"Rubén" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • PERSOEIRO

    Cantautor, actor e político. Estudiou Dereito na Universidade de Panamá (1974). En 1994 foi candidato nas eleccións presidenciais de Panamá liderando o Movemento Papa Egoró (Madre Terra, en lingua indíxena). Entre a súa discografía destacan: De Panamá a Nueva York (1970), Buscando América (1986), Agua de Luna (1987) e Tiempos (1999), traballo polo que obtivo un dos seus catro premios Grammy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Félix Rubén García Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e estudoso da Historia. Tras licenciarse en Madrid, volveu a Ribadavia en 1942 para encargarse da loita contra a tuberculose na comarca do Ribeiro. A súa relación co grupo de intelectuais ourensáns levouno a interesarse pola historia de Galicia e do N de Portugal. Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Zephyrus e Revista de Guimarães. Das súas obras destacan Catálogo de documentos reales de la Alta Edad Media referentes a Galicia, 714-1109 (1967) e Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media (1975). Foi membro correspondente da Real Academia de la Historia (1962) e de número da Real Academia Galega (1967). Recibiu o Pedrón de Ouro e o título de socio das Sociedades de Língua Portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Promotor de teatro afeccionado e técnico cultural. Vinculado ao colectivo Abrente, desde 1984 participou na recuperación da Mostra de Teatro de Ribadavia, ata convertela no Festival Internacional de Teatro, do que é director. Tamén dirixe outros eventos culturais, como a Feira do Teatro de Santiago de Compostela ou o Festival de Danza de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor nicaraguano. Coñecido polo pseudónimo Rubén Darío, exerceu o xornalismo e a carreira diplomática. Colaborador en distintos xornais, foi correspondente de La Nación en España. En París estivo en contacto con parnasianos e simbolistas. Inspirador e pontífice da revolución modernista, a súa obra caracterízase pola riqueza verbal, a musicalidade, o predominio das imaxes exóticas, o enriquecemento da métrica, e pola calidade e cantidade das súas invencións formais. Autor de poemas e obras en prosa, da súa obra destaca Azul (1888), Prosas profanas (1896), Los raros (1896), Peregrinaciones (1901), Tierras solares (1904), Cantos de vida y esperanza (1905), Canto errante (1907), Poema de otoño (1910) e Canto a la Argentina (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo da Baixa Saxonia. Centrábase no burgo do mesmo nome, que foi a residencia dos príncipes de Brunswick-Grubenhagen, liña da liñaxe dos güelfos que se extinguiu en 1596. Pasou despois, sucesivamente, ás liñas de WolfenBüttel, de Celle (1617) e de Hannover (1665).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Especialista en análise xeográfica rexional, as súas principais liñas de investigación céntranse no proceso de urbanización e nas súas consecuencias, na morfoloxía e planificación urbanas, nas actividades pesqueiras e na ordenación dos espacios mariños. Das súas obras destacan A gandería na Ulloa. Repercusións nas paisaxes agrarias (1988) e, en colaboración, Manual de Historia Contemporánea Universal (1988-1990), Viveiro: achegamento á realidade dun núcleo urbano galego (1986), A Montaña galega: o home e o medio (1993), Xeografía de Galicia (1988), Dicionario de Geografía, urbana, urbanismo y ordenación del territorio (2000) e Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista. Nas súas instalacións amosou escenarios irrecoñecibles e suxestivos. No campo da fotografía ofreceu unha visión poética da súa cidade natal a partir de obras froito da exposición prolongada das súas cámaras manuais. Recibiu o III Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas coa fotografía Os teus lunares na miña cara e o I Concurso Anual de Fotografía Purificación García coa obra Sen Título, 2002 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista mexicano. Pertenceu ao círculo da Revolución Mexicana. Foi autodidacta e embaixador en Brasil (1937-1939) e Cuba (1939-1943). Tamén foi reitor da Universidad de Morelia (1944). Destacou como narrador coas obras Mi caballo, mi perro y mi rifle (1936) e La vida inútil de Pito Pérez (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe hebrea que se asocia tradicionalmente coa exclamación de Lía cando naceu o primeiro fillo que tivo con Xacob: Raá beonyí ‘(Deus) viu a miña aflición’. Tamén pode ser unha derivación de Ri-bal ‘león’ ou ‘lobo’. A súa festividade celébrase o 4 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo a xenealoxía bíblica, fillo primoxénito de Xacob e de Lía, epónimo da tribo homónima de Israel, que ocupou as terras ao L do Xordán, dedicadas ao pastoreo. Ao convivir coa concubina do seu pai perdeu o dereito de primoxenitura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León (172 h [2001], situada á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago. Consérvase un cruceiro que data de 1556.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e diplomático flamengo. Formouse no taller de T. Verhaecht e con A. van Noort. En Italia (1600) admirou a Tiziano, A. Mantegna, os Carracci, Miguel Anxo e Caravaggio. Logo de volver a Anveres (1609), foi nomeado pintor de cámara. O seu equipo de colaboradores estaba integrado por Frans Snyders e Peter de Vos para as naturezas mortas, Wildens e Van Uden para as paisaxes e Van Dyck para as composicións con figuras. Vinculado aos xesuítas, as súas obras son un claro expoñente das ideas da Contrarreforma tanto a nivel formal como ideolóxico. Traballou para a galería do palacio de Luxemburgo de París (1622-1625) con composicións da Vida de Maria de Medici. Conselleiro de Isabel Clara Uxía (1627-1630), estivo na corte de Madrid, onde coñeceu a Velázquez e realizou numerosas obras propias e outras copias de Tiziano. En Londres (1629-1630) negociou a paz entre España e Inglaterra e foi nomeado sir por Carlos I. Retirouse da vida política en 1630. Acadou a perfección compositiva...

    VER O DETALLE DO TERMO