"Ribadavia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 20.

  • Entidade fundada en Ribadavia o 22 de febreiro de 1967 por Víctor López Quijada, Hipólito Fernández González e Xoán A. Gómez Vázquez, coa intención de promover e divulgar a fotografía. Destaca o seu interese polos aspectos técnicos e artísticos e a formación de afeccionados, coa organización de cursos, conferencias, proxeccións e prácticas de laboratorio. Tamén prepara exposicións en Ribadavia, (especialmente a mostra Gentes y paisajes del Ribeiro de 1968), Ourense e outros lugares. En 1969, crean o I Salón da Fotografía Galega e en 1970 o Trofeo Galicia para premiar as mellores fotografías do Salón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical documentada polo franciscano Samuel Eiján que se ocupou dela na súa Historia, publicada a comezos do s XX. Nos arquivos do Museo Diocesano de Ourense hai datos dos inicios desta banda do Ribeiro, da que figura o ano 1840 como punto de arranque, e que aínda hoxe existe. A Ribadavia chegou o artista toscano Veneroni que, despois de actuar na localidade cunha compañía de cómicos, optou por quedar na vila exercendo o ensino da música. Organizou unha sociedade filharmónica, destinada á formación da xuventude, dando facilidades económicas aos fillos das familias menos protexidas. Anos máis tarde, cando xa a organización ía en marcha, o concello de Ribadavia, en sesión celebrada o día 9.6.1850, tomou o acordo de prestar todo o apoio necesario para que ninguén, por falta de medios, se vise privado de ser músico. Nunha segunda sesión celebrada o día 13.10.1850, o concello facilitou o local de ensaio na escola de nenos de Santo Domingo. No 1894, data na que a banda tomou o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival de teatro organizado pola Asociación Cultural Abrente en 1973. Co tempo converteuse no punto de encontro do teatro galego emerxente, marco de reflexión e debate arredor das posibilidades dun teatro de expresión galega e sobre a viabilidade dun teatro profesional. Entre 1973 e 1978 Ribadavia constituíu a cita anual do teatro en galego e por alí pasaron compañías como Ditea, Antroido, Teatro Circo, O Facho, Tespis, Troula, Candea, Malveira, Histrión 70, Grupo de Teatro Auriense, Martín Códax, Teatro Popular Queizán, A Farándula, Artello ou Máscara 17. Asociado á Mostra, a Asociación Cultural Abrente tamén organizou o Concurso de Textos Dramáticos, que deu a coñecer a autores como Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño ou Euloxio R. Ruibal. En 1984 a Mostra, que deixara de celebrarse desde 1979, volveu presentarse como Festival Internacional de Teatro, con dirección de Rubén García. Desde esa data constitúe un dos festivais de teatro de maior relevancia de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no pazo de Baamonde, coñecido como a casa da Fundación, en Ribadavia. Concibido por Manuel Chamoso Lamas como Museo del Valle, iniciou o seu funcionamento en 1969 como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e en 1993 tomou a denominación actual. Membro do Consello Galego de Museos, a súa colección está constituída por coleccións etnográficas que proceden de diferentes comarcas ourensás e unha mostra de utensilios e apeiros relacionados co mundo vitivinícola. Conta cunha biblioteca, cun arquivo documental, sonoro e fotográfico, e un fondo documental sobre o teatro galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Domingos que dá nome ao concello de Ribadavia, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadavia baixo a advocación de san Domingos de Fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Ribeiro, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no L da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 17’ 50” de latitude N e 8° 08’ 30” de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Beade, Carballeda de Avia e Cenlle (comarca do Ribeiro), ao L cos de Castrelo de Miño e A Arnoia (comarca do Ribeiro), ao S co de Crecente (comarca da Paradanta), e ao O cos de Carballeda de Avia e Melón (os dous da comarca do Ribeiro). Abrangue unha superficie de 25,2 km 2 c unha poboación de 5.390 h (2007), distribuída nas parroquias de Campo Redondo, Esposende, Francelos, Ribadavia (San Domingos de Fóra), Ribadavia (San Domingos), San Cristovo de Regodeigón, Sanín e Ventosela. A capital está na vila de Ribadavía, localizada a 92 km de Santiago de Compostela e a 29 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ribadavia.
    Xeografía física
    O relevo de Ribadavia é pouco contrastado, xa que case todo o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha cidade fortificada do mesmo -en contra das leis heráldicas-, cun castelo dentro, e saíndo dunha fiestra da torre da homenaxe un brazo armado sostendo na man unha bandeira de prata cargada dunha aspa de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio situado no centro histórico de Ribadavia. Acadou unha grande importancia durante a Idade Media ata a expulsión dos xudeus decretada polos Reis Católicos no s XV. A comunidade xudía era a que movía economicamente a vila. Está configurado por calellas e rúas con soportais e quedan algunhas casas brasonadas realizadas en pedra, e tivo unha sinagoga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribadavia. Realizada entre 1545 e 1555 polo mestre Pedro Gómez, a fachada é neoclásica do s XIX e ten tres corpos superpostos rematados nun frontón triangular. Ten anexada, a torre do reloxo, de estilo renacentista e decorada con columnas en relevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribadavia. Consérvanse restos da muralla, que discorre preto da que rodeaba a vila, e dos torreóns, ao lado das portas de acceso. Foi propiedade dos condes de Ribadavia que residiron nela ata que no s XVII se trasladaron ao pazo da Praza Maior co que comunicaba por medio dunha porta. De forma poligonal, o acceso ao recinto faise por unha porta de arco apuntado que comunica co patio de armas e co que queda do castelo. No interior atópase unha necrópole altomedieval, con sepulcros antropoides labrados na rocha, e restos dunha cheminea na que se situaba o escudo dos condes. Conserva tres das cinco portas que tiña: a Porta da Cerca, de entrada ao castelo, a Porta Nova, que levababa ao camiño do río, e a Porta Falsa, que levaba ao camiño do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido polos Reis Católicos en 1478, a Bernardiño Pérez Sarmiento, señor de Ribadavia, Fuentes, Mucientes, Celme, Bentraces e Laza e adiantado maior de Galicia. A herdeira foi a súa filla Francisca Sarmiento, II condesa de Ribadavia. Ao morrer sen fillos sucedeuna a súa irmá María Sarmiento, casada con Xoán Hurtado de Mendoza, adiantado de Galicia. Os III condes de Ribadavia estableceron morgado en Ribadavia e Valdeorras (1530). O seu fillo e sucesor Diego Sarmiento de Mendoza, IV conde de Ribadavia, foi adiantado maior de Galicia e xentilhome de Carlos I. O V conde de Ribadavia foi o seu fillo Luís Sarmiento de Mendoza, adiantado maior de Galicia, a quen sucedeu a súa filla Leonor Sarmiento de Mendoza, VI condesa de Ribadavia e, ao morrer sen descendencia en 1581, sucedeuna a súa tía, María Sarmiento de Mendoza, irmá do IV conde. O seu fillo Diego de los Cobos, I marqués de Camarasa, non puido herdar o título de conde de Ribadavia ao ser estes dous incompatibles. O seu fillo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Pontedeva e Ribadavia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribadavia. Emprazada na Praza Maior, pertenceu aos condes de Ribadavia que se instalaron nela no s XVII. Conserva un patio na parte superior que comunica co castelo por medio dunha porta. Na fachada destaca o escudo coas armas dos Sarmiento, os Castro e os Mendoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Ribadavia. Datado no s XIII, foi un dos primeiros conventos dominicanos establecidos en Galicia e funcionou como casa de estudos. Da construción orixinal case non se conserva nada. Sufriu numerosas reformas, un incendio no s XV e en 1854 derrubáronse as dúas ás do edificio contiguas á igrexa, que quedou illada. Tras a exclaustración do s XIX coñeceu varios usos, como hospital ou escola, e finalmente como asilo de anciáns. A igrexa, convertida en parroquial, conta con partes románicas, góticas e renacentistas, e erixiuse entre os ss XIII e XV. Ten planta basilical con tres naves divididas en cinco tramos separados por arcos faixóns apuntados, e cabeceira con tres ábsidas poligonais. Na ábsida principal ten gravado o escudo dos condes de Ribadavia, que patrocinaron a construción desta parte do edificio. Destaca a escultura dos capiteis, relacionados en estilo coa Claustra Nova da catedral de Ourense, nos que se representan motivos vexetais, temas profanos e relixiosos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento situado en Ribadavia. Está situado na beira esquerda do Avia. Fundado baixo a advocación de santo Antonio, foi noviciado e colexio de artes. As obras do templo iniciáronse en 1605 e non remataron ata 1639, cando se acabou o claustro, do que se cubriron os arcos un tempo despois. Tras a exclaustración pasou a mans de particulares ata que en 1915 unha parte da construción volveu aos franciscanos. A igrexa ten tres naves, todas elas abovedadas. No seu interior conserva un altar churrigueresco, ademais parte do cadeirado do coro oxival do s XVI que pode proceder da catedral de Ourense. No exterior destaca a torre barroca cun pequeno balcón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ribadavia. Construída a finais do s XII en estilo románico, foi doada á orde de San Xoán de Xerusalén, establecida en Ribadavia desde esas mesmas datas. Ten unha soa nave rectangular, ábsida con bóveda de canón lixeiramente apuntada e cuberta de madeira a dúas augas. Na fachada destaca a fiestra de medio punto flanqueada por columnas que se abre sobre a porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ribadavia. Pertenceu aos monxes de Santa María de Oseira, que recibiron a súa doazón por parte do Rei Fernando II en 1164 cando aínda estaba en construción. Reedificada no s XIII, no s XIV pasou a depender do bispado de Tui, ata que a pasou á diocese de Ourense. Ten unha soa nave con cuberta de madeira e o presbiterio cóbrese con bóveda renacentista. Da construción orixinal só se conserva a fachada, de estilo románico de transición, na que destaca o arco oxival con dúas arquivoltas apuntadas sustentadas por columnas acaroadas. Na parte superior ten un rosetón cunha celosía. O resto do edificio pertence a épocas posteriores, sobre todo do Renacemento. No adro atópase un cemiterio e consérvase un cruceiro barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ribadavia. Estivo baixo a advocación de san Xes e atopábase no recinto do castelo dos condes de Ribadavia ata que se trasladou ao barrio xudeu. No s XIV o bispado de Tui cedeulla ao mosteiro de San Salvador de Celanova e a partir de 1486 comezou a coñecerse co nome actual. De estilo barroco, ten unhas dimensións considerables e foi modificada no s XVIII cando se reconstruíu a capela maior, e en 1826, momento no que renovou a fachada e se construíu a cornixa e a torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ribadavia. Realizada en estilo románico, tamén conta con elementos góticos, ten unha soa nave rectangular con cuberta de madeira, ábsida semicircular con bóveda de cruzaría e presbiterio de dous tramos. No exterior destacan os canzorros que se atopan por todo o muro e os capiteis figurativos. A fachada principal ten dous contrafortes e portada con tripla arquivolta de medio punto sobre tres pares de columnas de bo tamaño. Na parte dereita sitúase a torre-campanario do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO