"Orfeo" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus grego do sono, fillo da Noite e do Sono, que se presenta en forma humana ás persoas durmidas. É alado e axita as súas ás sen facer ningún ruído.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da mitoloxía grega, de suposta orixe tracia, fillo de Eagro e dunha das musas (Polimnia ou Calíope). Cantante, coas súas melodías enmeigaba toda a natureza. Dunha banda, a súa figura vai ligada á baixada aos infernos, na busca de Eurídice, á que rescatou despois de persuadir co seu canto ás divindades infernais. Da outra, participa tamén do mito do esnaquizamento por parte das ménades. Neste punto, a súa morte vincúlase con Dióniso Zagreo. Unha tradición completamente diferente sinala que morreu por causa do impacto dun raio lanzado por Zeus, en vinganza das revelacións místicas de Orfeo sobre a figura do deus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade coral fundada en 1891 en Barcelona por Lluís Millet i Pagès e Amadeu Vives. O primeiro concerto público celebrouse en 1892. Inicialmente consistía nun coro masculino, e en 1896 fundouse a sección de mulleres. En 1905 iniciouse a construción dun local novo, o Palau de la Música Catalana, inaugurado en 1908, que se converteu axiña na principal sala de concertos de Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera de Ch. W. Gluck estreada en 1762 en Viena. Dividida en tres actos, pretendeu incorporar a antiga traxedia grega e a estrita e elexíaca aproximación do teatro grego ás correntes da ópera vienesa daquela época. Gluck, aconsellado polo libretista R. Calzabigi, fixo unha reforma da ópera, suprimindo as incongruencias e a supeditación absoluta do texto que se introducira na época barroca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade ou agrupación coral que comezou a formarse en Francia arredor de 1815, aínda que o primeiro do que se ten constancia creouse en París en 1833. Propagáronse axiña por outros países, especialmente España, onde destacan o Orfeó Català e o Orfeón Donostiarra. Inicialmente eran agrupacións corais masculinas que, aos poucos, incorporaron voces femininas. En Galicia tamén tiveron unha gran consolidación o Orfeón Terra A Nosa, o Orfeón Brigantino ou o Orfeón Unión Orensana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación coral que se creou en Donostia en 1897. Inicialmente estaba composto por vinte voces masculinas, ás que posteriormente se lle uniron voces femininas. Desde a súa creación foi dirixido por Luzuriaga, Oñate, S. Esnaola (1902-1929), J. Gorostidi (1929-1968), A. Ayestarán (1968-1986) e J. A. Sáinz Alfaro (desde 1986). Destaca especialmente polo seu repertorio de canto tradicional vasco, sen desbotar a zarzuela, a música coral e as óperas, o que lle valeu estar considerada como unha das principais formacións corais afeccionadas de Europa. Actuou nas principais cidades europeas como Bordeos (1951), París (1957), Edimburgo (1962), Berlín (1973), Londres (1980), Roma (1987), Madrid (1993), Salzburgo (1999) e Berlín (2001), e conta no seu haber con máis de 100 gravacións. Recibiu o Grand Prix d’Honneur de París (1906).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación coral que fundou Manuel Feijoo en Santiago de Compostela en 1966. Desde os seus inicios contou cun número variable de voces mixtas e o asesoramento musical de Nemesio García Carril. A súa actividade artística oriéntase a repertorios de música sinfónica coral e operística, e entre os seus obxectivos están a consolidación dun gran coro sinfónico galego, a formación de novas voces corais e o fomento da cultura. Realizou actuacións en distintos países como Alemaña, Francia, Inglaterra ou Italia. Destaca a súa colaboración con outras agrupacións como a Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia. Participou na gravación de numerosos discos de música galega, relixiosa e lixeira, e entre os numerosos premios que recibiu destacan o segundo Premio Nacional de Habaneras (1970), o Premio de Masas Corales Gallegas (1975), o Premio Nacional de Polifonía (1974 e 1980), o Premio da Crítica de Galicia (1992) ou a Medalla de Prata ao Mérito Artístico da Cidade de Santiago (1994).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación coral que se creou en Ourense o 11 de setembro de 1887, que tomou o seu nome do Café Unión, onde se xuntaban para ensaiar. Nun primeiro momento estaba formado por 31 voces masculinas, pero a partir de 1928 xa se foron incorporando voces femininas. Os mesmos membros da masa coral iniciaron os trámites en 1887 para a creación dunha Sociedad Artística Orensana con fins culturais, lúdicos e recreativos. Esta sociedade desenvolvía actividades moi variadas, como teatro, exposicións, bailes ou cine. O orfeón participaba de moitas das iniciativas da sociedade, pero mantiña unha certa independencia funcional e acudía a festivais e concursos corais nos que obtivo múltiples galardóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao orfeón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que forma parte dun orfeón.