"Oia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 187.

    1. Acción de poxar.

      1. Sistema de venda pública que consiste en outorgar unha cousa ao mellor ofertante, é dicir, á persoa que ofrece un prezo máis elevado. É un dos principais elementos de comercialización da obra de arte. En Londres, a casa especializada Agnew’s data de 1817 e a actividade das casas Sotheby’s e Christie’s centralizaron as principais operacións mundiais do s XX, xunto á casa neoiorquina Pake-Bernet.

      2. Sistema que utiliza a Administración Publica para adxudicar os contratos, as concesións, os arrendamentos, o aproveitamento dos bens comunais, os servizos de recadación e cobro aos particulares que ofrecen condicións económicas máis vantaxosas. As adxudicacións da administración local funcionan segundo o sistema de concurso-poxa, en que se escolle, entre os presentados, os licitadores máis cualificados e se adxudica a obra ou o servizo ao mellor ofertante.

      3. enda pública que fai a autoridade xudicial dos bens embargados dun debedor e que se adxudica ao mellor ofertante, para satisfacer co seu prezo aos acredores que a demandaron. Unha vez feita a valoración dos bens, a venda é anunciada e executada baixo a presidencia do organismo xurisdicional que tramitou o preito.

    2. Cantidade que se ofrece nestas vendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros e daordes que corresponde á voz ‘seo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aboiar.

    2. O que anda dun lado para outro sen saber o qué facer nin a ónde ir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manterse na superficie da auga algunha cousa.

      1. Colocar boias no mar.

      2. Marcar empregando boias.

    2. Termo empregado en Cambados que designa ‘o xeito de formar bancos os peixes cando o cardume vai circulando cerca da superficie, aínda que sen saír a ela, facendo un ruído determinado que se chama escarabullar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir un boi a unha vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Este nome de muller de recente introdución, por vía literaria ou quizais relixiosa, alude como Chamorro, Montserrat ou Carmelo a un monte. Neste caso é o monte Aloia, do concello de Tui, que se ten identificado co monte Medulio, onde tivo lugar a derrota definitiva das tribos galaicas ante as lexións romanas, entre o 29 e o 19 a C. No seu cumio está a ermida de San Xulián que acolle, segundo conta a tradición, as reliquias do santo e onde aínda se celebra unha gran romaxe na súa honra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estribación meridional da serra do Galiñeiro, no concello de Tui, de 629 m de altitude. Está formada por granitos de dúas micas fracturadas na oroxenia hercínica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie forestal de 746 ha, que en 1978 cambiou a declaración de sitio natural de interese nacional, que ostentaba dende 1935 pola de parque natural. A vexetación actual provén principalmente das repoboacións principiadas en 1910 con piñeiros, acacias, cipreses e cedros, e de pequenas manchas de vexetación autóctona. A presenza no parque de gandería cabalar en liberdade permite a celebración cada ano de curros e de rapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión administrativa de Ródano-Alpes, Francia (4.388 km2; 618.229 h [estim 1995]). A capital é Annecy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amadeo I de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - ? 1047) Segundo conde de Savoia, fillo de Humberto I de Blancamano. Ademais do condado de Savoia posuía os de Belley, Nyon, Aosta, Salmorenc e Moriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Quinto conde de Savoia (1060-1072), fillo de Odón e da condesa Adelaida de Susa, de quen herdou o Piemonte. Con el a casa dos Savoia pasou a controlar os accesos cara aos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sétimo conde de Savoia (1103-1148), fillo de Humberto II, a quen sucedeu baixo a rexencia da súa nai, Xisela de Borgoña. No 1115 casou con Matilde de Albon. Apoiou a Conrado de Hohenstaufen contra Lotario de Supplinburg, quen ocupou Turín (1136), pero á súa morte (1137) a cidade retornou ao control de Amadeo. Morreu na segunda cruzada, na que participara xunto co Rei de Francia. Fundou a abadía de Altacomba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo conde de Savoia (1233-1263), fillo de Tomé I, a quen sucedeu, e de Beatriz-Margarida de Xenebra. Prestoulle axuda ao Emperador Federico II contra o Papa Inocencio II, polo que recibiu a cambio os títulos de vigairo imperial do Piemonte e da Lombardía. Conseguiu que o marqués de Monteferrato renunciase aos seus dereitos sobre Turín. Guerreou contra a cidade de Alexandría, logrando estender os seus dominios a Bard (1241) e a Rívoli (1247).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Noveno duque de Savoia, fillo de Luís II e de Ana, filla do Rei de Chipre. Casou con Violante de Francia, filla de Carlos VII e irmá de Luís XI. Fundou numerosos hospitais e fixo numerosas doazóns a outros xa existentes. Na guerra que sostivo con Galeazzo Sforcia, duque de Milán, outorgoulle a liberdade logo de que o prenderan as súas tropas e deulle a man da súa filla en matrimonio para celebrar a paz. A igrexa católica recoñeceuno como beato, designando a súa festa no día da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duodécimo conde de Savoia (1285-1323), fillo de Tomé II e sobriño de Filipe I, a quen sucedeu; foi o fundador da liñaxe de Savoia que reinou posteriormente en Italia. Durante todo o seu goberno loitou contra o Delfinado, co fin de rexeitar as aspiracións ao condado de Savoia do Delfín Humberto. Aliouse con Filipe IV de Francia contra Flandres. Polo seu matrimonio (1272) con Sibila de Baugé converteuse en cuñado do Emperador Enrique VII. Foi investido vigairo real en Lombardía, Príncipe do Imperio e recibiu o condado de Asti. Estableceu como dereito de herdanza da súa casa a sucesión do primoxénito por liña masculina e prohibiu a división dos territorios de Savoia. Foi protector das ciencias e das artes.

    VER O DETALLE DO TERMO