"Oder" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 136.
-
PERSOEIRO
Estadista e avogado norteamericano. Secretario de estado na administración Truman (1949-1953), foi un dos promotores do UNRRA (1943) e do Plan Marshall (1948); interveu na creación da OTAN (1949-1950) e na elaboración do tratado de paz co Xapón (1951). Gañou o premio Pulitzer de Historia (1970) con Present at the Creation (Presente na Creación).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da pel localizada nas extremidades. A acrodermatite atrofiante de Pick-Herxheimer é causa de atrofia na cara dorsal das coxas. A acrodermatite continua tamén se denomina enfermidade de Hallopeau. A acrodermatite enteropática asóciase a trastornos intestinais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dermatose causada pola exposición excesiva aos raios solares.
-
-
De moito poder.
-
Persoa a favor da que se outorgou un poder, que o acepta, e en virtude do que pode actuar legalmente en nome e en interese do poderdante, dentro dos límites das facultades conferidas.
-
-
-
Acción e efecto de apoderar ou apoderarse.
-
Acción e efecto de entregar un poder.
-
-
-
Outorgar poderes a alguén.
-
Poñer a alguén ou algunha cousa baixo o seu poder, tomar posesión del violentamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa superficial dos blastómeros que resulta da división dos ovos ricos en vitelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao blastoderme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que comezou a publicarse en La Habana en 1915. Cesou en 1955. A lingua que utilizaba era o castelán agás algunha frase esporádica ou algunha cita en galego. Este boletín era un xeito de “gaceta oficial” que recollía textualmente todo o que se dicía nas sesións da Asamblea de Apoderados. Serviu de libro de actas e incluía debates, informes de comisións especializadas, balances financeiros, contabilidade, situación do sanatorio, do teatro, do colexio, etc. Trátase dunha valiosa crónica que dá mostra do esforzo e interese común dos emigrantes polas institucións que os agrupaba. Cada edición do boletín tiña case 300 páxinas. Publicouse regularmente durante uns 45 anos, ata que o Centro Galego desapareceu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en 1989 en Las Palmas de Gran Canaria, destinada a promover actividades artísticas dende a óptica de Europa, África e América. Inaugurouse coa exposición Surrealismo entre el Viejo y el Nuevo Mundo e ten a súa sede nun antigo edificio rehabilitado por Francisco Sáenz de Oiza. Dirixido polo escultor Martín Chirino, ten unha colección permanente, centrada na produción artística das Canarias e de artistas españois e internacionais, e unha biblioteca. Dende 1990 publica a revista Atlántica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro artístico inaugurado en Lisboa en 1984 e situado nun edificio deseñado por sir Leslie Martin, anexo á sede do museo histórico da Fundação Calouste Gulbenkian. Naceu coa intención de crear un lugar dedicado á produción artística do s XX, formado por tres departamentos: museo, documentación e investigación e creación artística. Ademais das salas permanentes, ten salas de exposicións temporais, auditorio, biblioteca-centro de documentación, servizo pedagóxico e servizo de investigación. Na súa primeira etapa desenvolveu revisións históricas de artistas como Paula Rego, Almada Negreiros, Dacosta ou o grupo de ilustradores dos anos vinte. Posteriormente, amosou a obra dos artistas máis significativos de Portugal nas últimas décadas, como Cabrita Reis, Rui Chafes ou Pedro Calapez. Abriuse tamén aos artistas internacionais con exposicións dedicadas a R. Serra e Paolín, e á arte do s XX no Brasil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia política que asume, ao mesmo tempo, algúns conceptos do centro e da dereita. A miúdo pode estar identificada coa dereita moderada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre Ambroise François Choderlos de Laclos.
-
PERSOEIRO
Arabista. Catedrático de Grego, Hebreo e Árabe en varias universidades. Considérase o fundador da moderna escola de arabistas hispánicos. Publicou varias monografías históricas na revista Estudios Cristianos de Historia Árabe-española e libros sobre numismática, como o Tratado de numismática arábigo-española (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e teórico de arquitectura. Incorporou á arquitectura popular a linguaxe da arquitectura contemporánea. Estudiou a tipoloxía da vivenda e foi un dos fundadores do Grupo R, que pretendía a renovación da arquitectura. Entre as súas construcións destacan as casas Tápies (1964) e a ampliación da Escola d’Arquitectura (1978). Foi membro da Acadèmia de Belles Arts de Sant Jordi (1977) e recibiu a Medalla de Ouro da IX trienal de Milán (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comerciante, bisneto dun dos fundadores da fábrica de lenzos e manteis creada na Coruña en 1686. Dirixiu esta empresa dende 1769 a 1791, período no que estableceu unha manufactura de indianas e lenzos pintados. Foi membro do Consulado da Coruña en representación dos fabricantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor latino. Participou co exército romano nas campañas en Siria e, posteriormente, dedicouse á explotación das súas propiedades na Bética. Entre as súas obras destacan De arboribus (As árbores), un resumo sobre agricultura, o tratado Adversus astrologos (Contra os astrólogos) e De re rustica (Sobre a agricultura), 12 libros en prosa nos que defende a agricultura como base da cultura romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada en 1928 no castelo de La Sarraz en Vaud (Suíza), onde tivo lugar o primeiro dos dez congresos celebrados. A declaración fundacional analizou a modernidade e o progreso e, sobre todo, a racionalización e estandarización do proceso creador arquitectónico, coa afirmación de que a súa historia correspondía á da arquitectura racionalista. O segundo congreso celebrado en Frankfurt do Main en 1929, tivo como tema central o habitáculo mínimo. Nesta reunión establecéronse os tres niveis de funcionamento da entidade: a asemblea xeral ou congreso, o Comité Internacional para a Resolución dos Problemas da Arquitectura Contemporánea (CIRPAC) e os grupos de traballo para proxectos específicos. O terceiro congreso reuniuse en 1930 en Bruxelas, e o cuarto, que debía celebrarse en Moscova en 1932, tivo lugar no barco Patris por razóns políticas, onde se redactou e aprobou a carta de Atenas. Nesa reunión estableceuse que o feito urbano se asentaba en catro funcións: habitabilidade, traballo,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de goberno do poder xudicial en España. Está composto polo presidente do Tribunal Supremo, que tamén actúa como presidente neste caso, e por vinte vocais nomeados polo rei para un período de cinco anos, a proposta do Congreso de los Diputados e do Senado. Cada unha das cámaras elixe, por maioría de tres quintos, catro vocais entre avogados e xuíces de recoñecida competencia e seis vocais entre xuíces e maxistrados. Propón o nomeamento do presidente do Tribunal Supremo e de dous vocais do Tribunal Constitucional, nomea os xuíces e ten competencias consultivas en todas as materias de índole xudicial.
-
SEMANARIOS
Semanario que apareceu o 6 de marzo de 1905 e que cesou en xaneiro de 1906, despois de publicar 44 números. Informaba sobre a actualidade política da Coruña e de Madrid, especialmente do goberno dirixido por Maura. Entre as seccións figuraban “De cocina”, “Memorándum de la semana” e “Marinedina”, que contiña artigos sobre temas de actualidade mesturados con ironía e composicións poéticas, case sempre asinados polo pseudónimo El ciego de la esquina. Colaboraron, entre outros, Eduardo Pondal, Valle-Inclán -que publicou nesta revista un fragmento da Sonata de Otoño-, Emilia Pardo Bazán, Enrique Labarta e W. Fernández Flórez.
VER O DETALLE DO TERMO