"OUA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 80.
-
PERSOEIRO
Sociólogo exipcio. Os seus traballos, caracterizados por unha metodoloxía marxista, tratan sobre os modos de relación entre superestruturas e infraestruturas, o imperialismo e a cuestión nacional. É autor de Egypte, société militaire (Exipto, sociedade militar, 1962) e Idéologie et renaisance nationale: l’Egypte moderne (Ideoloxía e renacemento nacional: o Exipto moderno, 1969). Empregou o concepto de especifidade, na súa obra Dialectique social (Dialéctica social, 1972), para analizar as diferenzas entre as sociedades nun mundo marcado por un proceso crecente de mundialización.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre francés. Profesor da clínica neurolóxica da Salpétrière de París (1947-1960). O seu nome pasou á asociación dunha sintomatoloxía pseudo-tabética e dunha espondilite (síndrome de Alajouanine-Françon).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Único xénero de primates platirrinos da subfamilia dos aluatinos, de cor castaña ou dourada, duns 1,30 m de altura e cola longa e prénsil, que viven nos bosques do Sur de América. É diurno e arborícola, a súa dieta é insectívora e fruxívora. Teñen a larinxe hipertrofiada, semellante a unha caixa de resonancia con potente aparello vocal, que lles permite emitir berros moi fortes. A especie máis característica é A. caraya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ndzouani.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grafía actual da localidade marroquí de Annual, onde se produciu a batalla coñecida como Desfeita de Annual.
-
PERSOEIRO
Histólogo e embriólogo. Foi profesor de Embrioloxía Comparada no Collège de France. Descubriu os cromosomas politénicos nas células das glándulas salivais das larvas de Chironomus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. De 1967 a 1968 foi membro do consello de administración do ORTF (Office de Radiodiffusion et Télévision Française) e conselleiro técnico do gabinete de G. Pompidou (1966-1968). Ademais, formou parte do Consello do Estado (1984-1988). Foi ministro de Economía, Finanzas e Administración do goberno de J. Chirac (1986-1988). Logo de vencer coa coalición de centro-dereita RPR-UDF nas eleccións lexislativas de marzo do ano 1993, accedeu ao cargo de primeiro ministro. Nas eleccións presidenciais de 1995 foi derrotado por J. Chirac e dimitiu do seu cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (5.570 km2; 224.958 h [1988]). A súa capital é Bongouanou (15.459 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático, epistemólogo e político francés. Profesor na Universidade da Sorbonne e na École Normale Supérieure de París a partir de 1903, director do Institut Henri Poincaré (1927) e membro da Académie des Sciences dende 1921. Formulou a base da moderna teoría da integración. Fundador dunha Collection de monographies sur la théorie des fonctions (Colección de monografías sobre a teoría das funcións, 1898), deu fundamento á integral de Lebesgue ao conseguir estender a noción de medida nos conxuntos, e obtivo a existencia de funcións monóxenas non analíticas. O Traité du calcul des probabilités et de ses applications (Tratado do cálculo de probabilidades e as súas aplicacións, 1925) introduciu novas nocións no cálculo de probabilidades e defendeu o empirismo matemático. Foi deputado socialista por Avairon (1924) e ministro de Mariña en dous gabinetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ficólogo. Foi un dos primeiros, xunto con Schwendener, en soster que os liques constitúen unha simbiose entre unha alga e un fungo. É autor de Études phycologiques (Estudios ficolóxicos, 1878) e de Révision de Nostocacées hétérocystées (Revisión de Nostosáceos heterocistas, 1886-1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da Costa de Marfil (3.980 km2; 165.822 h [1988]). A capital é Bouaflé (17.188 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento homónimo, na Costa de Marfil (450.594 h [1988]). Posúe diversos institutos de investigación sobre a gandería e as fibras téxtiles tropicais.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da Costa de Marfil (23.800 km2; 808.048 h [1975]). A capital é Bouaké.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muhammad Būkharrūba.
-
PERSOEIRO
Romanista francés. Estudiou fundamentalmente a lingua e a literatura gascona. Publicou Éléments de linguistique romane (Elementos de lingüística romana, 1910) e Précis historique de phonetique française (Compendio histórico de fonética francesa, 1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo francés. Nas súas obras satirizou os costumes burgueses. Da súa produción destacan: La prisionnère (A prisioneira, 1926), Le sexe faible (O sexo feble, 1929) e Père (Pai, 1944), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e médico francés. Interesado nas transmisións dos impulsos nerviosos na sinapse, dedicouse ao estudo dos contactos eléctricos imperfectos. Inventou o cohesor (1890), que Lodge (1894) e Marconi (1899) usaron nas primeiras transmisións radiotelegráficas. Intuíu a base física das antenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e fisiólogo francés. Estableceu que a orixe das fibras simpáticas se atopa na médula, foi o primeiro en demostrar que se pode provocar artificialmente epilepsia nos animais e definiu (1851) a síndrome orixinada pola hemisección da medula espinal, que leva o seu nome. No eido da endocrinoloxía estudiou as glándulas suprarrenais e suxeriu o uso de extractos de testículos para favorecer o rexuvenecemento en humanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento campesiño contra o goberno republicano francés, en defensa da monarquía e da relixión, que tivo lugar en Bretaña, Normandie, Maine, Anjou e Turena. Existiron dúas fases: entre 1793-1796, e un segundo momento entre 1797-1799. O alzamento recollía as tendencias adversas ao centralismo xacobino, a oposición aos ataques da Convención ao sacerdocio e a resistencia ao recrutamento militar. Sumáronse á insurrección de La Vendée. Foi duramente reprimido por Napoleón e desapareceu en 1801 despois da firma dun acordo. O termo deriva do alcume dun dos xefes, o bretón Jean Cottereau, chamado Chouan (‘curuxa’, en bretón).
-
PERSOEIRO
Psicólogo suízo. Profesor de psicoloxía e de pedagoxía na Universidade de Xenebra, en 1901 fundou, con Théodore Flournoy, Archives de Psychologie, a primeira revista francesa de psicoloxía. A súa teoría funcional da educación traduciuse, no terreo práctico, na escola activa, onde calquera actividade está baseada na necesidade e no interese do neno, e deu fundamentación psicopedagóxica ao movemento europeo da escola nova, do que formou parte. Creou, en 1912, o Instituto Jean-Jacques Rousseau, denominado posteriormente Instituto de Ciencias da Educación, centro de estudo da formación da moderna pedagoxía europea, ata o momento da Segunda Guerra Mundial, ao que acudiron moitos profesionais españois da educación baixo o impulso da Junta para la Ampliación de Estudios. Os inspectores de educación da Coruña (dos anos 20 e 30), José Peinado Altabre e Manuel Díaz Rozas, mantiveron contacto con E. Claparède. Entre as súas obras están L’association des idées...
VER O DETALLE DO TERMO