"Odón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 142.

  • odont(e/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo, escritor e xornalista. En Galicia, onde vive dende 1932, exerceu diversos cargos burocráticos relacionados coa agricultura. En 1982 ingresou na Academia Galega de Ciencias co discurso “Home e técnica”. Escribiu diferentes ensaios: Introdución á economía galega de hoxe (1969), Máquinas e trebellos para labrar a terra (A Coruña, 1970) ou A cousa agraria no estatuto de autonomía de Galicia (Vigo, 1980). En Estampas do meu amigo Pepiño (Sada, 1980), recolle moitos dos seus relatos publicados con anterioridade en La Voz de Galicia. Comendador de número da Orde Civil do Mérito Agrícola; así mesmo, obtivo os premios Pérez Lugín e Fernández Latorre (1964).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de réptiles que presentan unha estrutura dentaria de tipo acrodonte.

    2. Dise dos dentes consolidados co alvéolo formando unha soa masa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fibra téxtil natural procedente das sementes do algodoeiro. Ten diversas variedades, segundo as especies de algodón de onde proceden. Son denominadas algodón exipcio, de fibra longa, algodón americano, de fibra mediana e algodón hindú, de fibra curta. A denominación comercial de cada algodón baséase principalmente nos seus nomes de procedencia; existe, amais, unha complexa clasificación formulada polo aspecto, a regularidade, a limpeza e a cor. A fibra envolve a semente do algodoeiro. Realízase a colleita a man ou a máquina, cando xa caeu a flor e madurou a cápsula, que se abre espontaneamente, dentro da que atopamos a semente. A fibra de algodón ten a forma dun tubo aplanado, cos bordos un pouco máis grosos. Presenta unha lixeira torsión natural, e segundo ese sentido vai alternando. Interiormente ten unha canle de dimensión variable, segundo a procedencia e a madureza. Denomínase algodón morto, o que non chegou a madurar e é completamente aplanado cunha...

    2. algodón de Filipinas

    3. algodón exipcio

    4. algodón hidrófilo/ frouxo/en pelo

    5. algodón mercerizado

    6. algodón pólvora

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cádiz, Andalucía, na Serranía de Ronda (5.691 h [1996]). Caracterízase pola súa agricultura mediterránea. Explota canteiras de caliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • heterodonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos lamelibranquios de auga doce, da familia dos uniónidos. As valvas, nacaradas na cara interna, empréganse na industria de botóns de nácara e na fabricación de perlas de pouco valor. Son frecuentes en toda Europa. En Galicia, atópanse en ríos con fondos de area ou lama, as especies A. cygnea, de cor escura e de ata 150 mm, e A. anatina, máis pequena e de cor averdada. Polo seu aspecto, son comunmente chamados mexillóns de río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta total ou parcial de dentes; cando é conxénita vai acompañada a miúdo con calvicie e ausencia de glándulas sudoríparas e sebáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de tres nucleótidos do ácido ribonucleico de transferencia que recoñece o codón do ácido ribonucleico mensaxeiro a partir do cal se inicia a síntese proteica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos gobiesócidos ao que pertence o peixe lapa verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos aplodóntidos.

    2. Mamífero da familia dos aplodóntidos.

    3. Familia de rilladores de antiga orixe da que o único representante actual é o castor de montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brión con dous conxuntos de dentes que regulan a saída das esporas dependendo da humidade ambiente, procedentes dunha mesma capa de tecido primordial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista occitano. Residiu en Alxeria. Entre as súas obras cómpre subliñar Contes dels Balssas (1953) e Las Domaisèlas (1976). En xeral trata os problemas do home de hoxe que quere integrarse na civilización moderna sen renegar da súa identidade. A súa poesía (Sus la mar de las galeras, 1975) inspirou cancións moi populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos tipos orixinais empregados na impresión de Giovanni Battista Bodoni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor italiano. Foi director da Stamperia Reale de Parma (1768) e impresor real de Carlos III (1782). Escribiu o Manuale tipografico (Manual tipográfico, 1818), cunha colección de 291 caracteres tipográficos romanos e itálicos. Déuselle o seu nome a un tipo de letra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e oceanógrafo. Catedrático de Historia Natural na Universitat de Barcelona (1889), foi afastado desta por mor das súas ideas darwinistas. Iniciou os estudios sobre bioloxía mariña moderna en España coa súa participación como naturalista a bordo dunha expedición oceanográfica (1886) que recalou en Ferrol, onde recolleu numerosos exemplares de peixes e crustáceos, orixe de diversas publicacións posteriores. Fundou e dirixiu (1907) o Laboratori de Biologia Marina das Illes Balears e, posteriormente, o Instituto Español de Oceanografía, visitando en numerosas ocasións o Laboratorio de Vigo. En 1907 formou parte da comisión de personalidades de Solidaritat Catalana que acudiu a Galicia en apoio de Solidaridade Galega. Como senador republicano por Barcelona protestou e interpelou o goberno en 1909 polos crimes de Oseira relacionados co movemento agrarista. En 1939 exiliouse a México trala vitoria fascista na Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molar propio dos omnívoros caracterizado polos relevos suaves e arredondados da coroa que presenta cúspides lixeiramente cónicas, especializadas na trituración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na comarca do Ripollès, regado polo río Ter (2.308 h [1996]). As actividades económicas principais son a agricultura, coa produción de patacas, cereais e legumes, a industria alimentaria e unha importante actividade turística. O bosque de piñeiros e carballos domina a paisaxe. Entre os seus edificios destaca a igrexa gótica de Santa Maria do s XIV e a igrexa do mosteiro románico de San Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Licenciado en Dereito en 1838, viviu en Cádiz, exiliado polas súas ideas liberais. Escribiu para o teatro Flor de un día (1851), compuxo Espinas de una flor (1852) e varios libretos para zarzuela, entre os que destaca Marina (1855), musicado por Arrieta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes condritios da familia dos lámnidos ao que pertence a quenlla branca.

    VER O DETALLE DO TERMO