Dersu Uzala
Dersu Uzala
[IMAX]
Coprodución cinematográfica soviético-xaponesa realizada en 1975. Foi dirixida por Akira Kurosawa e interpretada por Youri Solomin e Maksim Mounzouk. É a historia dun cazador mongol que vive na taiga e é contratado por un militar para realizar labores de guía dunha expedición topográfica por distintas zonas de Siberia. Os protagonistas fanse amigos e o cazador vai vivir á cidade co capitán Arseniev, pero esa decisión cambiará a súa vida. Finalmente, morre ao intentar regresar á taiga e fuxir da cidade. Recibiu o Oscar á mellor produción estranxeira en 1975.