"Ibi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 264.

    1. Calidade de accesible.

      1. Concepto utilizado para facer referencia ao grao potencial de interacción dun espazo determinado (núcleo de poboación, comarca, rexión, etc...) co resto dunha unidade territorial de escala maior á que pertence. Mídese mediante relacións de mobilidade e a través dunhas infraestruturas e medios de transporte específicos. Tense cada vez máis en conta o papel da accesibilidade (en relación coa facilidade de circulación de persoas, mercadorías e información) no desenvolvemento económico do territorio, permitindo a difusión de capital e innovacións dende os espacios centrais ás áreas periféricas. É necesario destacar a importancia que no futuro terán as novas tecnoloxías, que posibilitan a existencia de fluxos de capital e información a través de redes informáticas e telemáticas. O carácter deslocalizado e a homoxeneidade espacial no acceso a estas redes permite competir en pé de igualdade a espacios periféricos, como é o caso de Galicia, cos principais centros económicos e de decisión a nivel...

      2. accesibilidade de Galicia co exterior

        A deficiente accesibilidade de Galicia co resto de España e, por extensión, co resto de Europa, ten sido dende sempre un dos principais factores apuntados para explicar a situación periférica e o tardío desenvolvemento de Galicia. Tralo declive das comunicacións marítimas no s XVIII e o auxe da mobilidade a través das vías terrestres, Galicia pasa a ocupar unha situación de marxinalidade. A periférica situación xeográfica respecto aos centros de poder peninsulares, unha orografía que opón dificultades ao trazado das vías de comunicación entre Galicia e a Meseta e a marxinación nos investimentos por parte do Estado, foron factores decisivos para explicar a mala accesibilidade que, de xeito crónico, padeceu o país, tanto por estrada como por ferrocarril. No que respecta ao transporte por estrada, claramente maioritario hoxe en día, no Plan Director de Infraestruturas (documento de planificación de infraestruturas a realizar entre 1993 e 2007 polo Ministerio de Obras Públicas e Transportes),...

      3. accesibilidade interna de Galicia

        A accesibilidade interna do territorio galego experimentou un grande avance nos últimos tempos, grazas ás melloras realizadas na rede de estradas. Consistiron basicamente na construción de autoestradas, autovías e vías rápidas, modificacións de trazados, ancheamento de plataformas, melloras no firme, etc... Non obstante , a maior parte dos investimentos tenden cada vez máis a concentrarse na metade occidental e, dentro dela, no Eixo Atlántico, un espazo que se desenvolve entre Ferrol e a fronteira portuguesa, incluíndo importantes cidades galegas (Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo), e que coas cidades do Norte de Portugal, lideradas por Porto, constituiu un grupo de presión así denominado, para defender os seus intereses diante dos seus respectivos gobernos centrais e as comunidades europeas, xestoras dunha importante porcentaxe dos orzamentos dedicados ás infraestruturas. Nel concéntrase o 70% da poboación galega e o 75% da riqueza xerada....

    2. Concepto da lóxica que se aplica na teoría literaria, aludindo á literatura de fición, á concepción de mundos posibles, referíndose as relacións de accesibilidade aos elementos que identifican as relacións dun mundo considerado posible verbo doutro asumido como real, e ao xeito no que esa posibilidade se establece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Póla do acivro que se corta na noite de san Xoán ás doce en punto que se pasa trece veces por baixo das ondas do mar, rezando un credo de cada vez, serve para acadar o amor da rapaza á que se lle entrega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade que teñen certos escritores de estudar moi fondamente as materias que tratan e de apreciar o valor xusto dos argumentos e dos textos nos que se fundamentan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘a vontade, a gusto, como se queira’. Emprégase, sobre todo, na linguaxe artística e musical coa formula interpretación ad libitum ‘interpretación a vontade do intérprete’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de admisible, do que é aceptable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asignar algo a alguén.

    2. Atribuír a unha persoa ou cousa a un grupo determinado, unha época, unha corrente, etc.

    3. Destinar algo ou alguén ao servizo dun corpo ou dunha entidade.

    4. Incorporarse ou formar parte dunha organización ou entidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político ateniense. Fillo de Clinias, sobriño de Pericles e discípulo de Sócrates. Durante as Guerras do Peloponeso loitou en Potidea e en Delio. Trala Paz de Nicea (? 421) comezou a súa actividade política como demócrata, enfrontándose a Nicias. Logrou romper a tregua con Esparta e foi nomeado estratega para as costas do Peloponeso. Posteriormente, dirixiu unha ousada expedición contra Sicilia (415). Acusado de impiedade polos seus adversarios, fuxiu a Esparta, onde traicionou os seus compatriotas, que foron vencidos polos siracusinos en Sicilia e polos espartanos en Decelea. Tampouco durou a súa alianza con Esparta, polo que se puxo baixo a protección do sátrapa Tisafernes. Dirixiu un complot de tipo oligárquico para conseguir o poder en Atenas, pero fracasou. Nomeado estratega da escuadra de Samos, logrou vencer os lacedemonios nas batallas de Cinosema (411) e Cícico (410). No 408, á súa volta á Atenas, foi elixido xeneral en xefe das súas forzas militares; responsabilizado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de alible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘alí’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo vasco. Actor, director e autor, participou no intento de consolidar un teatro moderno en lingua vasca, e deixou unha trintena de pezas entre orixinais de xénero humorístico, libretos de ópera, traducións e adaptacións. Son exemplos: Aterako gera (Partiremos, 1888), Bost Urtian (En cinco anos, 1922), Irritza (adaptación de Macbeth, 1924) e outras obras. Foi director da Academia de la Lengua y Declamación Vasca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz de teatro e cine sueca. Bergman incorporouna ao Stadsteater de Malmö en 1953. No cine traballou para Gustaf Molander, Alf Sjöberg e, principalmente, para Ingmar Bergman.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode vivir no medio terrestre e no acuático.

    2. Vertebrado da clase dos anfibios.

    3. Clase de vertebrados, anamniotas e ectotermos, caracterizados por ser tetrápodos de pel espida, húmida (o que lles permite ter respiración cutánea) e glandular. A necesidade de manter constantemente húmida a pel leva os anfibios a vivir en zonas máis ou menos húmidas e a ser maioritariamente nocturnos. A reprodución realízase na auga na maioría das especies, mediante unha fecundación xeralmente externa. Os ovos desenvólvense normalmente na auga. Na maioría das especies existe, trala a eclosión do ovo, unha fase de desenvolvemento larvario acuático, ao final do que ten lugar a metamorfose, da que xorde o individuo de vida terrestre. Durante a metamorfose cambian gradualmente de organización: as larvas acuáticas, anatómica e fisioloxicamente moi parecidas aos peixes, adquiren extremidades, perden as branquias (na maioría dos casos) e adquiren tamén pulmóns. Os anfibios presentan distintos sistemas de defensa: poden ter na pel glándulas produtoras de veleno -e entón adoitan presentar coloracións...

      1. Que ten unha dobre natureza, forma de ser ou actuar.

      2. Dise das tropas que son trasportadas en vehículos anfibios desde o barco de transporte e que, unha vez desembarcadas, están preparadas para combater con plena eficacia.

      3. operación anfibia

        Operación militar conxunta na que participan forzas navais e terrestres dirixida contra zonas costeiras, portos ou illas dominadas polo inimigo.

      4. vehículo anfibio

        ehículo capacitado para moverse por terra e por auga. A maior parte dos vehículos anfibios están deseñados cunha finalidade bélica e empréganse para os desembarcos, dende barcos de transporte, e tamén para atravesar ríos e zonas pantanosas. Poden ser do tipo aeroescorregante ou de deseño máis parecido aos vehículos terrestres. É o caso do avión anfibio e do helicóptero anfibio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos organismos que poden vivir en distintos medios segundo a fase do seu ciclo vital na que se atopen; como algúns insectos que teñen fase larvaria acuática e fase adulta terrestre, ou algúns peixes que para completar o seu ciclo reprodutivo teñen que realizar migracións entre o mar e o río (anguía, salmón, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectáculo teatral producido e realizado en 1994 pola compañía Chévere a partir dun libreto de Pepe Sendón e con música de Fran Pérez. Inicialmente foi interpretado por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Fran Pérez, Pepe Sendón, Manuel Cortés, Carlos Santiago e Xron, con acompañamento musical ao piano de Suso Alonso. Recollendo técnicas de interpretación en directo que fixeron populares, entre outros, Les Luthiers ou Golden Apple Quartet, os integrantes de Chévere -coa súa indubidable enerxía creativa- conseguiron converter a historia da iniciación sentimental de Lucas Tamara, príncipe herdeiro do Reino de Galicia, nun divertido, entretido e irreverente espectáculo musical que camiña entremedias da comedia e a opereta. En Galicia acadou un notable éxito de público e crítica e en 1996 recibiu o Premio da Crítica de Barcelona ao mellor espectáculo musical da temporada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • anaerobiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinación da sensibilidade aos antibióticos, que se aplica no estudo das bacterias e, ás veces, dos fungos. As técnicas máis empregadas baséanse en sementar sobre un medio sólido o microorganismo a estudiar; incorpóraselle o antibiótico, que impregna un pequeno disco de papel e, posteriormente, mídese a súa proliferación en torno ao disco de papel.

    2. Sensibilidade dos fungos, bacterias, etc, á acción dalgúns quimioterapéuticos (sulfamidas, nitrofurantoína, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de antagonismo que presentan diversas especies de microorganismos que viven no mesmo medio e que conduce á rápida eliminación dunha ou varias destas especies. Os microorganismos que provocan a situación de antibiose fano ao producir cambios osmóticos, de capilaridade, de pH ou de potencial de óxido-redución, ao bloquear algún factor imprescindible, coa liberación de catabolitos tóxicos ou coa síntese de substancias tóxicas específicas ou antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de enfermidades infecciosas con antibióticos ou, en xeral, con calquera axente antiinfeccioso. Para que un tratamento con antibióticos sexa eficaz, cómpre empregar un antibiótico ou antibióticos apropiados para cada infección, o que aconsella a práctica do antibiograma. A dose ten que ser suficiente e a duración do tratamento a adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos antibióticos.

    2. Substancia química producida por microorganismos como resultado dunha biosíntese específica, capaz de inhibir o crecemento doutros microorganismos ou de eliminalos, a baixas concentracións. Nun sentido máis amplo, considéranse tamén as substancias químicas obtidas sinteticamente ao modificar a estrutura dun antibiótico, e que posúen igualmente efectos antimicrobianos. Os antibióticos soen estar sintetizados e liberados como forma de antibiose por fungos, actinomicetos e bacilos esporuladores. A toxicidade dos antibióticos pode oscilar entre valores moi elevados e valores ínfimos. Os de baixa e media toxicidade pódense empregar na terapéutica de moitas doenzas causadas por microorganismos (bacterias sobre todo). Moitas enfermidades das plantas xa se combaten con antibióticos, e algunhas industrias alimentarias tamén os usan para preservar os alimentos; pero neste último caso cómpre asegurarse de que a derrareira preparación do alimento (cocción, etc) inactivará o antibiótico para evitar...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de apercibir.

    2. Facultade de apercibir.

    VER O DETALLE DO TERMO