"Irun" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Matemático, astrólogo e médico de orixe persa. O seu nome completo era Abū al-Ray ḥ ān Mu ḥ ammad ibn A ḥ mad al-Bīrūnī. Pertenceu á seita relixiosa e ao grupo da šu‘cubiyya (pobos non árabes) e defendeu a igualdade de todos os musulmáns. Construíu por primeira vez un picnómetro. Foi autor de libros de Astronomía e de Astroloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente os hirundínidos.
-
Ave da familia dos hirundínidos.
-
Familia de aves da orde dos paseriformes que teñen o corpo delgado, a cabeza aplanada e ampla, o pico curto, amplo e agudo, o pescozo curto, as ás longas e aguzadas, as patas febles e curtas, e a cola en forca. Comprenden as formas coñecidas co nome de andoriñas. Son gregarios, insectívoros e só paran en terra para recoller material para construír o niño. Destacan os xéneros Hirundo, Delichion, Riparia, Petrochelidon e Progne. Habitan en todo o mundo, excepto nos polos, as zonas desérticas e Nova Zelanda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de paseriformes de 20 cm de longo que pertencen á familia dos hirundínidos. Caracterízase por ter tronco esvelto, cabeza grande e pico curto, e presentar ás de gran voador. A cor do peito, ventre e subcola é branca. Son cosmopolitas, migradores e gregarios. A especie máis coñecida deste xénero é H. rustica, coñecida como andoriña.
-
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, situado no curso baixo do Bidasoa (56.601 h [2001]). Debido á súa localización, na fronteira con Francia, é un activo centro comercial. A antiga Uranzu quedou baixo a xurisdición de Hondarribia ata 1766. Foi escenario da Guerra da Independencia e das Guerras Carlistas. Durante a Guerra Civil Española ocupárona as forzas procedentes de Navarra en setembro de 1936. Do seu patrimonio cultural destacan a ermida de Santa Elena, Ben de Interese Cultural (BIC) desde 1984, as casas de Arbelaiz, Urdanibia e San Juan Acerri, todas elas BIC desde 1964, e a igrexa gótica de Nuestra Señora del Juncal, BIC desde 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Nafarroa, na confluencia dos ríos Sadar e Arga (183.964 h [2001]). A súa condición de capital rexional converteuna nunha cidade administrativa. Tamén é un destacado centro de ensino superior, grazas á Universidad de Navarra (que fundada en 1952 polo Opus Dei é unha das máis prestixiosas de España) e á Universidad Pública de Navarra. Fundada por Cneo Pompeio Magno en 74 a C no territorio dos vascóns, estivo dominada por visigodos e árabes. Foi incendiada polas tropas de Carlomagno (778). Capital do Reino de Pamplona, posteriormente Reino de Navarra, tivo unha época de esplendor no s XI ao converterse nun dos lugares importantes do Camiño Francés de peregrinación a Santiago e acoller colonias de mercadores estranxeiros (francos). Durante a Baixa Idade Media, as loitas entre os seus poboadores e os francos remataron en 1422, cando Carlos III de Navarra unificou as diversas entidades de poboación do núcleo urbano. Durante o s XX, o gobernador militar da cidade, o xeneral Mola, conseguiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Araba, Euskadi (1.953 h [2001]). A capital é Nanclares Oka, onde se localiza un gran centro penitenciario. O principal núcleo de poboación é Trespuentes, preto do que se atopan as ruínas do convento dos xeromes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Irun ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Irun.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada ao SO de Madras (135.762 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo volcánico de África central, ao N do lago Kivu, entre a República Democrática do Congo, Rwanda e Uganda. Na parte oriental hai seis volcáns apagados, entre eles o Kirisimbi (4.660 m), e na occidental dous activos, o Nyiragongo (3.480 m) e o Nyamlagira (3.058 m).
VER O DETALLE DO TERMO