"Rhode" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subcantón de Suíza (243 km2; 54.136 h [estim 1996]). A capital é Herisau (16.000 h [1994]).
-
CIDADES
Cidade fundada polos gregos rodios na costa de l’Empordà, e que se corresponde coa actual Roses. Perdurou despois como cidade romana, tivo un momento de esplendor durante o s IV e máis tarde decaeu e foi dominada por Empúries. O último testemuño da antiga cidade son algunhas cuñaxes monetarias de época visigoda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Nova Inglaterra, EE UU, o máis pequeno en extensión e o segundo máis densamente poboado (3.140 km2; 1.048.319 h [2000]). A súa capital é Providence. Limita ao N e ao L con Massachusetts, ao O con Connecticut e ao S co Océano Atlántico. O territorio é case chá, cunha extensión litoral relativamente grande. Predomina o sector industrial, con industrias téxtiles, construción de maquinaria, instrumentos de precisión e equipamentos eléctricos. Os primeiros poboadores europeos foron emigrantes relixiosos de Massachusetts, que se estableceron en Portsmouth, Newport News, Warwick e Providence na primeira metade do s XVII. As catro cidades uníronse en 1644, e en 1663 Carlos II de Inglaterra outorgoulle un estatuto onde establecía a liberdade relixiosa e as fronteiras do estado actual. Foi a primeira colonia en proclamarse independente (1776) e entrou na Unión en 1790. Durante o s XIX iniciou un rápido proceso de industrialización que atraeu unha forte inmigración.
-
PERSOEIRO
Colonizador inglés. En 1870 emigrou por razóns de saúde á África do Sur. Representante do capitalismo colonial británico, foi elixido deputado ao parlamento do Cabo (1881) e desde o seu escano esixiu a expansión inglesa cara ao interior. En 1890 converteuse en primeiro ministro do Cabo e esforzouse por conciliar os intereses británicos cos dos bóers pero a resistencia destes a federarse co Cabo enfrontouno diretamente con Transvaal. En 1896 fracasou unha expedición británica e tivo que dimitir.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de África meridional, dividida actualmente entre os estados de Zambia (antiga Rhodesia do Norte) e Zimbabwe (antiga Rhodesia do Sur). Habitada inicialmente por unha poboación paleolítica de orixe khoikhoi, tivo unha notable industria metalúrxica, ouro e ferro, perfeccionada por novas técnicas achegadas por tribos negras bantús no primeiro milenio. No s XVI o primeiro reino do interior era o dos shonas, situado ao sur, que procedían do sur do actual Zimbabwe, do val do Limpopo. Emigraron cara ao norte a causa do esgotamento das minas de sal e fundaron un reino no val do Zambeze e no altiplano rodesiano. O reino monomotapa comerciou directamente cos portugueses da costa a través dos seus reinos tributarios no val baixo do Zambeze, mentres que o dos changamiras e o do lundas, na outra beira do Zambeze, fíxoo cos shonas. Este comercio proporcionou a todo o territorio unha etapa de prosperidade. Gonçalo da Silveira, misioneiro portugués, bautizou o rei monomotapa, pero o reino non se...
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio comprendido entre o río Zambeze e o alto Katanga, con Angola ao O e os lagos Tangañika e Nyasa ao NL e ao L e Moçambique ao SL. Foi colonizado pola British South African Company e pola African Lakes Company. Entre 1953 e 1963 estivo federada con Rhodesia do Sur e Nyasalandia e en 1964 proclamou a súa independencia baixo un réxime africano. Inmediatamente cambiou o seu nome polo de Zambia.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio comprendido entre os ríos Limpopo e o Zambeze e entre o protectorado de Bechuanalandia (actual Botswana) e Moçambique. Foi colonizado pola British South African Company de C. J. Rhodes entre 1889 e 1923. Foi colonia británica ata 1953, cando se federou con Rhodesia do Norte e Nyasalandia ata 1963. En 1965 declarouse independente, proclamouse república en 1970, en 1979 tomou o nome de Zimbabwe-Rhodesia e en 1980 adoptou o nome de Zimbabwe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unión administrativa e política entre Rhodesia do Sur (actual Zimbabwe), Rhodesia do Norte (actual Zambia) e Nyasalandia (actual Malawi), desde 1953 a 1963 co nome de Federación Centroafricana. A partir da década de 1930 a presión simultánea desde Salisbury e Lusaka para crear unha federación que incluíse tamén Nyasalandia chocou cunha forte resistencia en Londres, que quería garantir os dereitos dos africanos. Non obstante, a insistencia dos brancos de Rhodesia do Sur atopou un apoio favorable entre os conservadores británicos. En 1953 o goberno de W. Churchill autorizou a creación dunha federación cunha ampla autonomía, que conseguiu diversos avances económicos, pero topou coa resistencia dos nacionalistas africanos estimulados pola independencia de toda África negra e dirixidos por Hastings Banda en Nyasalandia e por Kennet Kaunda en Rhodesia do Norte. A federación disolveuse definitivamente o 31 de decembro de 1963.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Restos dun home antigo, atopados no xacemento de Broken Hill (actual Kabwe), antigo protectorado de Rhodesia e actualmente pertencente a Zambia. A explotación mineira, cinc e chumbo, fixo atopar en 1921 un cranio, e máis tarde, outros restos. O denominado home de Rhodesia ou de Broken Hill (Homo rhodesiensis) é semellante ao home de Neanderthal, con menos capacidade craniana e arcos orbitais menos saíntes. Aseméllase tamén ás razas australianas actuais. Datacións recentes déronlle unha antigüidade de máis de 100.000 anos.