"Netanya" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade de Israel, situada na costa mediterránea ao N de Tel-Aviv-Yafō (154.900 h [1998]). Fundada en 1928, as sucesivas inmigracións xudías ampliárona e déronlle carácter urbano. Orixinariamente dedicada ao cultivo de cítricos, é un centro de talla e puído de diamantes, unha das principais industrias do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político israelita. Despois da súa estancia en EE UU (1963-1967) regresou a Israel e combateu a Guerra do Yom Kippur (1973). Pasou a formar parte do Likud no comezo da década de 1980, e foi representante de Israel na ONU (1984-1988.) Este mesmo ano foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores. En 1993 foi escollido líder do Likud, e en maio de 1996 accedeu ao cargo de primeiro ministro de Israel ata 1999. Foi de novo ministro de Asuntos Exteriores (2002-2003) e, desde 2003, ministro de Facenda. A súa política caracterizouse polo mantemento de posturas pouco flexibles nas negociacións cos palestinos.
VER O DETALLE DO TERMO