"Lodi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 50.

  • Xeneral romano que se atribuíu a divindade imperial á morte de Cómodo (193). Foi recoñecido polas provincias occidentais do Imperio Romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao alodio.

      2. Dise do señorío directo do alodio ou en alodio.

    1. Bens que se teñen en alodio.

    2. Termo do dereito xermánico relativo a alodio ou cousa total. Dise do patrimonio ou herdade libre de toda carga e dereito fiscal ou señorial de calquera tipo. Aplícase, especialmente, a herdades e patrimonios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición do dominio en alodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Termo tomado do dereito xermánico que significa ‘cousa total’, e que se refire á herdade, patrimonio ou cousa alodial.

      2. No sistema feudal, finca ou patrimonio libre de cargas e dereitos señoriais. Nos reinos medievais da Península Ibérica, a institución do alodio existiu sobre todo no val do Douro e en Catalunya.

    1. Inmoble que se ten en alodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise das células ou dos individuos que presentan unha ou máis parellas de cromosomas propios doutra especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arilo formado a partir do bordo do tegumento externo da semente, envolvendo o micrópilo.

    2. Arilo pequeno que forma un simple apéndice sobre a semente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán de Delhi, primeiro da dinastía afgana dos Lōdī (1451- 1526). Obtivo o poder trala abdicación (1451) do derradeiro sultán da dinastía dos Sayyid, ‘Ālam Šāh. Anexionou o Punxab e o Reino de Jaunpur. Sucedeuno o seu fillo Sikandar Šāh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación superficial en forma de pústula (cefalodio ectótrofo) ou incluída no talo (cefalodio endótrofo) que aparece nalgunhas especies de liques que teñen clorofíceas como algas simbióticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cefalodíscidos.

    2. Pterobranquio da orde dos cefalodíscidos.

    3. Orde de hemicordados, da clase dos pterobranquios, que comprende individuos mariños, coloniais, hermafroditas ou de reprodución asexual. Teñen o corpo dividido en protosoma, mesosoma e metasoma, e caracterízanse pola presenza dun disco adhesivo metasomático. Destaca o xénero Cephalodiscus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de hemicordados da orde dos cefalodíscidos. Os individuos deste grupo acadan entre 1 e 7 mm de lonxitude e viven reunidos en tubos xelatinosos que, con frecuencia, forman un sistema anastomosado; fíxanse ás paredes dos tubos mediante pedúnculos extensibles e sacan a súa coroa de tentáculos pola abertura daqueles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir galaico orixinario do convento asturicence. Segundo a tradición, foi martirizado baixo Diocleciano xunto aos seus irmáns Lupercio e Victorino, fillos do centurión san Marcelo, e todos eles santos moi antigos no culto hispánico (s VI). Na iconografía adoita representarse acompañado dos seus irmáns, vestidos os tres con túnicas de mozos romanos; levan como atributos unha palma e a espada do martirio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Besançon. Dos nove santos que levan este nome rexistrados polo martiroloxio romano, é o único non lendario. Foi abade do mosteiro de Saint-Oyend e logo arcebispo da vila francesa de Besançon. Aos sete anos renunciou ao seu cargo, tras lle dar pulo na súa diocese ao gusto polas letras e á práctica das virtudes. Participou no ano 517 no Concilio de Epaone e no 529 no de Lyon. Tivo sona de milagreiro. Na iconografía viste de bispo, coa mitra e a cruz, e leva como atributos un meniño resucitado aos seus pés, un cervo e un chifre. A súa festividade celébrase o 6 xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Claudius, nome da gens Claudia, familia patricia da antiga Roma á que pertenceron os emperadores Tiberio, Calígula, Claudio e Nerón. Esta voz deriva, á súa vez, do cognome Claudus ‘coxo’. Na etapa republicana xa se rexistra a súa variante popular Clodius, resultado da monotongación de au en o. Este prenome presenta as variantes Croio, Claudio/Claudia e Claudina, e o hipocorístico Quiniño. Entre os santos que levan este nome cómpre salientar, o mártir Clodio (s III), o arcebispo Claudio de Besançon (s VII), o mártir Claudio de Ostia (s III); e, entre as santas, a mártir Paflagonia Claudia (s IV), unha virxe e mártir con san Teodoto, e outra mártir romana do s I. San Clodio celébrase o 19 de abril e o 30 de outubro, e é titular de tres parroquias (unha na forma Claudio), mentres que Claudia se celebra o 20 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claude Michel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos Lorenzini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solución de piroxilina en alcohol e éter etílicos, nunha proporción de 4 g de piroxilina en 100 ml, dunha mestura formada por un volume de alcohol e tres de éter. Emprégase, entre outros usos, para fabricar películas fotográficas, para gravados e litografía, para confeccionar perlas artificiais e para recubrir pequenas feridas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Serviu como tribuno na cabalería dálmata e dirixiu a I e a IV lexións. Despois da morte de Caracalla (192 d C), gobernou na Britannia durante as loitas polo trono entre Didio Xuliano e Septimio Severo. Foi confirmado no seu cargo cando o Emperador Septimio Severo se instalou en Roma, pero despois da súa partida foi proclamado emperador coa axuda das lexións da Galia e de Hispania, e co apoio dos senadores e da plebe romana. Á súa volta de Oriente, Septimio Severo derrotouno e obrigouno a suicidarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno consistente na transformación dos pétalos, os estames ou as brácteas en follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao filodio.

    VER O DETALLE DO TERMO