Anodonta
Anodonta
[ANIMAL]
Xénero de moluscos lamelibranquios de auga doce, da familia dos uniónidos. As valvas, nacaradas na cara interna, empréganse na industria de botóns de nácara e na fabricación de perlas de pouco valor. Son frecuentes en toda Europa. En Galicia, atópanse en ríos con fondos de area ou lama, as especies A. cygnea, de cor escura e de ata 150 mm, e A. anatina, máis pequena e de cor averdada. Polo seu aspecto, son comunmente chamados mexillóns de río.