"Itacio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 72.

  • Fenómeno hipotético de natureza similar á gravitación, pero de efecto contrario, que xurdiría da suposta existencia -aínda que non comprobada na práctica- de masas negativas e daría lugar a unha repulsión mutua entre os corpos de masa positiva e os de masa negativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de provocarse a un mesmo algún sentimento, paixón ou movemento.

    2. Nun xerador eléctrico, produción da corrente precisa para a propia excitación. Cómpre que os núcleos dos indutores teñan algún magnetismo remanente que inicie a corrente de excitación cando a máquina comeza a xirar. Emprégase nos xeradores de corrente continua (dinamos), mentres que nos alternadores se adoita dispoñer dunha máquina excitatriz acoplada axialmente a este, pero tamén se pode aproveitar a corrente alterna para a excitación mediante rectificadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de axitar ou axitarse.

    2. Estado de desacougo anímico provocado pola emoción, a angustia, o medo ou calquera sentimento intenso.

    3. Actitude da xente que se opón ou rexeita unha situación social coa que non está de acordo.

    4. Movemento desordenado dos electróns libres nun tubo electrónico, por causa do quecemento dos electrodos.

    5. Operación física, que se realiza nun axitador, consistente na produción de movementos irregulares e turbulentos nunha masa fluída, co fin de acelerar un proceso de mestura ou de transferencia. En todo proceso de axitación interveñen tres factores: forma da corrente do fluído orixinada polo movemento do axitador, cantidade de fluxo e grao de turbulencia. O tipo de fluxo depende principalmente da forma do axitador e do recipiente.

    6. Movementos irreflexivos, continuados e desordenados, que van acompañados dunha ampla sintomatoloxía psíquica; responden a impulsos instintivos ou afectivos variables, segundo as circunstancias patolóxicas en que se atopa o individuo. Nas formas graves, os actos da persoa axitada poden ser dunha gran violencia e chegar incluso á agresividade.

    7. Movemento desordenado que, en función da temperatura, presentan as moléculas de calquera substancia. Ao quecer un sólido aumenta a axitación térmica das súas moléculas ata vencer as forzas de cohesión que as manteñen unidas, pasando ao estado líquido; se a temperatura segue a aumentar, o movemento chega a ser tan intenso que as moléculas se independizan pasando ao estado gasoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO de Sevilla (62,55 km2; 4.950 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (oliveira e vides) e na gandería ovina e porcina. No termo está a ermida de Nuestra Señora de Cuatrohabitan, edificada sobre unha antiga mesquita almohade da que se conserva o minarete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de capacitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contribución persoal imposta sen ter en conta a posición económica do contribuínte e que, deste xeito, podía afectar mesmo aos que non tiñan bens nin negocios. Existía xa en Roma cos nomes de tributum in capita, capitatio ou pro capitibus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos relacionados coa aparición de cavidades no interior dunha masa líquida en movemento, cando a presión acada valores suficientemente baixos. É un fenómeno nocivo que condiciona fortemente o deseño de todo elemento hidráulico e pode aparecer na aspiración das bombas, na evacuación das turbinas, nas hélices mariñas, nas comportas e válvulas, etc. Experimentalmente, obsérvase a interferencia de dous fenómenos: o desprendemento de gases disoltos e a vaporización do líquido, que caracteriza propiamente a cavitación e que se produce cando a presión local se iguala coa tensión de vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de citar. Ex: A citación para comparecer nos xulgados chegoulle a primeira hora da mañá.

      2. citación de evicción

        Citación que se fai ao vendedor cando chega o momento da evición.

      3. citación de remate

        Dilixencia de xuízo executivo a través da que se dá un termo ao debedor para se opoñer á demanda.

      4. citación xudicial

        Convocatoria emitida por un xuíz ou tribunal a unha dilixencia xudicial -co lugar, data e hora de comparecencia-, para que alguén, nun prazo fixado, compareza nun proceso co fin de responder á acción que lle é proposta ou para pronunciarse acerca do obxecto que lle é proposto.

    1. Escrito no que se notifica esta orde. Ex: Mentres lía a citación tremíanllle as mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de cohabitar.

    2. Obriga xurídica nacida da natureza do matrimonio e que se constitúe sobre o feito de que os dous membros da parella vivan nunha mesma casa e nun mesmo leito. A imposibilidade de cohabitar produce unha presunción contra a paternidade.

    3. Situación na que formacións políticas de tendencias opostas comparten distintas instancias do poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de concitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precipitación parcial dun segundo sal conxuntamente cun primeiro, que é o único dos dous que sobrepasou o límite da súa solubilidade e que, xa que logo, tería que ser o único en precipitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de crepitar.

      1. crepitación cutánea/crepitación nívea

        Ruído semellante ao de pisar a neve e que se oe ao presionar a pel nos casos de enfisema subcutáneo.

      2. crepitación ósea

        Vibración producida polo rozamento dos extremos fracturados dun óso.

      3. crepitación pulmonar

        Ruído característico producido nas vías respiratorias en certas enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precipitación dunha substancia en solución, como as crioglobulinas ou algúns factores da coagulación no plasma sanguíneo, por mor da exposición a temperaturas moi baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condensación do vapor de auga do aire atmosférico sobre a superficie do solo ou das plantas, xa sexa en forma líquida (orballo) ou sólida (xeada). Nalgunhas rexións representa un recurso hídrico importante para a vexetación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de debilitar ou debilitarse.

    2. Transformación dun son noutro por comodidade articulatoria, xa que o novo non supón un esforzo menor, como, por exemplo, a sonorización e a fricativización das oclusivas. A debilitación dunha consoante pode facer que desapareza. Sincronicamente, o galego presenta alternancia entre as realizacións oclusivas sonoras [b], [d] e [g], que se presentan despois dunha pausa e dunha consoante nasal, e as realizacións fricativas sonoras correspondentes [β], [ð] e [γ], que se recollen nos demais casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de decapitar.

    2. Forma de execución da pena de morte que consiste en cortarlle a cabeza ao condenado. Antigamente, era o método máis empregado para executar os nobres ou señores, porque se consideraba non infamante.

    3. Fenómeno mediante o que un río captura ou asimila a cabeceira ou o curso alto da conca doutro río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de decrepitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de deleitar ou deleitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de delimitar.

      1. Conxunto de accións derivadas da facultade que teñen os propietarios para clarificar os límites dos seus terreos cos limítrofes dos seus veciños.

      2. delimitación administrativa

        Procedemento mediante o que a Administración pública determina os límites do dominio público ou privado. Esta actuación só establece estes límites, pero non resolve problemas de propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desparasitar.

    VER O DETALLE DO TERMO