Foro de Nigrán-Miñor

Foro de Nigrán-Miñor
[PUBLIC]

Revista aparecida no verán de 1992 no concello de Nigrán. Na súa edición participaron a Asociación de afectados do Ceán, a Asociación de veciños O Outeiro de Parada, a Asociación de afectados de Parada, a Asociación de veciños de Panxón e Aprodeval. Trátase dunha publicación reivindicativa e crítica coas administracións públicas. Serviu como medio para a denuncia da situación da comarca, tanto no que se refire a aspectos económicos, como a vertidos e contaminación, dereitos e deberes dos veciños, etc, acompañados de referencias á prensa galega.