"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
PERSOEIRO
Militar ruso. Enviado aos EE UU (1950), encabezou unha rede de espionaxe que se apoderou dos planos do primeiro cruceiro nuclear norteamericano. Foi detido en 1957 e cinco anos despois intercambiárono por dous espías norteamericanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
č (?1875 - 1955) Patólogo ruso. Describiu o tumor muscular que leva o seu nome e designa un tipo concreto de mioblastoma . Publicou Osnovy chastnoi patologicheskoi anatomii (Anatomía patolóxica dos ganglios simpáticos, 1921).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome italiano co cal foi coñecido John Hawkwood.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos tres maiores fabricantes de microprocesadores para PC, entre eles os da serie K-6. Coñécese tamén pola sigla AMD.
-
-
Que axuda.
-
Segundo o modelo que ideou Algirdas Julien Fremias en 1966 retomando a terminoloxía de Guy Michaud, adxuvante ou auxiliante positivo do suxeito é o papel actancial desempeñado polos actores que prestan a súa axuda ao protagonista fronte a opoñente que ten como función obstaculizar a súa acción. Os seus equivalentes na análise que fixo Vladimir Propp do conto ruso serían o axudante fronte a vilán ou agresor.
-
Dise do medicamento que aumenta ou modifica a acción doutro medicamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea do xénero Rosa, da familia das rosáceas, con talos con espiñas e flores de cores vistosas e aromáticas. A maioría das roseiras de xardín son de orixe híbrida e teñen como principais especies emparentadas: R. chinesis, R. orodata, R. multiflora e R. wichuraina, de Asia oriental, R. moschata e R. foetida, de Asia occidental, e R. gallica, de Europa. A roseira silvestre (R. agrestis), de flores brancas, dáse en matos de terra lenta. A roseira alpina (R. pendulina), de flores dun rosado purpúreo, crece en bosques e matos de alta montaña. A especie R. sempervirens, é de flores brancas, e habita en aciñeirais, matos e en terra lenta. A roseira espiñosísima (R. pimpinellifolia), de flores brancas, dáse en bosques de montaña media. A roseira gálica (R. gallica), de flores dun rosado forte, cultívase e tamén é espontánea. A roseira glauca (R. glauca), de flores...
-
PERSOEIRO
Industrial e financeiro italiano. Fundou en 1899 a Fabbrica Italiana Automobili Torino (FIAT) da que foi presidente dende o ano 1920 ata a súa morte. O seu neto Giovanni Agnelli (Turín 1921) é presidente do grupo FIAT dende 1966, e membro do consello executivo da Trilateral. Foi nomeado senador vitalicio en 1981.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor italiano. Discípulo de Giovanni Pisano. Foi mestre de obras da catedral de Santa María dei Fiore, Florencia (1338-1348).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que agrava.
-
Circunstancia que aumenta a gravidade dunha cousa, especialmente dun delito ( circunstancia agravante).
-
-
PERSOEIRO
Xornalista e político ruso, fillo do escritor Sergej T. Aksakov. Participou como voluntario na Guerra de Crimea (1854-1856). Rematada a guerra, a Sociedade Xeográfica Rusa encargoulle percorrer Asia Menor. Defensor do paneslavismo e do tsarismo autoritario e ortodoxo, fundou unha serie de xornais como Den (O Día), Moskva (Moscova), entre os que destacou Ruso, un dos diarios máis importantes do imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Especie de pato de superficie na que o macho ten a cabeza e o pescozo verdes cun colar branco, o peito castaño, o corpo cinsento, o peteiro amarelo e as patas alaranxadas; a femia é parda apencada co peteiro pardo alaranxado; os dous presentan espellete de cor morada. É unha ave holoártica que cría en toda Europa. En Galicia é o anátido máis común como aniñador, e reprodúcese en beiramar, cursos fluviais e noutras zonas húmidas como brañas e lagoas. É a raíz de moitas razas domésticas e explótase pola súa carne.
-
alavanco negro
-
-
PERSOEIRO
Pintor norteamericano coñecido como Ivan le Lorraine. Influído en parte por Giorgio De Chirico, cultivou un realismo máxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
pernileiro.
-
PERSOEIRO
Físico italiano. Sobriño de Galvani, contribuíu a difundir e popularizar a obra do seu tío. Estudiou as aplicacións médicas da electricidade e escribiu diversas obras sobre o galvanismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, naturalista e humanista italiano. Catedrático de Botánica na Universidade de Boloña (1560) e fundador dun xardín botánico (1568); escribiu numerosas obras de historia natural. A súa farmacopea Aantidotarii Bononiensis epitome acadou moita sona e foi, xunto coa de Gesner, o modelo doutras obras semellantes ata Buffon.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación actual da Alianza Evanxélica, fundada en Londres no ano 1846 por membros de máis de cincuenta Igrexas protestantes pertencentes a distintos países. A finalidade fundacional era opoñerse á corrente favorable ao papado e á obra de Pusey. Na actualidade mantén vixente o obxectivo de soster e promover a reforma relixiosa e afirmar a unidade esencial da Igrexa de Deus.
-
PERSOEIRO
Vicealmirante neerlandés. Durante a Guerra da Liga de Augsburgo (1689-1697) comandou as escuadras aliadas contra a francesa, que derrotou na Hague (1692).
VER O DETALLE DO TERMO -
CORDILLEIRAS
Cordilleira accidentada ao S de Romanía, tamén denominada Cárpatos Meridionais. A súa dirección xeral é L-O. Enlaza cos Cárpatos por levante e cos Balcáns por poñente. Macizos cristalinos compostos principalmente de granito e de xistos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario holandés. Seguidor das correntes literarias da época. Escribiu cancións populares, himnos relixiosos e contos para nenos (Kleine gedichten voor kinderen, 1778-1782).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor italiano. Autor da Cappella Colleone de Bérgamo (1472-1476), que alternou coa decoración da fachada da Igrexa da Cartuxa de Pavía (1475).
VER O DETALLE DO TERMO