"Leoncio" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
GALICIA
Arquitecto. De tendencia modernista, traballou na Coruña. Entre as súas principais construcións destacan a igrexa dos xesuítas, o colexio Labaca (1915), o Banco da Coruña (1923) ou o edificio Liñares Rivas (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tisiólogo. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou a maior parte da súa vida profesional en Venezuela, onde se exiliou por mor da Guerra Civil. Escribiu diversos artigos para revistas de divulgación científica relacionados coa tuberculose.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (695-698). Era estratega da Hélade, e foi elixido emperador polo Partido dos Azuis en 695, despois da revolta contra Xustiniano II. Durante o seu mandato Bizancio perdeu o dominio sobre Cartago, polo que foi destronado por Tiberio II en 698.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (s VII) Bispo de Saintes (590-640). Acolleu o bispo de Aleth, cando fuxía de Bretaña. A súa festividade celébrase o 19 de marzo.
-
PERSOEIRO
Bispo de Cesarea de Capadocia. Enfrontouse aos arianos na época do Emperador Constantino e foi martirizado xunto con santo Hilario. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no nome grego Leontios, derivado do adxectivo leontios ‘semellante a un león’, ‘leonino’. Teñen este nome san Leoncio (s IV), bispo e mártir de Cesarea (Capadocia), celebrado o 13 de xaneiro; e san Leoncio de Saintes (s VII), celebrado o 19 de marzo.
-
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Foi celeireiro na Coruña ata a exclaustración xeral de 1835. Deixou o convento para levar a cabo un destacado labor apostólico e foi capelán da confraría das Ánimas. Escribiu Colección de Sermones, inédita.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi reitor da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1980-1983), profesor universitario e director da Revista de Política Comparada. Foi cofundador e deputado do Partido Socialista Popular (PSP), parlamentario europeo polo CDS e embaixador de España ante a UNESCO e en Portugal (1995-1999). Escribiu Política y partidos en Chile: las elecciones de 1965 (1968), España 1970: perspectiva (1970), Por una sociedad democrática y progresista (1982), Los orígenes ideológicos del franquismo: acción española (1985), La transición política (1993) e Atando cabos: memorias de un conspirador moderado (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Participou nos preparativos do Levantamento de 1846 e mandou o exército do Sur. Despois da derrota da Batalla de Cacheiras, dirixiu o exército desde Ribadavia á Cañiza e nun descanso da tropa fuxiu xunto con outros oficiais a Portugal. Retornou amnistiado a España e acadou o grao de tenente xeneral de cabalaría. Militou na Unión Liberal e foi deputado en tres lexislaturas polo distrito de Ponte Caldelas (1858-1864) e pola sección de Vigo (1865-1866; 1869-1871). Recibiu a Orden de Isabel la Catolica (1856) e a Orden de Carlos III (1860).
VER O DETALLE DO TERMO