"Xerardo" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
GALICIA
Político e Catedrático de Filosofía do Dereito. Masón sobranceiro, dende novo destacou como orador e representante do republicanismo coruñés no Partido Republicano Autónomo. Líder do radical-lerrouxismo na Coruña, foi en repetidas ocasións concelleiro e alcalde desta cidade. Ao se proclamar a Segunda República, foi nomeado Subsecretario do Ministerio de Comunicacións. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de xuño de 1931, encabezou a candidatura pola Coruña de Alianza Republicana-Partido Radical. Abad Conde quedou daquela sen acta de deputado, mais ao se impugnar as eleccións en Lugo acadou un escano nesta circunscrición. Nas eleccións a Cortes de novembro do 1933, a ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma) pactou cos radicais formando unha candidatura conxunta da que sería eliminado por intervención de Casares Quiroga. En 1933 foi elixido polas Cortes Vocal do Tribunal de Garantías Constitucionais, membro da Xunta Permanente do Estado e Presidente do Consello de Estado. Dous anos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Historia. Publicou Prehistoria e Arqueoloxía do Barbanza (1986) e O Poboamento Castrexo na Rexión Occidental da Provincia da Coruña (1989). Escribiu tamén diversos traballos sobre didáctica do ensino no eido da Prehistoria e da Historia de Galicia e sobre a Historia contemporánea do Barbanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos anos trinta dedicouse á avogacía en Vigo, exercendo como procurador, ao tempo que colabora nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista, no que foi secretario, en 1936 exiliouse a Cuba, onde desempeñou o cargo de secretario da Presidencia. Co golpe de estado do Xeneral Batista renunciou a este posto e dedicouse de cheo a escribir na prensa. Anos despois intentou volver a Galicia pero foi detido e veuse na obriga de marchar de novo, instalándose en Miami onde permaneceu ata a súa morte. As súas colaboracións xornalísticas espállanse por numerosas publicacións, como as revistas cubanas Carteles e Bohemia e nas dos centros galegos da Habana, Bos Aires, México, etc. No terreo da crítica literaria destacan os seus artigos sobre Rosalía de Castro cos que obtivo os dous primeiros premios do concurso convocado polo Centro Galego da Habana con motivo do centenario...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade Compostelá e exerceu de avogado en Pontevedra. Os primeiros anos da súa vida transcorren en Pontevedra, onde cursou o Bacharelato e participou na fundación da sociedade Los Amigos del Progreso, na que comezou a súa faceta de creador literario. Para atender á súa vocación de ensinante, estudiou deseguido para Mestre Normal e Inspector de Ensino Primario, ao que se dedicará xa de xeito definitivo. Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo, membro correspondente da Real Academia Galega, membro da sección de Historia do Seminario de Estudos Gallegos, cofundador e Vicedirector do Museo de Pontevedra. Colaborou tamén en diversos xornais e revistas, foi orador e conferenciante, poeta e home de fonda relixiosidade. Entre as súas actividades literarias hai que destacar a súa participación, xunto a Labarta Pose, na revista Extracto de Literatura. Máis adiante fundou Galicia Moderna e, en Ourense, Mi Tierra....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Impresor. Foi o encargado da Imprenta Católica ata o ano 1888, data na que se estableceu pola súa conta. En 1894 comprou a imprenta que fora propiedade de Soto Freire. Ocupouse da edición dos xornais A Monteira, La Idea Moderna, El Sui Generis, O Labrego e El Heraldo de Lugo. Editou libros relixiosos como Synodus Diocesana Lucensis (1891), Breve y compendiosa reseña del Santuario de Las Ermitas (1893), La Historia del Seminario de Lugo (1894), La crónica del II Congreso eucarístico español celebrado en Lugo (1896); obras literarias como No fiandón (1889), Brisas Gallegas (1890), Fugitivas (1891), Átomos (1892), Balsamiñas con unhas palabriñas del laureado poeta mindoniense A. Noriega Varela (1899); e obras de carácter político, como o Discurso pronunciado por Alfredo Brañas en Marzo de 1890 nun banquete rexionalista, traducido ao galego, e El regionalismo y la unidad nacional (1895), de Gayoso Arias. En 1891 reeditou El Quijote e en 1897 e 1899 varios textos do Padre Feijoo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e escritor. Cursou estudios en Verín, Barcelona e Ourense, onde se diplomou por maxisterio en filoloxía galega, española e inglesa. Discípulo de Xesús Taboada, comezou a colaborar dende o ano 1978 na prensa de Galicia (A Nosa Terra, A Peneira, Faro de Ourense, Faro de Vigo, La Región, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, Xornal do Támega) con artigos referentes á etnografía, historia, arqueoloxía, patrimonio, pedagoxía e socioloxía, e en revistas especializadas (A Nosa Memoria de ANT, Revista Galega de Educación, A Peneira, O Irmandiño, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Escaramuza). Publicou, entre outras obras, Os outros vigos. Coruxo (1987), 70 anos de fútbol en Verín (1990), O entroido en terras de Monterrei (1990), Monterrei, 5 séculos de cultura (1994), García Barbón e o colexio de La Salle no centenario da súa fundación (1995),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou maxisterio na Escola Normal de Santiago e traballou no xulgado de Porto do Son ata xullo de 1936. Por mor da Guerra Civil pasou dous anos encarcerado na Coruña e ao saír fíxose procurador de tribunais, aínda que non exerceu debido ao seu pasado como militante de Esquerda Republicana. En 1951 emigrou e instalouse en Montevideo. Publicou crónicas e memorias autobiográficas nas que relata as súas experiencias na guerra, como Os que non morreron (1982), A crueldade inútil (1985) e Desde la diáspora (1991), así como os volumes de relatos Contos (1985) e Nebra. Historia dunha infamia (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, médico e avogado. Licenciado en Dereito e Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Dereito en Madrid (1891). Foi profesor de filosofía e retórica no colexio Isabel la Católica de Madrid e traballou como avogado na Audiencia de Madrid. Membro do Partido Liberal, foi deputado a Cortes por Ágreda (1905), Chinchón (1916) e Lugo (1923) e en 1919 senador por Teruel. Foi xefe superior de policía de Barcelona (1919). Entre as súas obras destaca Los Foros en Galicia. Una fórmula equitativa para su total liberación (1925). Foi membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación e recibiu a Orden de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e ocultista. Coñecido co pseudónimo de Doctor Papus, doutourose en Medicina na Universidade de París (1894). Dirixiu o laboratorio de hipnoterapia do Hospital da Caridade na capital francesa. Realizou unha viaxe á India, onde estudiou os enigmas das forzas astrais e, logo de viaxar por diversos países, dedicouse ao cultivo das ciencias ocultas. Gracias aos seus coñecementos e á fama internacional que conseguiu viaxou en dúas ocasións a San Petersburgo (1900 e 1905) para atender os tsares, onde prognosticou que a revolución os derrocaría anos despois. Participou como médico na Primeira Guerra Mundial ata que caeu enfermo e morreu. Entre as máis de cincuenta obras que escribiu, cómpre salientar: Hypothéses (Hipóteses, 1884), l’Ocultisme contemporain (O ocultismo contemporáneo, 1887), Essai de physiologie synthetique (Ensaio de fisioloxía sintética, 1890) e Cabbale (Cábala, 1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto e político. Licenciado na Escola Tècnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1972), exerceu como profesional en Santiago de Compostela. En 1973 formou con outros profesionais o grupo interdisciplinar Oikos. Traballou en asociación con Pedro de Llano (1977-1983) co que realizou, entre outras obras, edificios de vivendas en Santiago e Ribeira, a casa Fernández Foxo en Esteiro e a casa Teixeiro en Teo; no eido do urbanismo e da rehabilitación arquitectónica o pavillón polideportivo e a facultade de Físicas da Universidade de Santiago de Compostela. Cómpre destacar os seus traballos “Notas sobre el desarrollo urbano de Santiago en la década de los 60”, en Ciudad y territorio (1977); “Santiago, un centro histórico en proceso de peatonalización”, en Galicia. A destrución e a integración do patrimonio arquitectónico. III Xornadas de arquitectura galega (1981); “Santiago de Compostela. Spain” en Soft Urbanism. 15 projects. Artpolis’96 (1996); “Compostela...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Foi senador por Lugo na lexislatura Constituínte pola UCD e deputado no Congreso, pola Comunidad Autónoma de Madrid, na IV lexislatura, polo CDS.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou O cazador (1991), O abrente é un desatino (1995) e As horas que nos quedan (1997). Ademais, incluíu o relato “Rodando” no libro colectivo Narradores de cine (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. Fillo de emigrantes, estudou en Santiago de Compostela, onde entrou en contacto con outros músicos. En maio de 1968 fundou, xunto con Benedicto, Xavier, Vicente Araguas, Alfredo Conde e outros, o colectivo Voces Ceibes. Deu numerosos recitais e gravou varios discos, entre os que destacan Acción Gallega (1977) e 7 anos de canción galega (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso e filósofo. Foi auditor do Tribunal de la Rota e capelán de honra do rei. Escribiu El Templo del Pilar. Visicitudes por que ha pasado hasta nuestros días (1872), Vida de San Isidro Labrador patrón de la Villa y Corte de Madrid (1891) e Biografía de Su Santidad el Papa León XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Inspector de educación. Foi secretario de Inspección do Distrito Universitario de Santiago de Compostela, delegado de Educación en Lugo e director xeral de Ensino Medio da Xunta de Galicia, posto desde o que coordinou a aplicación da LOXSE en Galicia. Director do Instituto Nacional de Calidad de la Educación (INCE) en Madrid, participou na edición do Plan de Aplicación de Novas Tecnoloxías na Educación en Galicia (PANTEG, 1992) e escribiu o artigo “Os temas ossiánicos na poesía de Ramón Cabanillas” (1976), publicado en Grial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Realizou estudos de maxisterio en Santiago de Compostela e comezou na docencia en 1890 na mesma cidade. En 1895 fundou a Revista de Ciencias Pedagógicas, baixo o patrocinio da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e, en 1908, trasladouse a Madrid, onde continuou a desenvolver a súa actividade profesional. Foi un dos impulsores do asociacionismo do maxisterio, destacando o seu labor na Asociación Provincial do Maxisterio da Coruña e como presidente da Asociación Nacional de Maestros a partir de 1914. Desde 1921 dirixiu a publicación La Escuela Moderna. É autor dunha extensa obra psicopedagóxica e didáctica, con libros de texto, compendios e tratados para o uso nas escolas primarias e nas escolas normais. Das súas obras destacan Monografías de Ciencias Pedagógicas (1896), Metodología didáctica general (1897), Preliminares de una teoría de la educación intelectual (1903), La Nueva pedagogía (1906), Bases psicofisiológicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Diplomado en radiodifusión, mercadotecnia, publicidade e xornalismo, foi redactor en Diario de Pontevedra e El Correo Gallego, e director de programación da Cadena Cope en Vigo e Donostia. Director do programa Desde Galicia para el Mundo de TVE, foi director de Cadena Radio Noroeste, RNE en Santiago de Compostela e da Radio Autonómica. Ocupou tamén o cargo de director da TVG e do Centro Territorial de TVE en Galicia, ademais de coordinar diversos proxectos audiovisuais da Consellería de Cultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xeraldo.