"Salt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 65.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fervenza do río Churun, subafluente do Caroní, no altiplano da Güaiana. Está considerado o máis alto do mundo (810 m). A rexión e a fervenza foron exploradas por vez primeira no ano 1927 por Joan Mundó i Freixes e Feliu Cardona. Leva o nome do estadounidense J. C. Ángel, o primeiro piloto que a sobrevoou.
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Cofundador do Círculo de Estudios Marxistas (1927). Caída a ditadura de Primo de Rivera cofundou o Bloc Obrer i Camperol. Durante a Guerra Civil española (1936-1939) foi un dos xefes da columna do POUM que operou na fronte de Aragón. Colaborou en numerosos xornais e foi tradutor, prologuista e anotador de obras como El comunismo y la cuestión nacional y colonial (1930) na que se recollen textos de Lenin, Stalin e Bukharin, e Crítica del programa de Gotha (1936) de Marx, e autor de De Pi i Margall al comunismo (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que asalta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen asalta.
-
-
-
Invadir impetuosamente un lugar, praza, fortaleza ou posición inimiga para conquistalo.
-
Acometer repentinamente e por sorpresa a alguén ou algún sitio coa intención de roubar.
-
-
Dirixirse a alguén insistentemente unha ou varias persoas con preguntas, rogos, peticións, etc.
-
Sobrevir a alguén de súpeto un pensamento, unha idea, unha dúbida, a morte, unha enfermidade, etc.
-
-
-
Acción e efecto de asaltar.
-
Fase resolutiva do ataque na que as tropas máis avanzadas se precipitan sobre as posicións inimigas.
-
Cada un dos períodos de tres minutos nos que se divide un combate de boxeo ou calquera outro deporte de combate.
-
En esgrima, acometida que se fai avanzando ao mesmo tempo o pé dereito e a arma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco González y de Bassecourt.
-
MONTES
Monte dos Ancares, situado no límite entre as parroquias de Vilapún e Vilasante, concello de Cervantes. Ten unha altitude máxima de 843 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao basalto.
-
Que está formado de basalto.
-
Conxunto de rochas extrusivas que agroman na superficie e que, ao se arrefriar, adoptan unha forma prismática semellante a columnas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é análogo pola forma ao basalto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha ígnea efusiva básica de gran fino, dunha elevada densidade e cor escura. Está constituída por plaxioclasa cálcica e por piroxeno, con ou sen olivina. O principal mineral accesorio é a magnetita. O basalto alcalino é típico das illas volcánicas (arco de illas). O basalto pouco alcalino (toleítico) é o máis estendido e constitúe as grandes coadas continentais e submarinas; estas últimas son de grande importancia xa que forman o fondo dos océanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante ao basalto pola súa forma.
-
PERSOEIRO
Pintor. De formación autodidacta, presenta un estilo persoal na pintura de paisaxes que o achegan a Galicia no uso dunha cor marcadamente sensorial e na creación dunha atmosfera dacabalo entre o real e o irreal. Foi cofundador da revista e do grupo Desnivel. Dende 1978 realizou diversas exposicións e dende 1986 é profesor de debuxo e pintura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral meridional da parroquia de Redonda, no concello de Corcubión, situada entre o cabo da Nasa, ao O, e o cabo de Cee, ao L.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos eopsáltridos.
-
Ave da familia dos eopsáltridos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, que oscila entre os 14 e 18 cm de lonxitude; as máis das especies teñen a cabeza e o lombo escuros, e os machos caracterízanse por ter o peito vivamente coloreado de vermello ou amarelo. Son de hábitos insectívoros e buscan as súas presas principalmente no chan. Abrangue 34 especies distribuídas por Australia e Asia.
-
-
PERSOEIRO
Lingüista. Asinou as súas obras en castelán como Luis Michelena. Foi catedrático de Lingüística Indoeuropea na Universidad de Salamanca e de Lengua e Literatura Vasca e Lingüística Indoeuropea na Universidad del País Vasco. Está considerado un especialista da lingua vasca e baixo a súa dirección levouse a cabo o proceso de normalización do éuscaro que deu como resultado o chamado euskara batua(‘éuscaro unificado’), un modelo de lingua baseado na tradición literaria central (guipuscoano-navarro-labortana). Da súa produción destacan Historia de la literatura vasca (1960), Fonética histórica vasca (1961) e Sobre el pasado de la lengua vasca (1964). Realizou o Dicionario general vasco, a súa grande obra, xunto con Ibon Sarasola, do que se publicou o primeiro volume en 1987. A selección da súa obra en éuscaro foi recollida en Mitxlelenaren idazlan hautatuak (Obras escollidas de Mitxelena, 1972). Foi membro da Euskaltzaindia e membro correspondente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á carga pousada sobre outra ou sobre unha partición ou repartición, das que sobresae ou só cobre en parte.
-
-
Sobresaír, distinguirse entre un conxunto.
-
Pór de relevo ou destacar algo.
-
-
-
Acción e efecto de resaltar.
-
Parte que sobresae interrompendo a lisura dunha superficie
-
Parte saínte dun elemento no paramento ou fachada.
-
Onda producida na superficie líquida dos canais pouco profundos, ante determinadas condicións da velocidade da corrente e da profundidade.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (21.238 h [2001]). As actividades agrícolas e gandeiras son pouco importantes debido ao desenvolvemento industrial. Ademais do tradicional sector téxtil, iniciado a mediados do s XIX, hai industrias de alimentación, químicas, metalúrxicas e da construción.
VER O DETALLE DO TERMO