"Suárez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 68.
-
PERSOEIRO
Militar e político boliviano. Ministro de Educación e Cultura (1964-1966) no goberno de René Barrientos e director do Colexio Militar (1969-1971). En 1971 derrocou, nun golpe de estado, a Juan José Torres e accedeu á presidencia da República (1971-1978). Gobernou ditatorialmente co apoio do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR), da Falange Socialista e dos EE UU, Brasil e Chile. En 1978 foi derrocado por un golpe militar. Fundou o seu propio partido en 1979, e nas eleccións de 1985 e 1989 obtivo a maioría relativa pero non acadou a presidencia. Participou en coalicións de goberno co MNR de Víctor Paz Estenssoro (1985-1988) e co Movimiento de la Izquierda Revolucionaria (MIR) de Jaime Paz Zamora. Nas eleccións de 1997 foi elixido Presidente da República.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario hostaleiro. É técnico superior en Relacións Públicas. Foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), fundador e presidente da Asociación de Empresarios de Hospedaje de la Provincia de Pontevedra (ASEHOSPO) e membro da xunta directiva da Federación Española de Hoteles (HAI). Escribiu diversos artigos vinculados ao mundo do turismo nas revistas Informe Gallego e El Pueblo Gallego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Profesor de construción rural galega na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Investigador das construcións populares galegas, participou no Congreso Europeo do Hórreo na Arquitectura Rural (1985) e colaborou na obra Doce anos na busca da nosa identidade (1991). Entre outras obras, publicou Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica, (1980), Sobre Galicia, con responsabilidades (1989), A casa vivenda (1997), A casa popular (1999) e As construcións adxectivas (1999). Paralelamente, foi un activo militante galeguista, iniciando a súa andaina en Barcelona, onde foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona e fundou a Mocedade Galega en 1960. En 1964 instalouse na Coruña e ingresou no Partido Socialista Galego, ao que pertenceu ata 1980. Presidiu a Agrupación Cultural O Facho ata 1979. Ademais, foi vicepresidente da coral polifónica Follas Novas, membro dos consellos editoriais de Sept e Galaxia, un...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e sacerdote. Colaborou en diversos xornais e revistas galegas (Vallibria, El ideal gallego, Las riberas del Eo, etc) e publicacións da emigración galega de Bos Aires e La Habana, a miúdo baixo o pseudónimo O Bruxo dos Ermos. Publicou tamén o poemario Cóxegas (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e economista. Estudiou na Escola de Comercio da Coruña, na Escuela Central Superior de Comercio de Madrid e na Universitat de Barcelona. Foi delegado do goberno na Bolsa libre de Barcelona, conselleiro do estado no Banco de España, director xeral de Banca e Bolsa e vicepresidente da delegación do goberno no Banco de Crédito Industrial. Publicou La intervención del Estado en la Bolsa libre e Historia menuda de un pueblo gallego. Exerceu tamén como membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o Premio Pérez Lugín da asociación da prensa da Coruña en 1950 e a Cruz do Mérito Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario e político. Fundador e presidente do consello de administración da empresa carroceira Castrosúa, foi copropietario da empresa de transportes Calpita, fundador de Proginsa e da financeira Central Ourensá de Crédito, da que formou parte do consello de administración. Ademais, pertenceu á comisión executiva da asociación de fábricas nacionais de carrocerías de autobuses (Ascabus), á cámara de comercio de Santiago de Compostela, da que foi vocal, ao club de empresarios de Santiago de Compostela e á Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), na que actuou como conselleiro. A súa andaina política limítase á primeira lexislatura galega, cando foi elixido deputado no Parlamento galego por Alianza Popular en 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e ilustrador gráfico. Colaborou en diversos cómics, como El Patito Feo, editado en Ferrol entre 1982 e 1985, Fat City (1985), e El Cucú (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e profesor. Estudiou medicina nas universidades de Salamanca e Valladolid e obtivo o título de doutor en 1649. Ocupou as cátedras de Vísperas de Medicina (1649) e de Prima de Medicina (1664) na Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Doutorouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Inicialmente colaborou no xornal madrileño El Sol e na publicación barcelonesa La Calle. Militante do Partido Federal, durante a República ocupou diversos cargos diplomáticos. Trala finalización da Guerra Civil española exiliouse en Montevideo. Alí traballou no xornal El Pueblo e, co pseudónimo de Juan de Lara, colaborou en Marcha e Mundial, así como en La Nación de Bos Aires. Escribiu tamén nas revistas Escritura, Cuadernos Americanos, Sur e Índice. Publicou, entre outras obras, El futuro del mundo occidental (1934), Los mitos del Quijote (1953), España, árbol vivo (1960) e La ciénaga inútil (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse no taller de Xosé Gambino co que realizou as esculturas do retablo maior de San Mamede de Carnota (1774), o retablo maior de Sobrado dos Monxes (1770) e o frontón e a estatua de Santiago do pazo de Raxoi (1774). Trala morte do seu mestre (1775), fíxose cargo do obradoiro. En 1804 enfermou e mantívose afastado da escultura ata que en 1810 se trasladou a Hermisende onde fixo dúas imaxes. En 1812 foi xunto co seu xenro Vicente Portela, formado no seu obradoiro, a San Pedro da Torre onde realizou o retablo maior de San Pedro ad vincula (1812-1813). Regresou a Santiago e pouco despois instalouse definitivamente en Hermesinde. As obras realizadas durante o período de formación con Gambino, mostran a asimilación das características rococós do seu mestre. Posteriormente as súas obras fixéronse máis persoais e asumiron as formas clasicistas italianas que coñeceu a través de gravados ou das obras dos artistas italianos que traballan na Península Ibérica. En San Martiño...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e pintor. Coñecido como Pepe Galán, comezou a súa traxectoria como pintor, pero derivou cara á escultura na que tentou romper os límites da frontalidade que lle impoñía a pintura. Cultivou tamén o gravado e a serigrafía. A súa obra evolucionou dende a figuración ata a abstracción e a escultura conceptual. Foi cofundador de La Galga e Gruporzán. Traballou con distintos materiais mesturando o ferro con tecidos sobre os que incidía a luz e nos anos noventa comezou a empregar o aceiro. Entre as súas obras destacan A copa do Sol, no Parque Escultórico da Torre de Hércules, Vieiros de Seu, na praza de Santo Domingo de Lugo e a serie Fendas. A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside e no Museo Municipal Bello Piñeiro de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Licenciouse en Dereito en Madrid e doutorouse en Filosofía pola Universidade de Columbia. Foi un membro activo do Partido Nacionalista Vasco e viviu exiliado en Santo Domingo desde 1939. Entre as súas obras destacan La legislación penal en Vizcaya (1934), Los vascos en el Madrid sitiado (1945), Estampas de la guerra (1951) e La era de Trujillo (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e escritor. Coñecido como Xohán Ledo, traballou como ilustrador na editorial Galaxia en obras como Á lús do candil: contos a carón do lume, de Ánxel Fole (1953), As crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro (1956), Maxina ou a filla espúrea, de M. Valladares (1970) e A outra banda do Iberr, de Xohana Torres (1965). Colaborou en Grial e Galicia Emigrante e, entre outras obras, en Pintura actual en Galicia (1951) e Maside: un pintor para unha terra (1979). Con A. Cunqueiro publicou Carlos Maside (1954) e foi autor de Index Indicente (1975). Traduciu ao galego Ricardo III (1998) e Xulio César (1998) de W. Shakespeare.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador de publicacións como Barbanza e A Motora, publicou Fuxida no solpor e 12 poemas (Premio do Certame Poético Domingo Antonio de Andrade, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico e político. Concelleiro e alcalde de Ourense, obtivo representación no Parlamento de Galicia como deputado por Ourense na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Popular, e na IV (1993-1997) e V (1997-2001) lexislaturas, polo Partido Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. En 1967 fichou como gardameta polo Real Madrid Club de Fútbol, equipo en que permaneceu ata 1986 e co que se proclamou campión da Copa da UEFA en dúas ocasións (1984-1985, 1985-1986) e gañou 7 títulos de liga e 4 Copas de España. Coa selección española participou en 18 partidos (1975-1978) e gañou o Trofeo Ricardo Zamora na tempada 1975-1976.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras e Dereito na Universidad de Madrid, foi profesor na University of Syracuse en EE UU. Pertencente á Nova Narrativa Galega, participou no parladoiro do café Lyon D’Or. Baixo o pseudónimo de Camilo Gonsar publicou Lonxe de nós e dentro (1961), Cara a Times Square (1980), A desfeita: (semirreportaxe) (1983), Como calquera outro día (1994), Arredor do non (1995) e Luz del Príncipe-Sol: cuatro relatos de segundo grado (1996). É membro do PEN Club de Galicia e da Real Academia Galega (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. É doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Catedrático de Facenda Pública na Universidad de Castilla-La Mancha, foi decano fundador da facultade de Ciencias Empresariais de Albacete. Foi autor, entre outras obras, de Problemática del sector pesquero de Galicia (1976), Apuntes del pensamiento económico y financiero (1988) e Comentario en torno a la financiación de la Autonomía en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Catedrático de ensino secundario e doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela coa primeira tese defendida en galego nesta especialidade (1991). Foi profesor asociado de historia da arte na USC (1991-1992), colaborador do ILG e do ICE da USC. A súa obra relaciónase coa historia, historia da arte, etnografía, lexicografía, onomástica e outras áreas de coñecemento. Publicou Bamiro, un estudo do hábitat rural galego (1977), Historia do C.D. Baio e a liga da Costa (1989), A arte relixiosa na Terra de Soneira (1993), Un novo documento de D. Juan Antonio Posse: a ‘Plática Tercera’ (1838) (1998), O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira (1998), Arquitectura megalítica da Costa da Morte (1999), Os mellores pazos da Costa da Morte (2001) e Os faros da Costa da Morte (2001). É coautor do Dicionario Xerais da Lingua (1985), do método audiovisual Edigal-Galego (1985), do Dicionario dos Nomes Galegos (1992) e do Gran Dicionario Xerais da Lingua (2000). Membro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Participou na fundación da Misión Biolóxica de Galicia e investigou sobre a diabete e sobre o cultivo de tecidos. Destacou na defensa e catalogación do patrimonio arqueolóxico e como mecenas na defensa da cultura galega. Organizou exploracións naturalistas e viaxes arqueolóxicas a distintos puntos da xeografía galega e impulsou a catalogación dos pazos.
VER O DETALLE DO TERMO