"Kuš" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 31.

  • ILLAS

    Arquipélago do Xapón, no mar de Amakusa, na parte nororiental do mar de China, ao SL da illa de Kyūshū. Comprende unhas setenta illas e illotes. Os seus principais recursos económicos son a pesca e o arroz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xaponés. Destacan dentro da súa produción dous libros históricos, Han Kampu (1702) e Tokushiyoron (1712). Presenta un interese especial Seiyo kibun (1715), relación das conversas mantidas cun misioneiro italiano, onde amosa o seu coñecemento de occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Backus-Naur Form

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken homónimo, ao N da illa de Honshū, Xapón, situada na beira do río Abukuma (287.525 h [1997]). É unha rexión dedicada á sericultura e ao cultivo de árbores froiteiras (melocotóns). Posúe unha importante central nuclear. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, os budas do monte Shinobu, o templo Daizou-Ji e a casa Minka-En.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón, (13.783 km2; 2.137.000 h [estim 1998]). A capital é Fukushima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira de Afganistán que atravesa o país de L a O ao longo duns 600 km. Culmina no Tirich Mir a 7.750 m de altitude

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Da escola ukiyo-e, despois dunha etapa impresionista recibiu a influencia da pintura clásica chinesa e xaponesa e da europea. Fixo series de estampas de felicitacións e ilustracións para libros. Destacan, entre outras, Hokusai-Mangwa (1814-1848) e Trinta e seis vistas do monte Fuji (1831-1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ungurpils, Sīpoli, Letonia 1850 - Peterburgo 1879) Poeta romántico. Coñecido co pseudónimo de Auseklis, a súa poesía épica inspírase en temas e formas populares. Tentou resucitar a mitoloxía heroica letona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Nubia na época faraónica. Correspóndíase coa Alta Nubia e estendíase entre a cuarta e a segunda catarata do Nilo. O termo de Kuš apareceu por primeira vez nas fontes exipcias cara a 1970 a C. Durante o Segundo Período Intermedio (1786-1567 a C) aproveitando a invasión de Exipto polos hicsos constituíuse unha dinastía autóctona. Os faraóns da dinastía XVIII (1567-1320 a C), a primeira do Imperio Novo, recuperaron os territorios de Nubia perdidos e estableceron un vicerrei, denominado fillo real de Kuš, con autoridade sobre Uauat e Kuš. A dominación exipcia de Kuš rematou durante a dinastía XX (1200-1085 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Entidade territorial formada cara a mediados do s VIII a C   que se prolongou, aproximadamente, ata 350. Os seus límites estendíanse entre a primeira e a sexta catarata do Nilo, na rexión de Sennar, malia que nalgunhas ocasións a Baixa Nubia, entre a primeira e a segunda catarata, escapou ao seu control. Os especialistas déronlle este nome polo núcleo do territorio que correspondía co antigo Kuš dos exipcios. Isto explica o carácter africano da súa cultura, moi influída pola faraónica. Este carácter acentuouse a partir do s III a C cando os soberanos empezaron a ser enterrados en Meroe en lugar de en Napata. Unha gran parte da súa historia está mal documentada e as principais fontes sobre o Reino de Kuš son as faraónicas e as clásicas, mentres que as autóctonas, escritas en meroítico, resultan inaccesibles polo descoñecemento desta lingua. O epónimo da familia real cuxita foi Kašta (760 a C-751 a C), pero o creador do seu poder foi Py ou Piankhy (751-716 a C) que conquistou Exipto. Con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Blankenburg, Magdeburg 1911 - Dallas, Texas 1993) Físico. Foi profesor entre outras, nas universidades de Illinois (1931-1936), Columbia (1937-1941) e Texas (1972-1993) e traballou na Compañia Bell Telephone (1944-1946), na Westinghouse Electric Corporation (1941-1942) e na Universidade de Columbia (1942-1944). O cálculo do momento magnético do electrón e os seus refinamentos do espectro do átomo de hidróxeno valeulle a concesión, en 1955, do Premio Nobel de Física, que compartiu con W.E. Lamb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vyšnij Voločok 1874 - Boston 1951) Director de orquestra ruso e contrabaixista. Despois da revolución de 1917 marchou a París, desde onde procurou a difusión da ópera rusa por Europa. Dirixiu a Boston Symphony Orchestra (1924-1949) e é autor dun concerto para contrabaixo e orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía tokharia establecida en Bactriana no s I fundada polo soberano Kujulakasa, que se enfrontou aos partos e conquistou o val de Kābul, Kāpīsā cara a 50 e Gāndhāra cara a 65. O seu fillo Vimakathpisa estendeu os seus dominios cara a rexión de Punjab e mantivo contactos con China e co Imperio Romano. O principal soberano da dinastía foi Kanishka que, entre 123 e 153, ampliou os seus dominios cara a Asia central e   India setentrional, e favoreceu a expansión do budismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Hokkaidō,   situado na illa de Hokkaidō, na desembocadura do río Kushiro, Xapón (197.608 h [1997]). O porto natural formado no río constitúe unha base de operacións das flotas pesqueiras dos mares setentrionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de respiración moi profunda e ruidosa, propia dos estados clínicos, que cursa con intensa acidose diabética. Foi descrita polo médico alemán Adolph Kusssmaul (1822-1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Kazakhstán (221.400 h [1999]), situada á esquerda do río Togol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Kazakhastán (113.900 km2; 1.019.560 h [1999]). A súa capital é   Kustanaj.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sarajevo 24.11.1954) Realizador cinematográfico. O compromiso social e a realidade do seu país reflíctense na súa filmografía. Realizou os filmes Guernica (1978), Sjecas li se, Dolly Bell (Lémbraste de Dolly Bell, 1981), Otac na Sluzbenom putu (Papá está en viaxe de negocios, Palme d’Or de Cannes, 1985), Underground (Palme d’Or de Cannes, 1995), Crna macka, beli macor (Gato negro, gato branco, 1998) e Super 8 Stories (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada na beira dereita do Rin (160.841 h [2000]). É un importante porto fluvial. Formouse en 1930 da unión de catro núcleos e medrou de maneira importante grazas á creación dunha potente industria química.

    VER O DETALLE DO TERMO