"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • PERSOEIRO

    Instalouse na Coruña en 1857, onde montou unha librería e máis tarde unha imprenta, na que se imprimiron as pezas teatrais A fonte do xuramento (1882), de Francisco Mª de la Iglesia, e A torre de Peito Burdelo (1891), de Galo Salinas. Fundou e dirixiu o xornal El Telegrama. Pola súa ideoloxía republicana, estivo preso entre os anos 1867 e 1868.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Enviado aos EE UU (1950), encabezou unha rede de espionaxe que se apoderou dos planos do primeiro cruceiro nuclear norteamericano. Foi detido en 1957 e cinco anos despois intercambiárono por dous espías norteamericanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Estudiou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e pouco despois emigrou a Paraguai. Publicou poesía en xornais de Galicia e América. Coñécense as súas poesías en galego Virxen da Guía e Lembranzas, recollidas por Uxío Carré Aldao na antoloxía que acompaña á súa Literatura Gallega (1911), e o poemario Volta prá terra. En castelán publicou a lenda en verso La novia de un marino (1882) e o poemario Poemas satíricos y gozosos (1887), editado en Paraguai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Victoria Mérida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa francesa. De pensamento ateo e pesimista, expresado, entre outras escolmas, en Premières poésies (Primeiras poesías, 1845), que segundo a crítica foi o seu mellor poemario, Poésies philosophiques (Poesías filosóficas, 1872) e Pensées d’un solitaire (Pensamentos dun solitario, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en lingua latina, probablemente de orixe bretona. Perfecciona a poesía rítmica medieval, escribiu secuencias adaptadas á forma estrófica do himno e compuxo prosas para cada tempo litúrxico do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e teórico da música. Organista da Real Capilla da Almudena en Madrid, publicou Documentos para la instrución de músicos (1786).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos tres maiores fabricantes de microprocesadores para PC, entre eles os da serie K-6. Coñécese tamén pola sigla AMD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo ruso. Fixo estudios sobre a formación das rochas magnéticas no Cáucaso, sobre a orixe das rochas e sobre a xénese do petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo ruso. Director do primeiro teatro de obreiros de Moscova do Proletkult. Nas súas obras tratou os problemas políticos e sociais durante a consolidación do novo réxime revolucionario soviético así como as súas relacións cos países estranxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo da parroquia de Agrade (Chantada). De orixe románica, aínda conserva a planta orixinal malia as transformacións sufridas. Debaixo do beiril meridional conserva catro canzorros, dous deles con rolos, modelo introducido nesta comarca polo mestre de Asma. No interior da ábsida encóntrase unha fiestra con arco sostido por columnas que amosan capiteis de decoración figurada. A cronoloxía deste templo fíxase a primeiros do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituída no período anterior á proclamación da Segunda República, foi un núcleo republicano de clara inspiración orteguiana, orientado a garantir e asentar a lexitimidade republicana despois das eleccións municipais de abril do 1931, nun ambiente de clara inestabilidade política. A súa primeira Comisión Directiva estaba integrada por relevantes republicanos vigueses, entre os que destacaron o arquitecto Gómez Román (presidente da Agrupación) e o polígrafo Xerardo Álvarez Gallego. A agrupación de defensa republicana, estivo moi vinculada ao movemento agrarista galego, participando no IV Congreso Regional Agrario (Porriño, 14 de maio de 1932). Os seus obxectivos de reivindicación labrega eran os seguintes: suspensión da lexislación foral existente, ata que o futuro Parlamento da República non regulamentara tal asunto; avogaba pola propiedade individual traballada polo labrego; no devandito congreso agrario defenderon a concentración parcelaria, como resposta ao excesivo minifundismo galego....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota cubano. Líder dos cubanos que no ano 1868 proxectaron a revolta contra a dominación española. Vicepresidente da República (1869) e lugartenente das guerrillas, levou a cabo xestións no estranxeiro para obter financiación e apoio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político ruso, fillo do escritor Sergej T. Aksakov. Participou como voluntario na Guerra de Crimea (1854-1856). Rematada a guerra, a Sociedade Xeográfica Rusa encargoulle percorrer Asia Menor. Defensor do paneslavismo e do tsarismo autoritario e ortodoxo, fundou unha serie de xornais como Den (O Día), Moskva (Moscova), entre os que destacou Ruso, un dos diarios máis importantes do imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático, crítico e poeta ruso. Ideólogo da eslavofilia. Escribiu especialmente sobre gramática histórica rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Gran coñecedor da lingua e observador da natureza rusa, do clasicismo pasou ao realismo pola influencia de Gogol’. As súas mellores obras, de carácter autobiográfico, son: Semejnaja Khronika (Crónica familiar, 1856) e Detskije gody Bagrova-vnuka (A infancia do neto Bagrov, 1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso de familia hebrea. Partidario nun primeiro momento do anarquismo de Bakunin, en 1872 uniuse ao movemento populista, e posteriormente, influenciado polas ideas de Ferdinand Lasalle, evolucionou cara ao marxismo. Xuntamente con G. Plekhanov, fundou o grupo marxista Liberación do Traballo (1883) e interveu no xornal Iskra (A chispa) de onde Lenin o conseguiu expulsar. Despois do II congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (1903), volveuse menchevique, polo que tralo triunfo bolchevique do 1917 tivo que exiliarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista ruso. A súa novelística sempre estivo envolta en controversias e polémicas: Kollegi (Colegas, 1959), Zv’ozdnyj bilet (Billete para as estrelas, 1961), Katapulta (Catapulta, 1964), L’ubov’k elektricestvu (Amor á electricidade, 1971) e Moj deduska-pam’atnik (O meu avó é un monumento, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO