"Orzán" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
PERSOEIRO
Mestre de obras. Chegou a Galicia en 1571. Representa, xunto con Mateo López, a ponte entre as caducas tendencias renacentistas (as súas primeiras obras son goticistas e as seguintes renacentistas) e as novas ideas que farían triunfar o purismo en Compostela. En 1571 construíu o primeiro corpo da Torre das Campás da Catedral de Lugo, obra aínda goticista que leva como único ornamento a balaustrada. Seguiu coa Torre das Campás e coas obras da igrexa luguesa de Santo Andrés de Castro. Dirixiu as obras de edificación do hospital de San Roque de Santiago e construíu a capela de San Xacinto, na igrexa conventual de San Domingos de Bonaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou a poesía na obra Donaires del Parnaso (1624) e o teatro, pero destacou, sobre todo, no conto ao xeito das novelle italianas, como aparece en Noches de placer (1631) e Los alivios de Casandra (1640). Escribiu unha novela longa de tradición picaresca, evolucionada cara a un certo costumismo en La garduña de Sevilla (1642).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Tambre pola dereita. Nace a 480 m de altitude, no monte do Pedregal, da parroquia da Pena (concello de Negreira). O seu curso adopta unha dirección N-S coa que drena as parroquias de Aro, Liñaio, Arzón e Lueiro. Desemboca no lugar de Barbazán, entre as parroquias de Liñaio e Lueiro, 750 m augas abaixo do encoro Barrié de la Maza, logo dun percorrido duns 9 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponte Caldelas baixo a advocación de san Fiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bos Aires a partir de 1948. Editada polo Centro Coruñés desa cidade e dirixida por Bieito Cupeiro, nos seus inicios contou coa colaboración de Suárez Picallo, Avelino Díaz, Castelao ou Alonso Ríos. Incluíu artigos e informacións do centro, traballos e colaboracións sobre Galicia e a súa historia, así como poesías, relatos e opinión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro Paradela Criado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información local publicado na Coruña a partir de xaneiro de 1918. Cesou o 17 de xullo de 1932. Subtitulado “Diario independente”, estivo dirixido por Xosé Pan de Soraluce, Leandro Pita Romero (desde 1924) e Victoriano Fernández Asís. De tendencia monárquica e conservadora, foi escola de xornalistas coruñeses.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir do 25 de novembro de 1983. Cesou a finais de decembro de 1986. Baixo o subtítulo “Semanario coruñés independiente”, estivo dirixido por Carlos Luís Rodríguez e, desde xuño de 1984, por José L. Centeno. De carácter propagandístico e cun marcado carácter antigaleguista, foi un medio de promoción do alcalde socialista coruñés, Francisco Vázquez. Contou coas colaboracións de Xavier Alcalá, Luís Iglesias ou Martínez Barbeito.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENSEADAS
Enseada do litoral atlántico, situada entre as puntas de Mexillosa e O Orzán, na cidade da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico que pecha polo N a enseada do seu nome, situada na cidade da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da costa atlántica situada no centro da cidade da Coruña. Duns 700 m de longitude e dotada de numerosos servizos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos rálidos, que se caracteriza por ser de tamaño pequeno ou medio, ter a plumaxe parda na rexión dorsal e grisácea na ventral, o rabo curto, e por alimentarse de invertebrados (insectos, moluscos, etc) e plantas acuáticas. En Galicia pódese localizar raramente a especie P. porzana; outras especies que se atopan na Península Ibérica son P. parva e P. pusilla.
-
-
Relativo ou pertencente ao ribagorzano.
-
Subdialecto do catalán noroccidental que se estende desde o Val de Arán (onde fai fronteira co gascón) ata o S de Tamarit e desde a Noguera Ribagorçana ata a fronteira co aragonés.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Dedicouse á docencia e escribiu diversos dramas teatrais, como Las manos de Dios (1956) e Los falsos demonios (1966) e estudos de crítica literaria, como Novelas de Unamuno (1948), Teatro latinoamericano del siglo XX (1961) e El teatro hispanoamericano contemporáneo. Antología (1964).
VER O DETALLE DO TERMO