"Pamplona" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Pamplona (824? - 852), fillo de Íñigo Ximénez. Coñecido como Eneco Aritza, estaba emparentado cos Banū-Qasī de Tudela polo segundo matrimonio da súa nai. Loitou contra ‘Abd al Ra ḥ mān II e enfrontouse aos navarros, aliados dos francos, encabezados pola familia dos Velasco. Despois de derrotar nunha emboscada os condes francos enviados por Ludovico Pío, impúxose como soberano independente. Estableceu sólidos vínculos cos señores veciños, mediante os matrimonios das súas fillas, Assona, con Mūsà ibn Fortún e, Nunila, con García Galíndez o Malo, conde de Aragón. Cando enfermou (841), o seu fillo García Iñiguez dirixiu a rexencia e continuou a política de alianzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (870-905), fillo de García I. De nome Fortún Garcés, foi aprisionado en Al-Kastil polo emir Muhammad I de Córdoba, onde permaneceu ata a súa liberación no 879. No 905 renunciou á coroa, que semella cedeu en favor do seu bisneto García de Pamplona, e profesou como monxe no mosteiro de Leyre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Suposto rei de Pamplona (905), fillo de Fortún Iñíguez. De nome García Fortún, sucedeu a Fortún I sendo moi novo e foi substituído ese mesmo ano por Sancho I, primeiro soberano da dinastía Ximena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (852-882?), fillo de Íñigo I de Pamplona. De nome García I Íñiguez, rompeu a alianza do seu pai cos Banū Qasī e aliouse co rei asturiano Ordoño I (859). Tras avanzar cara ao S nas chairas do Arga e do Aragón, enfrontouse sen éxito ao exército de Mūsà ibn Mūsá Fortun, polo que Pamplona foi devastada e o seu fillo e herdeiro, Fortún Garcés, feito prisioneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (925-970) e conde de Aragón (García I), fillo de Sancho I de Pamplona e de Toda. De nome García Sánchez I, casou coa filla do conde de Aragón, Andregoto Galíndez, co que vinculou o condado aragonés ao Reino de Pamplona. Vasalo de ‘Abd al-Ra ḥ mān III durante a rexencia da súa nai, axudou a Ramiro II de León na Batalla de Simancas (939). Trala subida ao trono do califa al-Hakam, enfrontouse a el ao negarse a entregarlle o seu prisioneiro, o conde Fernán González. No 962 asinou unha alianza co rei de León e os condes de Castela e Barcelona contra o califa cordobés, o que provocou sucesivas acometidas musulmanas nas que se perderon varias prazas, como Atienza e Calahorra (968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? -? 1000?) Rei de Pamplona e conde de Aragón (García II 995?-1000?), fillo de Sancho II de Pamplona e de Urraca de Castela. De nome García Sánchez II, aliouse cos condes de Castela contra os musulmáns, polo que sufriu en represalia os ataques de Almanzor (994, 997 e 999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Pamplona (810-852). De nome Íñigo Arista, aliouse cos Banū Quasī de Tudela para enfrontarse aos condes de Eblo e Aznar, e no 842 contra os exércitos de ‘Abd al-Ra ḥ mān II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome cooficial de Iruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Nome que recibiu o Reino de Navarra ata o s XI. Constituído pola dinastía ximena como oposición fronte ao Islam, mantivo esta denominación ata 1035, cando tomou o título de Reino de Navarra. Con este cambio de denominación pretendía marcar diferenzas fronte á Coroa de Castela, á que nalgunha ocasión prestara vasalaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de León e de Galicia e condesa de Araba e de Castela, filla do Rei Sancho I e de Toda Aznar. Casou (924) co Rei Ordoño II e ao enviuvar ese mesmo ano, casou co conde de Araba, Álvaro Herramélliz, e en 932 co conde Fernando González de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (905-925), fundador da dinastía Ximena, fillo do magnate vascón García Ximénez e de Dadilda de Pallars. Convertido en líder de todos os vascóns orientais, conseguiu eliminar a dinastía Énnega e ampliou as fronteiras do reino desde Aragón ata   Monjardín (905). Aliado co Rei Ordoño II, derrotou as tropas cordobesas de ‘Abd al-Ra ḥ mān III e ocupou Arnedo e Calahorra (918). Derrotado polos sarracenos en Valdejunquera (920), retomou a conquista de La Rioja, ocupou Nájera e recuperou o castelo de Viguera (923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona e conde de Aragón (Sancho I; 970-994), fillo e sucesor de García III de Pamplona e da condesa Andregoto de Aragón. Herdou Pamplona do seu pai e Aragón da súa nai, mentres que o seu medio irmán, Ramiro, recibiu o territorio de Viguera co título de rei, aínda que tivo que recoñecer a súa superior autoridade. Aliado cos casteláns e leones contra os sarracenos, saíu derrotado en San Esteban de Gormaz (975). Fixo construír os mosteiros de San Andrés de Cirueña (972) e de San Millán de Suso. Sucedeuno o seu fillo García III.

    VER O DETALLE DO TERMO