exilio. Cando regresou ao país como candidato ás eleccións presidenciais de 1984 foi detido e inhabililitado politicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Fundou en 1929 o Institute of Medieval Studies de Toronto. Centrou os seus estudios no tomismo, do que estudiou a primacía da existencia na concepción do ser, e na análise do trasfondo medieval na filosofía moderna. Das súas obras destacan Le Thomisme (1922), L’Esprit de la philosophie médiévale (1932) e D’Aristote à Darwin et retour (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO