"ONG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso III de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome cristián que adoptou Nzinga Mbemba, Rei do Congo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso Nacional Africano.
-
CIDADES
Cidade do Lacio, actual Castel Gandolfo, fundada, segundo a tradición, por Ascanio, fillo de Eneas. Dela procedía Rómulo, fundador mítico de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta, poeta modernista e político. Embaixador da República Española, en Italia (1932-1934) e no Exipto (dende 1937), onde residiu como exiliado (dende 1939) ao rematar a Guerra Civil Española. En Barcelona foi un importante pero tardío teorizador do modernismo El futurisme (O Futurismo; conferencia, 1904), A estética arbitraria (1904-1905) e colaborou en El Poble Catalá baixo o pseudónimo Fòsfor. Fixo colaboracións no Imparcial, España e La Nación de Bos Aires, e libros como Verba (1918), prologado por Azorín. Cultivou a poesía e a narración, pero renunciou a dedicarse ao ensaio político-cultural e ao xornalismo. A partir dun revolucionarismo tradicionalista e estetizante decantouse cara a posicións políticas máis concretas e esquerdistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento que se pode alongar ou prolongar nun proceso de estiramento ou ampliación.
-
-
de alongar.
-
Dise dun órgano ou elemento máis longo do que é o ordinario no seu xénero.
-
Aquilo que está afastado de nós.
-
-
-
Que alonga.
-
Instrumento de laboratorio que consiste, esencialmente, nun tubo de vidro aguzado que se adapta ao colo dun balón e que se utiliza nas destilacións para facer pasar o destilado do refrixerante ao colector.
-
Peza que, colocada entre outras dúas ou nun extremo, serve para aumentar a lonxitude dun órgano, dun aparello ou dunha estrutura.
-
-
-
Acción e efecto de alongar ou alongarse.
-
Acción de facer algo máis longo ou dunha duración maior.
-
Afastamento ou distancia que se produce con respecto a unha determinada referencia.
-
Cociente entre o cadrado da envergadura e a superficie da á dunha aeronave.
-
Aumento da duración dunha realización fonemática producida por algunhas causas regulares e normalmente relacionadas co ton, intensidade e énfase emotiva. En xeral, todas as linguas presentan este fenómeno nas secuencias fonemáticas suxeitas ao fonema de cadencia, que se caracteriza por unha relaxación progresiva e un aumento compensatorio da duración.
-
-
Propiedade que teñen determinados materiais de alongarse cando están sometidos a cargas ou esforzos de tracción. En ensaios de materiais, o alongamento é definido como o aumento da lonxitude respecto á inicial que se produce na probeta, sometida á tracción. A probeta, baixo esforzos crecentes, experimenta un aumento da súa lonxitude ata que se produce a rotura.
-
alongamento de rotura Valor de alongamento no instante de producirse a rotura. Esta medida dá idea, por exemplo, da dutilidade e forxabilidade dun metal, esixido na fabricación de pezas que requiren unhas condicións determinadas de seguridade.
-
alongamento elástico No diagrama de carga-deformación do ensaio dun material a tracción, alongamento producido na zona de deformación elástica, onde se cumpre a proporcionalidade entre cargas e deformacións e onde desaparece o alongamento cando cesa a tracción.
-
alongamento local Alongamento medido unha vez ultrapasada a carga máxima e que se circunscribe na zona da probeta onde se formou a estrición.
-
-
...
-
-
-
Facer máis longo algo no espazo ou no tempo engadíndolle algunha cousa, estirándoo, facéndoo durar.
-
Prolongarse algo máis do previsto.
-
Aumentar a distancia con respecto a un punto determinado.
-
Afastarse na distancia con respecto a un punto de orixe.
-
Facer máis longo un discurso, un escrito, etc.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Liaoning, China, na desembocadura do Yalu, a carón da fronteira con Corea do Norte (503.900 h [1990]). Centro industrial e porto pesqueiro. A cidade conserva un núcleo antigo amurallado que se agrandou coa construción do ferrocarril a Corea, o que lle conferiu importancia estratéxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Kyongsang Setentrional, República de Corea, nas marxes do Naktong-gang, ao N de Taegu (188.452 h [1995]). Centro agrícola; tamén traballa coa seda e co cánabo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Rexión Central, Tailandia (968 Km2; 283.055 h [estim 1993]). A capital é Ang Thong (10.616 h).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea convocada por Bolívar, entre febreiro e decembro de 1819, na que se reafirmaba o desexo de crear unha Gran Colombia, integrada polos actuais Colombia, Ecuador e Venezuela. Bolívar foi nomeado Presidente provisional e foi promulgada a Constitución do novo estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada na costa nordés de Madagascar, está formada por unha fosa tectónica invadida polo Índico de 65 km de lonxitude e 30 km de anchura. No fondo da badía está o porto de Maroantsétra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso celebrado en Aquisgrán no 1818 polos plenipotenciarios de Gran Bretaña, Prusia, Austria e Rusia. Nel decidiuse retirar de Francia as tropas de ocupación que alí permanecían dende a derrota napoleónica e, ademais, asinouse un protocolo secreto que anovaba a Cuádrupla Alianza. Ao se adherir, a Francia de Luís XVIII ingresou na Santa Alianza.
-
PRAIAS
Praia do golfo da Masma situada ao NO da punta de Fazouro, na parroquia de Fazouro, concello de Foz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da ría do Barqueiro situada entre a punta Castelos ao L e o esteiro do Sor ao O, no concello do Vicedo.
VER O DETALLE DO TERMO