"Pirro" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cabaleiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘cabrón’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acto reflexo constituído por unha inspiración brusca, seguida dunha expiración violenta, espasmódica e ruidosa, que se produce por unha irritación das vías respiratorias superiores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de formación de derivados pirrólicos por condensación de α-aminoacetonas ou isonisotrosocetonas capaces de reducirse α-aminoacetonas ou a outros compostos carbonícicos que conteñan grupos α-metilénicos reactivos.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, arqueólogo e pintor italiano. Participou nas escavacións en Tivoli da Villa Adriana, e nesa cidade construíu a Villa d’Este (1550) e os xardíns do Vaticano, deseñou o Casino de Pío IV (1562) e o nicho que coroa o Belvedere de Bramante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Neoptólemo.
-
PERSOEIRO
Rei de Epiro (297-272 a C), fillo de Eácides. Obtivo numerosos éxitos na guerra contra os macedonios e ampliou enormemente os seus dominios, que posteriormente perdeu, en gran parte, na loita contra Lisímaco (282 a C). Interveu en axuda dos tarentinos e dos gregos en Italia, en contra de Roma; pasou a Sicilia, onde derrotou aos cartaxineses e cando volveu á Península Itálica, loitou contra os romanos na Batalla de Benventum. Mentres tanto, Antígono o Gónatas apoderárase de Macedonia (Antígono I de Macedonia); combateu conta el e derrotouno (274 a C). Ambicioso de expandir os seus dominios, atacou Esparta, pero Areo, rei desta cidade, aliouse con Antígono I de Macedonia e fixéronlle fronte. Morreu no intento de apoderarse por sorpresa da cidade de Argos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos pirrocóridos.
-
Insecto da familia dos pirrocóridos.
-
Familia de insectos hemípteros da suborde dos heterópteros, que inclúe especies de 8 a 10 mm, de cor negra, cos hemélitros avermellados, aínda que a larva é completamente vermella. Forman sociedades de numerosos individuos ao pé dos olmos e pasan o inverno baixo cascas e pedras.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás pirrófitas.
-
Alga do grupo das pirrófitas.
-
Grupo de cromófitas, integrado por algas unicelulares biflaxeladas. Comprende as clases das criptofíceas e das dinoflaxeladas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico que consiste nun anel de cinco membros insaturado que contén un átomo de nitróxeno. O pirrol é a primeira materia dunha gran variedade de compostos de síntese. A estrutura pirrólica atópase nun gran número de compostos, principalmente pigmentos, como o anil e as clorofilas e hemoglobinas, dous dos grupos de pigmentos biolóxicos máis importantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao pirrol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico que consiste nun anel pirrólico totalmente hidroxenado. Presenta propiedades básicas e emprégase como un intermediario na manufactura de produtos farmacéuticos, funxicidas, insecticidas, e aceleradores da vulcanización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos monocarbonílicos isómeros derivados da pirrolidina. A 2-pirrolidona (4-butanlactama) emprégase como plastificante e como disolvente de polímeros, insecticidas, alcohois polihidroxílicos e iodo, polo seu elevado punto de ebulición e baixa toxicidade.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Sistematizou o escepticismo. Afirmou que os xuízos sobre a realidade son convencionais. Rexeitou toda afirmación dogmática porque a razón non é capaz de coñecer a esencia última das cousas. Non se pode coñecer nada con certeza xa que todo está baseado en sensacións e estas son cambiantes, non se pode practicar senón o que el denominou ‘interrupción ou detención’ ( ἐ ðï÷ ἡ ). O verdadeiro sabio, segundo el, debe pecharse en si mesmo, absterse do xuízo e optar polo silencio para acadar a ataraxia e, a través dela, a única verdadeira felicidade. Consecuente con as súas ideas, non deixou obra escrita e o seu pensamento foi transmitido polo seu discípulo Timón.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pirronismo.
-
Partidario do pirronismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica defendida por Pirrón e os seus discípulos. A miúdo identificada, impropiamente, co escepticismo antigo, tivo un forte impulso durante os ss XVI, XVII, e XVIII, e influíu a filósofos como Montaigne, Gassendi, Pascal ou Malebranche. Considérase eminentemente pirrónico a Hume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de ferro, de fórmula FeS. Cristaliza no sistema hexagonal, en cristais planos ou en masas irregulares. Ten unha cor amarela. É unha clase ferrífera moi rica da que tamén se extrae xofre para a produción de ácido sulfúrico. OBS: Tamén se denomina pirita magnética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia en forma de pos amorfos, de cor branca amarelada, facilmente soluble en auga, onde dá unha solución coloidal. Adminístrase, mesturada con solución fisiolóxica, por goteo endovenoso e emprégase como expansor do plasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura básica das porfirinas e dos seus derivados.