"Pluto" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • Deus da riqueza, na mitoloxía grega. Represéntase como un mozo ou un neno que leva o corno da abundancia no cortexo de Deméter, a súa nai, e Perséfone. Está relacionado co mundo agrario, a fertilidade dos campos e os metais. Na comedia de Aristófanes, Zeus cegouno para que visitase indistintamente a bos e malos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de goberno en que o poder reside nun grupo social minoritario ou reducido, privilexiado polo seu poder económico, ou no que o criterio de elección dos gobernantes ou dos que participan nela se mide segundo a riqueza que posúen.

    2. Conxunto dos ricos que teñen poder ou influencia debido á súa riqueza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten poder ou influencia debido á súa riqueza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á plutocracia ou aos plutócratas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa de orixe magmática que ascende desde o interior da Terra e cristaliza en profundidade, antes de chegar á superficie, dando lugar a rochas eruptivas intrusivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noveno dos planetas do sistema solar, atendendo á súa proximidade ao Sol, do que está a 5.913.520.000 km, cuxa órbita dura 249 anos, cunha inclinación de 17°. A existencia de Plutón foi probada por P. Lowell, a partir de consideracións teóricas, aínda que foi descuberto polo seu discípulo C. W. Tombaugh, en febreiro de 1930. É un planeta moi pouco brillante, de magnitude aparente 14,7 e só visible coa axuda de grandes telescopios. En 1978 descubriuse o seu satélite Caronte. Posto que o diámetro de Plutón é duns 3.000 km, o sistema Plutón-Caronte está considerado un planeta dobre. A temperatura media superficial, duns -230°C, non permite o mantemento dunha atmosfera estable. De orixe indeterminada, parece ter una fina atmosfera composta por nitróxeno, metano e monóxido de carbono, que se conxela conforme se afasta do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sobrenome ritual de Hades, deus dos mortos e dos Infernos na mitoloxía grega, fillo de Cronos e Rea. Tense confundido con Pluto, deus da riqueza, e asimilouse ao deus latino Dis Pater, ambos os dous de orixe agraria. Na mitoloxía romana era fillo de Saturno e Ops.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao planeta Plutón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao plutón ou ao plutonismo.

    2. Rocha que se orixinou a partir dun magma, que se consolidou e se transformou no interior da Terra. Unha característica común á maioría destas rochas é o feito de estar formadas por agregados de minerais cristalizados, polo que con frecuencia se denominan rochas cristalinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Elemento sintético, de número atómico 94, pertencente á serie dos actínidos. Foi o segundo dos elementos transuránidos coñecidos, descuberto por G. Seaborg e o seu equipo, quen obtiveron en Berkeley en 1940 o isótopo 238Pu por bombardeo do uranio natural con deuteróns nun ciclotrón. Coñécense numerosos isótopos, dos que o máis importante é o 239Pu, cunha vida media de 24.360 anos, que se forma nos reactores nucleares por bombardeo do uranio natural con neutróns lentos, de acordo co esquema

    FORMULA

    O plutonio 239 goza de grande importancia, dado que é fisible por bombardeo con neutróns e ten aplicacións como explosivo para armas nucleares e como combustible para reactores nucleares. Recupérase dos combustibles nucleares de uranio consumidos, por extracción con fostato de tri-n-butil diluído en queroseno. Existe na natureza, en moi pequena proporción, nos minerais de uranio, proveniente, como o neptunio, do bombardeo do uranio cos neutróns...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría, en desuso, segundo a que as rochas da codia terrestre estaban formadas por fusión ígnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao plutonismo.

    2. Partidario do plutonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO