"Nigrán" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Que denigra ou ofende a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida no verán de 1992 no concello de Nigrán. Na súa edición participaron a Asociación de afectados do Ceán, a Asociación de veciños O Outeiro de Parada, a Asociación de afectados de Parada, a Asociación de veciños de Panxón e Aprodeval. Trátase dunha publicación reivindicativa e crítica coas administracións públicas. Serviu como medio para a denuncia da situación da comarca, tanto no que se refire a aspectos económicos, como a vertidos e contaminación, dereitos e deberes dos veciños, etc, acompañados de referencias á prensa galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Fiz que dá nome ao concello de Nigrán, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Vigo, situado no SO da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Pontevedra ( 42° 08’ 12” de latitude N e 8° 47’ 30” de lonxitude O). Limita ao N con Vigo (comarca de Vigo); ao S con Gondomar e Baiona (ambos os dous da comarca de Vigo), ao L de novo con Gondomar e, ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 34,8 km 2 c unha poboación de 17.668 h (2007), distribuídos nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Panxón, Parada, Priegue e A Ramallosa. A súa capital é Nigrán, situada na parroquia homónima, localizada a 49 km de Pontevedra e 107 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Vigo.
    Xeografía física
    O relevo caracterízase pola presenza, na área oriental e setentrional, dos contrafortes da serra do Galiñeiro, que actúan como divisoria local de augas e como fronteira cos concellos veciños, mentres que na área occidental, se sitúa na beira do Océano Atlántico....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Nigrán. Datada no s XVII, trátase dun edificio con planta en forma de L e escaleira no ángulo. Conta con patio interior e solaina na fachada sur. Experimentou reformas a finais do s XX, en que se engadiu unha galería nova na fachada lateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Cea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nigrán ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nigrán.

    VER O DETALLE DO TERMO