"San Xián" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
IGREXAS
Igrexa da parroquia de Santa María de Castelo, en Taboada, que doou o Rei Afonso II no 897, xunto coa súa vila. Da antiga fábrica románica do s XII consérvase a portada principal que está formada por unha dobre arquivolta tórica rodeada de billetes apoiados sobre dúas columnas e por un tímpano decorado cunha cruz entrelazada. A espadana, do s XIX, é de dous vans. A planta primitiva transformouse, elevouse á ábsida e abriuse unha sancristía. A cuberta da nave e da ábsida eran de madeira a dúas augas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Portas. Datada no s XIII, á construción orixinal románica engadíuselle unha torre, unha capela e unha sancristía co que a construción final mestura o románico cos estilos barroco e clasicista. Na ábsida da nave destaca a chambrana axadrezada do arco triunfal. A porta principal ten arco apuntado e presenta un reloxo enriba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado no Freixo de Sabardés (Outes). Ten a súa orixe nun oratorio arruinado no s XI que reedificou o conde Pedro Froilaz. Foi priorado de San Paio de Antealtares e despois de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, reformada no s XVII, e algunhas dependencias monacais que forman a casa reitoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Samos. A orixe da vida monacal remóntase a época sueva pois o primeiro nome do que se ten constancia é o de Sámanos, que fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. Fundado en tempos de san Martiño de Dumio, o bispo de Lugo Ermefredo restaurouno no s VII seguindo a norma de san Froitoso. O cenobio foi abandonado coa chegada dos musulmáns a comezos do s VIII e a vida relixiosa restaurouse en tempos do Rei Froila I (757-768). O mosteiro seguiu nestes primeiros tempos as regras de san Isidoro e de san Froitoso ata que no s XII se adoptou a de san Bieito. En 1175 o Papa Alexandre III concedeu unha bula pola que se lle outorgou aos monxes os dereitos xurisdicionais sobre 105 igrexas dos arredores e do Bierzo. Tras a reforma monacal dos Reis Católicos, en 1505 incorporouse á Congregación de San Benito el Real de Valladolid. O s XVII foi unha época de puxanza económica que se reflectiu na intensa actividade construtiva, situación que continuou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
monte Aloia.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra no monte Aloia na honra de san Xián, que regula o tempo para traer, segundo se precise, sol ou choiva. Cando falla unha das dúas cousas, fanse durante oito días rogativas na catedral de Tui e o noveno día lévase a imaxe do santo á capela do monte e colócase na pedra da auga ou na do sol, segundo se precise. Celébrase o 27 de xaneiro.