"Nicomedes" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
GALICIA
Político e escritor. Fillo dun oficial do corpo administativo da Armada, fixo os seus primeiros estudios no colexio da Natividade de Viveiro e despois estudiou filosofía no seminario de Santa Catarina de Mondoñedo. Comezou os estudios de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidad de Alcalá de Henares en 1833. Protexido por figuras relevantes da política e da cultura, entre eles o galego Manuel Fernández Varela, comisario xeral de Cruzada, o xeneral Latre, capitán xeneral interino de Galicia, os escritores Quintana, Donoso Cortés, Espronceda, Larra, Pacheco e Estébanez Calderón, comezou unha carreira literaria e política que o levou a acadar gran sona nos medios románticos e a desempeñar diferentes cargos. Foi secretario do goberno político de Santander (1836), xefe político (gobernador civil) de Segovia (1838) e de Cáceres, onde tamén ocupou a intendencia (1839), e maxistrado na Audiencia de Valladolid. Tralo pronunciamento de 1840, viaxou a València para...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome persoal grego Nikomédes ‘que vence pola súa meditación’, do verbo nikáo ‘vencer’ e médos ‘meditación’. A súa festividade celébrase o 15 de setembro.
-
PERSOEIRO
Matemático grego. Descubriu a concoide dunha curva, que utilizou para resolver os problemas da duplicación do cubo e a trisección dos ángulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(ss III - IV) Mártir. Foi martirizado baixo o mandato de Diocleciano (303). A súa festividade celébrase o 15 de setembro.
-
PERSOEIRO
Rei de Bitinia (279?-250). Durante o seu goberno, conseguiu reunificar e helenizar profundamente toda a rexión de Bitinia. Foi o fundador de Nicomedia (264 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro rei de Bitinia (91-74 a C), fillo e sucesor de Nicomedes II. Aliado dos romanos, foi vencido (88 a C) por Mitridates VI de Ponto e tivo que abandonar a rexión, pero volveu coa axuda de Lucio Cornelio Sula.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nicomedes-Pastor Díaz Corvelle.