"Pacheco" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28.

  • Arquivo Pa-checo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Chinchón e marqués de Bobadilla del Monte. Tesoureiro xeral do consello de Aragón, era vicerrei de Perú (1629-1639) cando prohibiu o comercio entre os vicerreinados de Perú e México, feito que acabou provocando unha grave crise económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Villena e duque de Escalona. Foi lugartenente de Catalunya (1693-1694) e vicerrei de Aragón (1694-1695), de Sicilia (1701-1702) e de Nápoles (1702-1707). De volta a Madrid, propúxolle a Filipe V a creación da Real Academia Española de la Lengua (1714), da que foi o primeiro presidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e escritor. Coñecido como Miguel Ángel Pacheco, acadou o doutoramento en Belas Artes pola Escuela de San Fernando de Madrid. Traballou como deseñador de cubertas de Anaya-Educación e na área de deseño da facultade de Belas Artes de Salamanca. O seu labor centrouse no eido da literatura infantil e xuvenil como autor, ilustrador e deseñador gráfico. Colaborou en programas infantís de televisión e ideou e escribiu diversas series de libros infantís con J. L. García Sánchez. Entre outros premios recibiu o Premio Lazarillo de Ilustración (1973), por Maestros de la fantasía; Premio Nacional de Ilustración (1980), pola colección Gracias a...; Premio Nacional de Ilustración (1983), por La Bella y la Bestia; Premio Lazarillo de Literatura Infantil y Juvenil (1996), por Los zapatos de Murano; e Premio Internacional de Ilustración da Fundación Santa María (2000) e Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (2001), por Verdadera historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, señor de Ureña, Osuna e Peñafiel. Nomeado mestre da orde de Calatrava (1445), integrou varias ligas nobiliarias co fin de debilitar o poder real en beneficio da oligarquía nobiliaria. Formou parte da coalición de nobres que derrotou a Álvaro de Luna (1453), apoiou o infante Afonso contra Enrique IV (1464) e esforzouse por impedir o casamento da princesa Isabel sen o consentimento dos nobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Revillagigedo, fillo de J. F. Guemes de Horcasitas. Vicerrei de Nova España (1789-1794), o seu goberno caracterizouse por completar a división en intendencias, fomentar a rede viaria, mellorar o sistema educativo e dos correos e patrocinar numerosas expedicións de carácter científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Foi profesor na Universidad de Madrid e xefe da sección de xeoloxía e paleontoloxía do Museo Nacional de Ciencias Naturales. Escribiu numeros traballos de xeoloxía, principalmente sobre os terreos sedimentarios da Meseta, dos que destacan “Elementos geográficos geológicos de la Península Ibérica”, “Edad y origen de la cordillera Central” e “Estudio geológico de Lanzarote y de las islas Canarias”. Considérase o pai da xeoloxía moderna en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Doutorouse na especialidade de Ciencias Naturais pola Universidad de Madrid en 1920. Ocupou importantes cargos técnicos e obtivo numerosos nomeamentos e distincións internacionais. Entre a súa ampla relación de publicacions atópanse, referidas á xeoloxía de Galicia, Huellas glaciares en la Sierra de Queija (1949), Geomorfología de la cuenca media del Sil (1949), El glaciarismo cuaternario de la Sierra de Queija (1958), Formación pliocena detrítica en el litoral lucense (1967) e Datos fisiográficos en relación con el balneario de Caldelas de Tuy (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Activo en Lugo (1623-1666?), mantivo o estilo herreriano. Traballou nos claustros de San Domingos (1628) e San Francisco (1645) de Viveiro, San Domingos de Lugo (1642) e da catedral de Mondoñedo (1636), onde tamén realizou un sepulcro na capela da Concepción (1635).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Ingresou no Partido Revolucionario Institucional (PRI) en 1945. Foi ministro de Economía e Facenda (1973-1975) e presidente da República (1976-1982). Puxo en marcha unha política reformista e de achegamento ao Terceiro Mundo. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe da nobreza castelá, importante durante a Baixa Idade Media e a Idade Moderna. Procedente de Portugal, estableceuse en Castela como consecuencia da vitoria de Enrique de Trastámara sobre Pedro o Cruel, ocupou cargos políticos e posuíu dominios considerables. A herdeira da liñaxe, María Pacheco , casou, a comezos do s XV, co herdeiro dos Girón, O seu fillo, Juan Pacheco Girón , foi valido de Enrique IV de Castela e adiantado maior de Castela. Outros membros destacados da liñaxe foron Pedro Pacheco y de Guevara (morto en 1560), Rodrigo Pacheco Osorio (1580-1640), vicerrei de Nueva España (1624-1635), e Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y de Zúñiga (1650-1725).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte. No seu estudo sevillano iniciáronse Diego Rodríguez de Silva y Velázquez e A. Cano. Influído polo romanticismo manierista de finais do s XVI, na súa obra predominou a liña sobre a cor. En 1618 foi nomeado vedor das pinturas sagradas polo Tribunal da Inquisición. Das súas obras destacan un ciclo sobre a vida de san Pedro Nolasco, San Juan Bautista (1613), Cristo servido por los ángeles en el desierto (1616) e Inmaculada (1625-1626). Publicou El arte de la pintura (1649).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, primeiro duque de Escalona (1472) e marqués de Villena, fillo de Afonso Téllez-Girón e de María Pacheco. Foi valido do Rei Enrique IV de Castela ao que dominou e converteu nun instrumento político para combater a Xoán II de Castela e Álvaro de Luna (1441), aínda que despois loitou a favor destes, feito que lle valeu o marquesado de Villena. En 1451 foi nomeado adiantado maior de Castela. Ao ascender ao trono Enrique IV, que o mantivo no cargo de mordomo maior e o nomeou mariscal de Castela, promoveu loitas entre bandos na corte e despois conspirou contra o rei. Intentou obstaculizar o casamento de Isabel, irmá do rei que el fixera prometer co seu irmán Pedro, co futuro Fernando II de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote, profesor e poeta. Doutor en Filosofía, en 1923 ordenouse sacerdote. Foi chanceler-secretario e cóengo-maxistral da diocese de Tui (1941) e mestrescola e arcipreste da diocese de Cádiz-Ceuta. Recibiu a influencia de Fray Luis de León, Félix Lope de Vega, san Xoán da Cruz e santa Tareixa de Xesús e escribiu numerosos artigos, comentarios e poemas de temática relixiosa, dos que destacan “Romance a San Pelayo” (1925), “Canto a Santo Tomás”, “Rimas”, “Cátedra” e “Bodas de Plata”. En 1964 foi elixido académico de número da Real Academia Hispano-Americana de Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Traballou a pintura, a fotografía e a colaxe, cunha forte presenza de elementos naturais. Evolucionou desde o figurativismo con contido simbólico cara a unha obra máis totalizadora onde empregou a instalación, a escenografía e os elementos naturais cun significado que vai máis alá das posibilidades do propio soporte. Destacan a serie Transubstanciación (1991), O namorado (1994) e Tríptico: Tempestade (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo marqués de Cerralbo, participou na conquista de Flandres e ao regresar a España foi designado gobernador de Galicia (1587-1591), cargo que ocupou entre 1559 e 1587 o seu pai, Rodrigo Pacheco Osorio , primeiro marqués de Cerralbo. Xogou un papel decisivo na defensa da cidade da Coruña e da illa de Santo Antón en 1589, durante o asedio dos ingleses capitaneados por Francis Drake. Foi tamén gobernador de Flandres. O seu fillo Rodrigo Pacheco Osorio (Ciudad Rodrigo?-Bruxelas 1640) terceiro marqués de Cerralbo, foi gobernador e capitán xeneral de Galicia (1615-1624) e vicerrei de Nueva España (1624-1635).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Foi o autor da crónica das festas que se celebraron en Santiago de Compostela con motivo da canonización de Pío V, Fiestas compostelanas con las que siempre [...] (1715), e en 1718 nomeárono cronista xeral do Reino de Galicia. Escribiu un primeiro tomo dunha Historia de Galicia e o sermón Declamación sacra, historial, gratulatoria a la Virgen Santísima del Rosario [...] (1721?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Representante da facción puritana do Partido Moderado, foi ministro de Estado (1854 e 1864) e presidiu o Consello de Ministros (1847). Colaborou na redacción do código penal de 1848 e defendeu a propiedade eclesiástica en contra da desamortización. Escribiu Estudios de legislación y jurisprudencia (1834), Discurso sobre la dotación del culto y el clero, Historia de las Cortes de 1837 (1839) Estudios de Derecho Penal (1842-1843), El código penal concordado y comentado (1848) e Comentarios a las leyes de desvinculación (1849). Tamén publicou as pezas dramáticas Alfredo (1835) e Los infantes de Lara (1836).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, neto de Juan Pacheco, marqués de Villena e fillo de Alfonso Téllez-Girón y Portocarrero. Entrou ao servizo de Adrián de Utrecht e acompañouno a Roma, cando se converteu no Papa Adrián VI. Foi prelado doméstico do Papa Clemente VII e bispo de Mondoñedo (1532-1537), de Ciudad Rodrigo (1537-1539), de Pamplona (1539-1545), de Jaén (1545-1554) e de Sigüenza (1554-1560). Nomeado cardeal (1545) e bispo de Albano (1557), Carlos V fíxoo vicerrei de Nápoles (1553-1555). En 1555 foi nomeado inquisidor de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección fotográfica recompilada na súa maior parte por Xaime de Sousa Guedes Pacheco entre 1915 e 1981. Os fondos deste arquivo recollen máis de 120.000 fotografías en que se reúnen os traballos de estudo feitos por Xaime Pacheco, reportaxes no exterior feitas polo sobriño de Pacheco, Horacio, ademais daquelas imaxes tomadas por Xaime Pacheco fillo, quen quedou á fronte do estudio, xunto co seu irmán Alberto, tras a morte do pai (1954). De especial valor sociolóxico para Vigo, o arquivo contén imaxes da arquitectura e rúas da cidade, escenas da vida política das distintas etapas, do traballo industrial de principios do s XX, da vida social da cidade a través das modas e dos costumes, dos deportes practicados en cada época, do desenvolvemento industrial da década de 1960 e da vida cotiá. En 1991 o concello de Vigo adquiriulle estes fondos á familia para a súa conservación.

    VER O DETALLE DO TERMO