"Tambo" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra a partir do 2 de febreiro de 1883. Subtitulouse inicialmente “Periódico defensor de los intereses morales y materiales”, pero coa radicalización dos seus artigos modificou a cabeceira pola de “Diario de la izquierda liberal”. Dirixido por Emilio Álvarez Giménez, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Millán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade fortificada inca, situada no val do río Urubamba (Perú). Construída para defender os camiños que levaban a Cuzco, capital do imperio, corresponde ao derradeiro período da arquitectura incaica (1460-1540) e é a única cidade inca aínda habitada. Segundo a lenda, o guerreiro Ollantay, heroe dunha peza literaria en lingua quechua, refuxiouse nesta cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra de dez libras empregada en pesca para facer que os peixes se movan, na arte do trabuquete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado co pitambón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político búlgaro. Xefe do partido agrario búlgaro, foi encarcerado pola súa oposición á Primeira Guerra Mundial. Ao seu remate foi nomeado xefe do Consello de Ministros (1919). Derrocado por un golpe de estado (1923), foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político búlgaro. Deputado en 1881, accedeu á presidencia da cámara (1884) como xefe de partido nacional liberal. Rexente, logo da abdicación de Alexandre de Battenberg (1886), favoreceu a investidura de Fernando de Saxonia-Coburgo (1887), que o nomeou presidente do Consello de Ministros (1887-1894), onde executou unha política ditatorial no interior, e no exterior opúxose a Turquía e a Rusia. Destituído (1894), foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da ría de Pontevedra incluída no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Situada fronte ao porto de Marín (1,5 km2) foi formada na oroxenia herciniana e está constituída por un zócolo de granito de dúas micas. En 1105 a Raíña Urraca cedeuna ao mosteiro beneditino de Poio, que mantivo o señorío ata a desamortización na primeira metade do s XIX. Entre 1865 e 1879 serviu como lazareto. Posteriormente, Uxío Montero Ríos adquiriu a propiedade da illa, que os seus herdeiros transferiron ao estado. En 1943 asignóuselle á Armada, que despois de declarala carente de interese estratéxico e abandonala en 2002, posibilitou que o padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas iniciase, en abril de 2003, o procedemento de incorporación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Grupo de instrumentos membranófonos de percusión formados por unha ou máis membranas vibratorias estendidas nunha ou máis aberturas dunha caixa de resonancia de materiais e formas diversas.

      2. Calquera dos diversos instrumentos membranófonos de percusión, provistos de caixa cilíndrica, formada por tres pezas xuntas por medio de dous círculos que fixan as peles. O instrumento é percutido na súa membrana superior con dúas baquetas, unha redondeada, que produce un son xordo, e outra máis lixeira, que produce un son feble. No que respecta ás dimensións, comprenden desde a caixa clara ata o redobrante, pasando polo timbal.

      3. Músico que toca este instrumento.

      1. Obxecto cilíndrico, especialmente baleiro, por analoxía cos tambores ou timbais.

      2. Dispositivo empregado para bordar a man no que o tecido se mantén tirante sostido por un círculo ou por unha correa.

      3. Peza do revólver, de forma cilíndrica, onde se aloxan as balas.

      4. Cilindro xiratorio sobre o que actúa a espiral dun mecanismo de reloxaría.

      5. Cilindro baleiro, fixo ou xiratorio, de diferentes tamaños, que forma parte de diversas máquinas ou electrodomésticos.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de madeira coa que se sostén o mastro nalgunhas embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento tradicional galego de percusión. Forma parte, igual ca o bombo, dos instrumentos de percusión bimembranófonos e a súa orixe está nas culturas antigas do Mediterráneo, desde onde se introduciu en Galicia. Inicialmente empregábase como base rítmica en distintas danzas e ritos máxicos, ata que comezou a utilizarse como acompañamento. Ata a aparición dos cuartetos tradicionais a principios do s XX o tamboril era o acompañamento case exclusivo e indispensable dos gaiteiros solistas. A catedral de Santiago de Compostela tiña un tamborileiro titular xa desde o s XVIII. Como instrumento de percusión é un dos encargados de marcar non só o ritmo, senón tamén as divisións rítmicas do fraseo dos instrumentos que tocan a melodía. Está formado por un corpo cilíndrico central, de madeira, máis longo ca ancho, e dous parches de pel de cabrito que cobren os extremos do cilindro. Os dous parches de pel axústanse ao corpo central con dous bastidores circulares de madeira que están unidos entre...

    2. Peixe mariño, de ata 50 cm de longo, co corpo afusado, sen escamas e na rexión ventral ten de 15 a 20 ringleiras de pequenas espiñas. Pode inchar o seu corpo con aire ou auga. Amosa color azulada co ventre e os lados prateados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tocar o tamboril.

    2. Dar golpes compasados cos dedos ou con outra cousa como se se tocase o tambor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que toca o tambor ou o tamboril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (318.000 h [1997]). Situada na ribeira do Cna, posúe construcións mecánicas e industria química e alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Oblast’ de Rusia (34.300 km2; 1.284.100 h [estim 1999]). A súa capital é Tambov.

    VER O DETALLE DO TERMO